Xoves, 26 de Xuño de 2008

Boquete de seguridade

Dani avisoume de que este blogue tiña un boquete de seguridade:
boquete
Quitando que fose un meme, teño que avisar que si tiña un grave problema de seguridade, que se solucionou actualizando a versión de Wordpress. Nos últimos días puidéchedes ver que o blogue funcionaba mal, pois alguén estaba a piratear esta web, o que tivo unha consecuencia brutal: eliminárona de Google.
Nos vindeiros días normalizarase a situación, aínda que me sorprendeu moito que os de Google tomasen medidas tan drásticas. Non puidera solucionar a situación antes, porque a última vez que intentei actualizar o Wordpress fallou totalmente a operación (cos problemas que iso trae).
Agora a cousa comeza a funcinar ben, e espero que continúe así durante moitos meses.

Mércores, 25 de Xuño de 2008

Penedo estrea blog musical

¿Lembrades o blog Los discos de Penedo? Pois para redondear o produto, Penedo decidiu estear un podcast musical dende o mesmo:
Sin Reservas
Chámase Sin Reservas e comeza moi ben:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Este novo podcast ten o formato dun programa musical, e nun principio terá unha duración de 1 hora en entregas semanais, resultando unha descarga imprescindible para os amantes de emisoras coma M80 Radio. Ademais, en breve se integrará ao directorio de iTunes (aínda que mentres un se pode subscribir directamente a través do seu ficheiro de sindicación).
Dende aquí só podo mandar parabéns a Penedo e agardar que o podcast dure moito tempo, para encher ese baleiro que teñen no corazón moitos nostálxicos ou para amenizar moitas veladas románticas.

Luns, 23 de Xuño de 2008

As novidades da semana en RadioVoz

Esta mañá falei con Isidoro Valerio en Voces de Galicia sobre o éxito de descargas do Firefox 3, Songbird como alternativa a iTunes, a web de QuePlaya.es e o puñeteiro canon dixital:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

EFiX permitindo o uso de Mac OS X nun PCTamén comentei o lanzamento inminente de EFiX, un dispositivo USB que fai crer ao Mac OS X que o noso PC é un ordenador de Apple, de maneira que podemos empregar o sistema operativo de Steve Jobs sen gastar os cartos nun Mac (aínda que só sexa para probar o que ofrece esta plataforma) e sen ter que hackear, pois xa era posible facer todo iso cunhas distribucións tuneadas do Mac OS X (pero que dan algún que outro problema para os non iniciados).
Esta solución non será a panacea, pero para a xente que teña ordenadores con procesadores Intel e cunha configuración semellante aos Macbook ou iMac é unha boa solución para achegarse ao mundo do Mac. Iso si, con risco de engancharse, o que a longo prazo pode afectar á economía persoal, pois os ordenadores de Apple con boas prestacións hai que pagalos.

Domingo, 22 de Xuño de 2008

¿Chegaron á súa fin as parodias porno?

Parodias porno
As películas porno baseadas en películas de éxito é todo un xénero que sirve para botar unhas risas aínda que sexa só polos seus títulos ridículos: Eduardo Manospenes, Mujeres de Negro, Penetrator 2, La Guarra de las Galaxias, Indiana Jane, etc. Outros títulos eran menos imaxinativos e limitábanse a engadir o X ao final (Los vigilantes de la playa X, Tarzan X, DalaX…). Pero, ¿está en perigo este xénero?
Pois vexo sinais de que poderían desaparecer estas obras, cando menos se poden levar a confusión ou poden prexudicar unha marca, e aínda que a Anatomía de Sasha Grey parece que unha nova película que pretende repetir a experiencia do porno para gamers da que xa falei hai tempo desapareceu sospeitosamente das tendas virtuais e da web da súa produtora.

XXXboxEstou a falar de XXXBox, unha película de Teravision que xa non está presente nos catálogos de tendas en liña e, nalgún caso, se chegou a substituír a súa carátula por unha imaxe en negro, o que dá a entender que hai medo a posibles consecuencias legais. ¿Por qué? Pois porque esta película de cámara subxectiva, protagonizada por Jenna Haze, Alexxa Lynn, Kayla Paige, Maya Gates (¿curmá de Bill Gates?), Nikki Rhodes e Devon Lee presentaba unhas cubertas que podían dar a entender que se trataba dun xogo para a consola Xbox 360 de Microsoft, o que supoño que se traduciu nunha afectiva carta do departamento legal da compañía de Redmond.
Polo que vin por aí, a película ía en DVD o 10 de abril, pero ante a forte demanda demorou a súa saída para o 6 de maio, incorporando tamén o formato Blu-ray, o que indicaría que iso de pór un título e unha portada tan suxestivas foron todo un acerto comercial.
Parece ser que o título da película é totalmente gratuíto, ou sexa, que non ten nada que ver co contido, o que tamén é evidente, pois dificilmente Microsoft autorizaría un xogo pornográfico para Xbox 360 (cando menos, no mercado occidental). Sería como agardar que en Pollémon saíse Pikachu practicando sexo con outro Pokémon. Supoño que agora reeditarán a película con outro título, pero tenme moi mosqueado todo o asunto porque non hai ningunha referencia na Rede aos motivos da descatalogación da película, da que aínda está presente o trailer (sen ligazón visible). Sospeito que con isto a industria do porno está a marchar co rabo entre as pernas :P , e no futuro pensarán moito antes de facer parodias de produtos importantes. Podémonos ir esquecendo de ver un Empalmable Hulk ou un Harry Porner. A liña que separa o dereito á parodia e a honra das obras orixinais podería estar a ser trazada pola industria pornográfica.

Sábado, 21 de Xuño de 2008

Buscador de praias de toda España

Queplaya.es
A xente de Nicenova achéganos información meteorolóxica en Quetiempo.es, os prezos do carburante en Gasofa.es e agora fan doado atopar praias para as tardes do verán, valéndose de mapas de Google é dando información de utilidade (o grao de ocupación, fotografías, lugares de interese próximos…).
Recoméndovos que vos pasades por Queplaya.es se queredes descubrir novos areais. Iso si, levei unha sorpresa ao consultar a praia de Tanxil en Rianxo, pois parece que o sistema a confundíu coa rúa Tanxil, de xeito que situou a praia no medio da vila. A praia real aparece co nome de Pereira Torta. Nese caso o erro parece doado de entender.
O servizo web paréceme moi interesante para ver praias pequenas e pouco coñecidas, nalgunha desas xornadas nas que case hai que loitar noutras praias por facerse cun sitio onde deixar a toalla. Iso si, tamén penso que sería moito máis atractiva unha web alternativa na que as fotografías posicionadas xeograficamente non correspondensen a praias, senón a paias, Quepaya.es:
Quepaya.es

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios