Entre pendellos andan os blogues
A xuntanza de blogueiros en Agolada foi toda unha experiencia de principio a fin. Todo comezou ás 11:30 horas, e pouco a pouco fomos chegado todos á praza do Concello, onde se nos recibiu coma se fosen as festas patronais, pois distintos grupos musicais da vila nos deron a benvida, e incluso os amantes dos coches antigos quixeron amosar as súas marabillas:



Logo, Manuel Busto (Aquam Latam) nos guiou polo casco antigo da vila, para que fosemos coñecendo as orixes de Agolada e a súa forte relación cos Pendellos, que utilizamos coma escenario para un encontro no que cada blogueiro contou as súas experiencias:

Tras Manuel, Calidonia, o Pai de Leo e Xosé Luis (que bloguea sobre ciclismo principalmente) contaron un pouco cómo comezaron nisto dos blogues, aos que seguiron as Bágoas Insomnes de Palmira e as Miniaturas (3) de Juanjo, explicando este último unhas curiosas anécdotas (como a do home que escribía un xornal para lelo el só):

Despois desas disertacións, Ana Belén fixo un pequeno recital de Zanfona, instrumento ao que dedica un blogue para que a xente saiba algo máis deste instrumento tan peculiar:

Mariola comentou o que é o seu espazo virtual, Navicularia, mentres que o lesionado Prometeo (chegou aos Pendellos en muletas) comentou que escribía o seu blog en español, pois pensa que a lingua é só o vehículo da comunicación, e non considera que os idiomas se deban empregar para separar á xente. E tampouco se separaron aos autores de blogues dos seus lectores/comentaristas, polo que nos dedicou unhas palabras Cuco de Pambre, quen estudou en Melide e se move bastante polas webs da zona para informarse do que pasa ao seu redor.
E falando de rachar barreiras, a idade tamén podería parecer un obstáculo, pero se María Amelia demostrou que non se é demasiado maior co seu blogue, na xuntanza David Utrera foi un dos mozos que deixou constancia de que os mozos tamén poden bloguear (e non se perden só no Messenger):

Despois de David, tocoume a min falar un chisco, e aínda que me puxen a desbarrar sobre o uso do galego na Rede coma xeito de achegarnos, rematei destacando que un dos elementos máis significativos da xuntanza nos Pendellos sería que deste xeito a web ía a reflectir a existencia deste lugar tan especial que coidan os seus amigos agolenses.
Ao chegar cada un dos blogueiros ao seu fogar e publicar nos seus respectivos blogues a súa experiencia en Agolada vai quedar constancia expresa do que son os Pendellos. Agardemos que a súa conservación continúe ao longo do tempo para que no futuro poidamos volver a xuntarnos nese contorno inimitable e lembremos así o que vivimos o pasado sábado.
Colleu o meu relevo Xosé Luis, autor da Chousa de Alcandra, que coa súa barba deixou claro que a persoa detrás do alcume Chousa non era unha muller:

Marisa, quixo pegar a súa intervención con Cuspe de Pita:

Entre as persoas máis novas tamén destacou Daniel Sousa, de As Beiras do Arnego:

Seguimos coa orixinal intervención do autor de Ao pé do farelo:

E Vicente Montoto tamén nos explicou cómo comezou a escribir a súa autoblografía:

Aparte da miña presenza, de Melide contamos co escritor Xosé Vázquez Pintor, precedido de Xosi, quen dedicou unhas palabras moi especiais aos Pendellos de Agolada:

E para rematar o encontro nos Pendellos, falaron un chisco Luís Viñas de A porta verde do sétimo andar, e a noviña Fátima, que na web nos conta Cousas de min:

Tras todas as intervencións, fomos andando ao restaurante Agolada para xantar todos xuntos, e non podo evitar comentar algúns detalles curiosos que atopei no camiño:

1- En Agolada son capaces de mesturar unha hamburguesería, cun cibercafé e un pub. ¡Iso si que é converxencia!
2- Algunhas empresas fan uso das últimas tecnoloxías para usos diversos, lanzando a súa mensaxe innovadora en inglés. ¿Agolada trilingüe?
3- Sorprendeume ver que o restaurante tiña servizo para fumadores. Non atopei o de non fumadores ![]()
4- El Robocop.
Tralo xantar eu volvín para Melide, pero o resto de asistentes quedaron para visitar o Sobreiral do Arnego, e agardo que o pasaran moi ben. Eu espero que a experiencia se repita no futuro, pero que haxa 2 cousas que nas que non teñan que insistir:
1- na necesidade de ter que concienciar aos veciños e Agolada do valor que ten o seu patrimonio
2- no difícil que é publicar na Internet cando non chega o ADSL á vila
Eu, pola miña banda, estiven a probar a conectarme á Rede a través dunha conexión UMTS de Simyo e conseguín unha boa velocidade de transferencia, polo que supoño que moitos veciños deberían pensar en tal opción á hora de meterse na Rede (100 Mbytes de transferencia por 99 céntimos/día non é moi barato, pero resulta moito máis agradable que conectarse a velocidades de pouco máis de 30 baudios).




14 comentarios realizados
1. A zanfonista escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 13:20
Grazas por publicar unha foto miña. Andoas buscando para poder publicalas no meu blogue. Ah se chego a publicala, aparecerá o nome doi teu blog se che parece ben. Saúdos.
2. Nemigo escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 14:16
Supoño que usuarios da internet coma min leerán o de isa xuntanza e se sentirán coma min abafados
A mín todo isto lémbrame moitísimo ao filósofo grego ise que se quedara mirando os cachivaches dun tenderete de feira. E tras un bo anaco mirando aún lado e outro vai e di: Cantas cousas que non necesito!
Pois vendo isa “xuntanza” poderiamos dicir o mesmo
O botón do blogueiro milleiro ->
(…) lesionado Prometeo (chegou aos Pendellos en muletas) comentou que escribía o seu blog en español (sic, non concretou se o fai con acento mesetario), pois pensa que a lingua é só o vehículo da comunicación, e non considera que os idiomas se deban empregar para separar á xente… (sic)
Campeón! ti non es blogueiro. Ti es un crack! Que cojones fas ti perdendo o tempo con aficionados? Únete ao imperio xa! Lástima que cando saes pola porta (da tua casa) deixes de selo. Pero home penedo de dios. Viaxa. Vaite a onde queiras da xeografía “nacional” e cando abras o pico che dirán: GALLEGO! Entón ti lles podes dicir: Oh, y como saben de donde soy? (isto dito cunha parábola de entonación
O idioma que mamaches é o galego. Tanto ten no que pensas que escribes. O que falas, o seu acento será sempre jallejo
3. Marcus escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 17:36
Nemigo, Prometeo explicou que o español era a súa lingua materna, de aí que escriba así. Dubido moito que mamara o galego nunca, e posiblemente o seu contacto con tal lingua se limitou ás clases de galego en primaria e secundaria.
Que moitos elixamos o galego coma xeito para expresarnos na web non quere dicir que o resto da xente teña que facer o mesmo, nin deberia supor unha barreira de comunicación. Sen ir máis lonxe, se na Coruña non houbese relación entre os blogues en español e en galego íamos ter serios problemas para relacionarnos.
4. paideleo escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 17:41
Mui bo resume.
Referiame a ti cando falaba de verdadeiros oradores.
Un saudo e ata a proxima e sauda a Jan e o Breogan de Gaidil.
5. luis viñas escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 18:32
Foi un pracer coñecervos un pouco, compartir, descubrirnos no mellor dos sentidos. Que a vena creativa non pare nunca e que este encontro sexa só un comezo.
No seguinte enderezo podedes ollar algunhas fotos do encontro
http://picasaweb.google.com/lvinhas6/Xuntanzablog
unha aperta
6. Marcus escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 18:35
Paideleo, darei recordos aos meus curmáns en canto os vexa.
E sobre os verdadeiros oradores, coido que ese título debería quedar para os que levaban un discurso preparado (algunhas intervencións foron moi boas). O meu foi unha simple improvisación.
Coido que ese formato tan distendido podería servir no futuro para combinarse con mesas redondas. Estaría ben que antes de comezar un debate con 4 ou 5 tertulianos se presentase todo dios para que logo a xente saiba con quen está a falar, e así a comunicación sexa máis dinámica e fluída (e non se limitaría a un turno de preguntas ao final).
7. Nemigo escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 18:50
Prometeo explicou que o español era a súa lingua materna (sic, vivía nunha burbulla sen relacionarse con nenguén?), de aí que escriba así (!). Dubido moito que mamara o galego nunca, e posiblemente o seu contacto con tal lingua se limitou ás clases de galego en primaria e secundaria (moi mal aproveitadas por certo)
Non. Prometeu (tentou) explicar que non emprega o galego porque (non) foi/sería a súa limgua (habitual) Xa que materna é a de todos
Tanto ten, non falar galego. O galego está ao teu redor. Forma parte da sociedade na que vives. Calquera acto social, político, cultural ou humano é sempre en galego (na galiza e pra os galegos.)
O presunto español no que el di expresarse non é tal. De feito se proba a empregar iso fora da galicia SEMPRE lle diran gallego. Posiblemente teña incluso problemas para que o entendan. Polas palabras que emprega, moitas delas seguro galegas ou polo seu acento. Non ten mérito algún máis isto. O mesmo lles acontece aos que veñen de américa ou mesmo aos que viven noutras zonas de españa
Dicir: emprego o español por ser un medio de comunicación (maior) é absurdo. Posto que por ises mesmos argumentos deberías escribir en inglés. Pero tampouco, xa que o chinés é maioritario. Claro que en chinés non dirás ren, que ben che taparían a boca. Logo baixa da burra e fala galego, se sabes, podes e o que é moito máis importante: se tes algo que dicir (que penso isto último é o problema de moitos)
A miña nai lle dicían na escola (cando ela non tiña nen dez anos) que cando tivese fillos non lles falara galego. Así o fixo. Pero entre nós falabamos en galego, houbo que rendirse á evidencia -> sempre en galego
8. Marcus escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 19:30
Nemigo, sen ánimo de polemizar, a túa definición de lingua materna non ten sentido ningún. A lingua materna é a lingua coa que aprendemos a falar, ou sexa, coa que aprendemos a construír frases e coa que desenvolvemos o pensamento abstracto. Se non aprendes outra lingua ata a adolescencia non pensas nesa lingua, senón que estás a traducir constantemente, de aí que moita xente se exprese tan mal (¿é preciso dar exemplos?) e polo que precisamente se recomenda aprender varias linguas de cativo (pois se facilita a posiblidade de aprender novas estruturas gramaticais no futuro).
Está claro que aínda que un se críe na Coruña e non escoite falar galego fóra da clase de tal asignatura o español que aprende ten unha traza dialectal innegable, pero iso non fai que o español que se fale sexa galego.
Se alguén se comunica cos seus en español, porque é na lingua coa que mellor escribe e fala, iso non me parece motivo para desprezalo. Se dese xeito se comunica cos seus amigos debemos respectalo, aínda que non compartamos a súa elección.
Prometeo non escribe en español porque así chegue a máis xente, escribe en español porque é a lingua na que se expresa a diario, segundo di el mesmo, porque se criou na Coruña. Cando comentou tal na xuntanza todos rimos un pouco, pero non se nos ocorreu botarllo en cara. Un pouco de tolerancia, por favor.
9. Chousa da Alcandra escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 23:21
E naquela caixiña de mistos de cor vermello couperon tantas imaxes? Manda carallo coa tecnoloxía!
Foi un pracer, melidense!
Unha aperta
10. Nemigo escrito o 3 de Xuño de 2008 ás 0:11
todos somos víctimas. Como dicían os gomaespuma: murió víctima de su propio pudor
Home, non temos 8 anos. Podemos aprender, estudiar e ata acadar obxectivos. Eu escribo en galego porque me peta. Punto pelota
Se alguén quere escribir en “español” pois está no seu dereito, é a súa opción. Pero de ahí a dicir: que boeno… non é a miña lingua materna o galego. É botarlle uns guevos que paqué!
Eu teño que empregar o inglés no chollo porque é necesario. O que non podo facer é dicir que non falo inglés porque non é a miña lingua materna. E nensequera me vale dicir que o falo mal
11. juanjo escrito o 3 de Xuño de 2008 ás 16:53
Pois si, moi boas (e grandes) as fotos do chismetrónico ese.
E moi completa por suposto a relación do acontecido nesa que comparto contigo foi o acerto metodolóxico:
TOd+s falaron, tod+s escoitaron. Non había blogueir+s de 1ª e de 2ª. ESo é a blogosfera, blogmillo, ou blogoquefor.
saúdos, estamos en contacto
12. vicente escrito o 3 de Xuño de 2008 ás 21:34
Xa temos cousas en común, ser blogueiros e blogueiras, e compartir as sensacións e imaxes que nos deixou a xornada dese domingo 31 de maio, inesquecible, en Agolada. Apertas, saúdos, saúde e felicidade. Ata a próxima.
http://www.blogoteca.com/vicentemontoto/index.php
Vicente Montoto, autobiografía.
13. aopedofarelo escrito o 4 de Xuño de 2008 ás 20:22
Pois non entendo a tua polemica Amigo,”nemigo”, Prometeo escribe como lle sae dos c….e punto ten todo o dereito do mundo, ¿ou non?. Eu son GALEGO, sintome GALEGO, vivo en GALICIA, a miña muller os meus fillos os meus amigos, son GALEGOS, escribo un bloig en GALEGO, e teño unha columna pola xentileza do Faro de Vigo, en GALEGO…… e estou e sintome moi orgulloso delo, só lamento non falalo mellor. E eu nacin no PUERTO DE SANTA MARIA, en Cadiz, e non reniego para nada da miña terra, dos meus sentimientos Andalucis, dos meus recordos da nenez, son Andaluz, e tamen boto de menos a miña terra da infancia en pantalons curtos, xogos de canicas, e patio de colexio …..si,eu tamen son GALEGO, e por riba de todo amo e defendo este pais, como o primeiro, pero digoche que vivin uns anos en MAdrid, traballei tres anos en Extremadura, e botei un en Tenerife……POR FAVOR, a lingua e a maxia dos sentimentos traducidos ao intelecto, e o que nos diferencia dos animais….porque empregala como coitelos. FAgamos o imposible para entendernos, nin lingua nai, ni farrapos de Gaitas, so “Sentido comun”…..e gañas de coñecer e enriquecernos ca xente do noso redor…..¿SI?
Grazas
14. marcus.es » A banda larga fai perder o siso aos pontevedreses escrito o 22 de Maio de 2009 ás 14:34
[...] de Agolada que teña a sorte de poder entrar na experiencia piloto (a ver se lle toca a algún dos blogueiros que coñecín o ano pasado nos Pendellos da vila), aínda que de seguro que todos preferirían que fose a propia Telefónica a que levase o ADSL ao [...]