Grande éxito da Xuntanza de Blogueiros en Agolada
Hoxe tiven a fortuna de poder participar na primeira Xuntanza de Blogueiros en Agolada, e a experiencia foi moi enriquecedora.
A asistencia foi masiva:

Eramos unhas 50 personas (preto da metade, blogueiros), pero como é de xustiza ligar cada blog que fixo acto de presenza mañá procurarei facer unha reseña completa do que foi este evento celebrado no inigualable escenario que conforman os Pendellos de Agolada.






5 comentarios realizados
1. insomniorizar escrito o 1 de Xuño de 2008 ás 13:27
je!
vexo que eres dos máis madrugadores en dar conta da nosa gran cita de onte.
Botamoste en falta no camiño as beiras do Arnego!
Bueno, vou a ver se dou subido algo dende aquí, dende o meu cochiño, roubandolle o wifi o concello de punxín!
2. cuspedepita escrito o 1 de Xuño de 2008 ás 20:49
Saúdos, Marcus.
Non sei ti, pero eu non acabo de aterrizar, aínda voo sobre os Pendellos de Agolada
Que saibas que a túa intervención alí gustoume moito. Fixeche unha análise moi acertada.
3. Manuel Busto escrito o 1 de Xuño de 2008 ás 23:10
Marcus: Opino con Cuspedepita no acertado das túas palabras, na análise tan reflexiva sobre o motivo que nos congregou e agradézoche especialmente as palabras que tiveches para os de Agolada.
Hoxe síntome feliz de tervos coñecido e noto a necesidade de afondar nos camiños da amizade con todos vós. O sábado estarei en Melide na homenaxe a Pintor. A ver se nos volvésemos ver.
Unha aperta emocionada.
4. marcus.es » Entre pendellos andan os blogues escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 1:32
[...] xuntanza de blogueiros en Agolada foi toda unha experiencia de principio a fin. Todo comezou entre as 11:30 e as 12:00 horas, e pouco [...]
5. Marcus escrito o 2 de Xuño de 2008 ás 1:46
Cuspedepita e Manuel, foi toda unha honra tervos coñecido e agardo que nos atopemos en outras moitas ocasións, tanto no mundo real coma no virtual.