O iPhone 3G podería ter uns prezos moi atractivos
Sabemos que o prezo máximo de venda ao público do iPhone 3G é de 199 euros, podendo ser máis baixo segundo a cota mensual contratada con Movistar, pero o último rumor (que podería ser un bulo tremendo) apunta a uns prezos moi atractivos:

Segundo o cartel o iPhone de 8 Gb custaría 99 euros, e o de 16 Gb estaría a 199 euros, tendo que asinar un contrato cun compromiso de permanencia de 24 meses con tarifas planas de datos que custarían 15 euros/mes (baixando de velocidade trala descarga de 200 Mbytes) e 25 euros/mes (baixando de velocidade tras 1 Gbyte de transferencia).
De ser certas estas tarifas non hai ningunha dúbida de que van vender iPhones coma churros (rematando coa maldición dos vellos iPhone, que tiveron unhas vendas relativamente malas en Europa), pois 15 euros/mes serían unha franquicia aceptable para a meirande parte da xente que sabe que así poderá levar a Internet no peto para consultar os resultados deportivos, os rueiros, os prognósticos meteorolóxicos, etc. Amais, tamén pode supor un importante aforro en SMS (por substituílo polo e-mail, xa que o novo iPhone pode incorporar correo push).
Supoño que ata o 11 de xullo non teremos ningunha confirmación oficial das tarifas (que son moito máis importantes que o prezo do terminal), pero sospeito que Movistar vai ter lista de espera para facerse co iPhone 3G, aínda que por fortuna o lanzamento é lonxe do Nadal (que se non o tempo de espera para facerse co novo móbil sería brutal).
ACTUALIZACIÓN: En GSMSpain publican máis detalles sobre esas tarifas, o que lles dá redibilidade. Segundo parece, ao mercar o iPhone hai que contratar unha das dúas tarifas planas de datos, independentemente do plan de voz que nos compense (o máis barato é de 9 euros/mes).
Hai que entender que se non controlas, un iPhone sen tarifa plana de datos é ridículo, pois a meirande parte das súas características dependen de conexións á Rede. Ou sexa, que cousas coma o GPS funcionan descargando os mapas da Rede en tempo real. Entendemos así que un iPhone 3G sen tarifa plana é bastante absurdo (agás que sempre esteamos en lugares con cobertura Wi-Fi) e dubido que Telefónica deixe adquirilo en tal servizo porque seguro que lles daría moito traballo e mala imaxe (servizos que non funcionarían, xente que se queixaría porque lle cobran conexións á Rede que non fai cando o certo é que o iPhone se pon a andar pola Rede para mil cousas que non son nin o correo nin a web, etc.).
Vaia, que o persoal das tendas de Telefónica vai cagarse en todos os mortos de Steve Jobs nas vindeiras semanas para explicar á xente o que fai o iPhone. Pobriños.






5 comentarios realizados
1. Nemigo escrito o 27 de Xuño de 2008 ás 2:05
timofónica non ten boas ofertas en nada. Non compite, iso non lle vai. O seu é o monopolio, os clientes corporativos e as grandes contas
Espero que se poida conseguir o iphone dalgún xeito e liberalo. Iso ou que os demáis operadores e fabricantes ofrezan equipos interesantes ben de precio
2. Marcus escrito o 27 de Xuño de 2008 ás 2:20
Hai que ter en conta que o iPhone é un móbil para un tipo de usuario moi concreto que apenas encaixa con Movistar (son moito máis de Vodafone e de Apple, así como das OMV en plan Simyo) o que igual lle vén moi ben a Telefónica, pois iso podería supor un incremento de migracións dende outras operadoras.
Por suposto que se vai poder liberar o iPhone, aínda que nos primeiros días os métodos serán moi brutos (como trucar a tarxeta SIM) pero o crackeo software chegará nunhas semanas, e como sexa coma nos firmwares anteriores permitirá facer de todo.
Pero o mellor deste asunto é que o resto de operadoras ven ter que facer dúas cousas:
1- ofertar terminais moi completos a prezos competitivos para evitar a fuxida de clientes
2- crear tarifas planas de datos para levar á xente a utilizar a Internet no móbil sen medo (o que pode abrir a porta a moitos outros servizos no futuro).
Só por isto último xa paga a pena que o iPhone chegue a España.
3. Brigantium escrito o 27 de Xuño de 2008 ás 17:43
Voltou o M!!!
4. Nemigo escrito o 28 de Xuño de 2008 ás 0:56
cada día o vexo menos claro. Non pode ser que o iphone sexa pra toda a “people.” Non vexo a un pijo-friki tentado explicar a unha “operadora” sudaca ou moro asimilado que as features and perfomances non son guays paraguay
O GPS chupa moita batería o trasto ise ten que estar conectado á rede e iso só pode ser nun coche (pra ser útil se entende.) Pero sería ridículo baixar os mapas pra navegar. Habería que ter cobertura gps e cobertura 3G se falla unha das dúas alá vai ao carallo o trevello. E se vas pola cidade como falle uns segundos a conexión xa te pasas de rúa
5. Marcus escrito o 28 de Xuño de 2008 ás 2:52
Nemigo, o que vén de serie no iPhone 3G é un A-GPS, ou sexa, un GPS asistido, e está orientado para o seu uso con Google Maps, ou sexa, para saber onde estás nunha cidade para atopar unha tenda e cousas polo estilo. Vese que as buscas locais poden mover moitos cartos no futuro.
Para que funcione coma GPS de coche é preciso que desenvolvan un software axeitado e que incorpore mapas. Dende Tom Tom dixeron que estaban a facer algo, pero non está moi claro. A min, sinceiramente, paréceme que hoxe en día ten pouco sentido o iPhone coma navegador porque a batería acusaría moito tal uso e sería preciso adquirir un programa e un soporte para instalar o iPhone no coche… ou sexa, que ao final sae máis caro que un GPS dos baratos. E iso sen esquecer que, se recibes unha chamada durante o uso do GPS… ¡adeus GPS!
En definitiva, que o GPS do iPhone é para uso persoal/humano, o que non está nada mal, especialmente cando quedas cos amigos nun sitio que non coñeces.