Venres, 20 de Xuño de 2008

A Industria discográfica está morta para Gene Simmons (KISS)

Moitos blogs están a falar esta semana dunhas declaracións de Gene Simmons (líder de KISS) contra as descargas de música a través da Internet, de xeito que equiparan a súa postura á de Metallica, e acusan a Simmons de non saber asumir o pouco éxito dos últimos discos de KISS. Pero se vemos a entrevista na que Simmons falou do tema con Dave Navarro igual chegamos a outra conclusión:

Ver transcrición ▼

Vaia, se ao final ten razón. Si, a compra de música a través da Internet chegou moi tarde, e a xente xa está afeita de descargar contidos audiovisuais de balde. Cambiar o panorama é case imposible. Podemos culpar a quen queiramos, pero está claro que vivir de gravar discos (que o facían algúns) xa non é posible, e para vivir da música hai que dar concertos. Iso é o que di Gene Simmons, e aínda que poidamos non estar dacordo nas formas, no fondo o seu discurso é moi realista. Non entendo por qué o critican por asinar o certificado de defunción da Industria discográfica, que está tan morta, porque o CD xa non é un soporte viable (¿cómo se reproduce un disco no iPod?).

Xoves, 19 de Xuño de 2008

O editor de criaturas de Spore é unha carallada

Dende esta semana se pode descargar de balde a versión de proba do editor de criaturas para o xogo Spore que sairá despois do verán, o que moita xente aproveitou para homenaxear a personxes televisivos como Pikachu, un Dalek, os personaxes de Futurama Dr. Zoidberg e Mordisquitos, e incluso unha curradísima recreación de Marsupilami.
Recreación de personaxes en Spore
Ao Dr. Zoidberg incluso lle deron vida:

Pero, entón, ¿por qué Scott Johnson lle dedica a seguinte tira?
Dirty Dirty Spore

Pois porque a algunha xente non se lle ocorreu nada mellor que facer criaturas coma Spermy (e outras cousas máis escandalosas):
Spermy
Aínda que outros traballos teñen máis grazas, como unha criatura de grande pene que se lle dá por comprobar a elasticidade da súa pirica:

E o máis difícil todavía foi a recreación dunha pirola bailarina:

Vaia, que o Spore éche toda unha carallada, aínda que estas coñas iniciais non quitan que o xogo poida arrasar, xa que é unha obra de Will Wright, o creador de SimCity e os Sims.

Mércores, 18 de Xuño de 2008

Os coellos tolos e a Eurocopa

Os coellos tolos de Rayman terán en breve un novo xogo, e para promocionalo, emulan o que fixeron co Tour de Francia, e rinden homenaxe á Eurocopa:

¡Para partir as cachas! Aínda que no caso do Rayman Raving Rabbids TV Party é bastante literal (xa que unha das probas do xogo consiste en manexar a táboa de equilibrio da Wii co cu).

Viñetas desde o Atlántico cambia de acera

Exposición do Señor dos Aneis na Fundación Caixa GaliciaEsta ano o Quiosco Alfonso vai estar ocupado durante a celebración de Viñetas desde o Atlántico, polo que as exposicións e charlas terán lugar na sede da Fundación CaixaGalicia, que está a un paso das casetas de venda, pois só hai que cruzar a rúa para chegar ao emblemático edificio.
Xa era normal que os asistentes a Viñetas cambiaran de beirarrúa para ver exposicións de La Novia Cadáver e outras frikadas. Vaia, que aínda que o titulo desta entrada dea a entender que este ano a feira estará dedicada a Ralf König, non van por aí os tiros.
A min o cambio de localización paréceme axeitado, e o único problema que lle vexo é que se van formar colas para subir no ascensor (a subir polas escaleiras toca).

O Download Day na Radio Galega

Esta mañá preguntáronme dende a Radio Galega sobre o lanzamento da versión oficial de Firefox 3:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Si, si, xa sei o que me ides dicir. Que o firefox é un oso panda vermello e non un raposo; tampouco está enroscado nunha bola senón no planeta Terra; pero deixando de lado estes detalles (ou o feito de que Mozilla é unha fundación e non unha compañía) o que quedou clarísimo é que o lanzamento está a arrasar, non porque teña moitas descargas (admitámolo, hai moitísimos máis usuarios de Firefox que xente que o vai descargar hoxe) senón porque está a acadar unha repercusión mediática sen precedentes nun produto que, non o esquezamos, non gasta un can en publicidade.

Firefox 3 con GuinnessComparar o lanzamento do Firefox 3 co de Grand Theft Auto IV podería abrir un interesante debate, xa que o GTA estaba apoiado por un forte investimento publicitario de Microsoft (o que fixo que moitos medios redimisen aos videoxogos violentos que están recomendados para maiores de 18 anos) mentres que a Fundación Mozilla conseguiu auténtica publicidade gratuíta.
Agora falta comprobar se moita xente está a descargar o novo Firefox mentres bebe unha Guinness, pois o Libro dos Records é da empresa cervexeira, ¿non? Supoño que para o lanzamento oficial do Firefox 3 en galego haberá que tomar Estrella ;)

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios