Domingo, 25 de Maio de 2008

Así vin Eurovisión

O Festival de Eurovisión é un evento que este ano tivo un seguimento impresionante en España grazas a Rodolfo Chikilicuatre (non lembro a última vez que vira o certame cos meus pais), pero o programa de televisión demostrou ser un auténtico aburrimento, do que nin os espectáculo nin o humor destacaban moito, pero houbo algún momento que aínda se salvaba.
Así, o representante británico, Andy Abraham (nada que ver cos Pitufos) o fixo bastante ben co seu Even If:

Pero houbo unha actuación que si que me impresionou, pois deixou a frikada de Rodolfo á altura do betún. Falo de Bosnia Herzegovina, pois o seu representante, Laka, escenificou unha cousa totalmente surrealista cunha canción, Pokušaj, que me lembraba a algún tema dos Smashing Pumpkins (sen ánimo de ofender). Para min foi unha canción da que gustei xunto cunha posta en escena ridícula coa que escachei coa risa:

E dende A Coruña tamén teño que apoiar a Turquía, que co tema Deli de Mor ve Ötesi parecían querer emular a Muse:

Aínda que a mellor combinación de posta en escena e tía cachonda foi sen dúbida a de Ani Lorak por Ukrania co tema Shady Lady:

E logo, Francia fixo algo realmente espectacular, pois demostrou que alí lle tiñan o mesmo respecto a Eurovisión que en España, e Sébastien Tellier (quen tiña un aire a Eugenio) apareceu cantando Divine acompañado dunhas mulleres barbudas:

E aínda que Finlandia quixo repetir cun grupo heavy, estaba claro que non tiñan a uns novos Lordi; pero Elnur & Samir de Azerbaijan co seu Day After Day souberon ocupar tal lugar cun espectáculo bastante chulo:

Pero aínda que Ani Lorak fose a cachonda da noite non podo esquecer a Kalomira, que é o amor platónico de Rodolfo Chikilicuatre, e se moveu moi ben no escenario:

Como diría Miki Nadal, “¡ai, omá, qué rica!”.

Precisamente o rollo Kalomira-Rodolfo está a dar moito xogo en La Sexta, pero parece que en Grecia tamén pasou o mesmo, de aí que desen 8 puntos a España. Como proba, este corte televisivo:

A min a actuación de Rodolfo Chikilicuatre non me convenceu (aínda que o fixo moito mellor que nos ensaios) porque prefiro mil veces a canción orixinal que a versión eurovisiva:

Un detalle que non podemos esquecer é que Rodolfo conseguíu mellorar a posición de España dos últimos 3 anos, aínda que continúo a pensar que o concurso é un tongo absoluto.

E, para rematar, velaquí o gañador, Dima Bilan e o seu Believe:

A min moloume ver a Evgeny Pluschenko patinando (o de levar un Stradivarius pareceume fóra de lugar), e a canción non paraba de lembrame a un tema xenérico durante os títulos de crédito dunha serie de animación xaponesa. ¿Non vos pasa o mesmo?

Rematado o certame, en La 1 emitían un especial para tirar proveito do éxito acadado, pero paralelamente no programa La Noria de Telecinco foron sumamente rastreiros, a que se dedicaron a atacar a TVE e a Rodolfo con argumentos ridículos. Dicir que TVE lle seguiu o xogo a La Sexta cando lle puxeron unha chea de atrancos ao Chikilicuatre para que non fose elixido (lembremos cómo na gala de selección do candidato cambiaron o valor das chamadas e SMS previos e dixese que o Chiki Chiki era “una broma de Internet”) e omitían informacións coñecidas por todos. Por exemplo, estaban insinuando que o Chiki Chiki estaba a darlle cartos a La Sexta a cargo de cartos públicos, coma se TVE non levase un can, cando o certo é que TVE foi que explotou os dereitos da versión da canción que foi a Eurovisión (El Terrat quedou coa versión orixinal anterior). Si, si, fixeron moitos cartos, pero non a costa do erario público (senón das persoas que mercaron os politonos e produtos semellantes).
Cando lles interesa moitos esquecen que Eurovisión é un festival que non lanza a estrelas musicais (cando foi algunha vez que o certame axudou á carreira dun músico), que as votacións están amañadísimas, que en cada país empregan un sistema diferente para elixir candidatos e votar (nuns elixe o público, un xurado ou unha combinación de ambos), que en España hai anos que ninguén fai caso a Eurovisión (agás os chamados eurofans) ou, simplemente, que a candidatura de Rodolfo Chikilicuatre foi algo promovido polos moitos seguidores do fenómeno, e non se trata dunha conspiración (coido que Buenafuente foi o primeiro sorprendido do éxito acadado).
Admitámolo, Rodolfo Chikilicuatre foi o mellor que lle puido pasar ao concurso, e se fose Coral (que quedara segunda a nivel español) non seguiría a gala nin diola.

Hai que destacar outra consecuencia do Chiki Chiki, e é que, tras tanto frikerío pola noite, a xente esqueceu completamente o Día do Orgullo Friki, que se celebraba hoxe, e que resultou eclipsado totalmente, pois os medios tiñan outros temas simpáticos que tratar, e iso que esta semana se estreara unha película de Indy (polo que igual poderían atopar a alguén disfrazado para os informativos). Terá que vir outra triloxía de Star Wars para que o mundo friki volva a reivindicar o seu orgullo.

ACTUALIZACIÓN: Xa se coñecen as audiencias do certame de Eurovisión 2008 e non podían ser mellores:

La actuación de Chikilicuatre en Eurovisión reunió a cerca de 14 millones de espectadores
La edición más vista del Festival desde el año de Rosa

El festival de Eurovisión que se celebró el pasado sábado en Belgrado reunió a 9.336.000 millones de espectadores, lo que supone una cuota media del 59.3% de la audiencia. Con estos datos, esta edición del certamen se ha convertido en la más vista desde el año 2002 en el que participó Rosa (80.4% y 12.755.000 espectadores).

Durante el tiempo de votaciones (desde las 23:15 hasta las 24:15 horas), la cadena pública registró una media del 62.8% de share y 10.619.000 seguidores. Además, el instante de la actuación del representante español logró reunir frente al televisor al 78.1% y 13.873.000 espectadores.

Por su parte, el programa “Salvemos Eurovisión con Chikilicuatre”, presentado por Raffaella Carrà, anotó un 18% y 1.721.000 seguidores en la franja de tarde. Este especial no logró superar al Multicine de Antena 3, que con la película “El coleccionista de novias” logró un 22.6% y 2.228.000 espectadores.

Los excelentes resultados del festival permitieron a La 1 liderar el sábado con un 30.3% de share, muy por encima del resto de cadenas.

AUDIENCIAS EUROVISIÓN ÚLTIMOS AÑOS

- Eurovisión 2007 (D’Nash): 28% y 3.373.000
- Eurovisión 2006 (Las Ketchup): 38.9% y 4.892.000
- Eurovisión 2005 (Son de sol): 35.5% y 4.712.000
- Eurovisión 2004 (Ramón): 50.1% y 6.826.000
- Eurovisión 2003 (Beth): 58.4% y 8.790.000
- Eurovisión 2002 (Rosa): 80.4% y 12.755.000
- Votaciones: 85.2% y 14.380.000
- Eurovisión 2001 (David Civera): 45.7% y 5.614.000

E dende El País engaden que:

el programa emitido por una sola cadena más visto en los últimos seis años

Ou sexa, que os críticos poderán dicir o que lles dea a gana, pero o certo é que o sábado pola noite estaba perreando case toda España.

Sábado, 24 de Maio de 2008

A noite do Europerreo

Espain Tuelf PointsA historia parece chegar á súa fin, e esta noite chegará o perreo de Rodolfo Chikilicuatre a Eurovisión. Para quecer os motores, La Sexta emite de 17:00 a 19:00 horas o especial Ya hemos ganado, e xusto despois comeza a cobertura do Festival en La 1 (¿tolearon?) que só fará un paréntese para o informativo das 20:30 horas. Ou sexa, que temos Chiki Chiki ata despois da medianoite.
Eu supoño que verei parte da gala e, como mínimo, as votacións finais, non para saber se gañará o Chikilicuatre, senón para aplaudir se nalgún momento din iso de “Espein Tuelf Points” :P

Comeza xa a fin de Rodolfo, polo que agora queda facer quinielas para saber se quedará coma personaxe en Buenafuente ou desaparecerá para sempre, o que seguramente agradecería David Fernández (o actor que encarna a este fenómeno).
Mentres facemos cábalas déixovos cunha discusión nun bar de Vigo que subiu Berto a YouTube:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Pork and Beans de Weezer

Alguén lle contou aos de Weezer que certos vídeos na Rede estaban a acadar moito éxito, polo que no seu último vídeo decidiron collelos todos xuntos para chamar a atención e gañar de paso algo de popularidade virtual:

E a cousa parece que funciona, pois en menos de 24 horas Pork and Beans xa superaron o millón de reproducións en YouTube.
Eu paso de citar as referenzas que fan no vídeo, pois a meirande parte xa as publiquei no seu día no blogue, e os vídeos orixinais son de sobra coñecidos, aínda que habería que lembrar que non se trata de éxitos de YouTube, senón éxitos na web, pois algún dos personaxes non só non naceron en YouTube, senón que son anteriores a tal servizo de vídeo. Só engadirei que ¡falta Rodolfo Chikilicuatre!

ACTUALIZACIÓN: En pixel y dixel detallan as referencias do vídeo.

Howard Berman atopa a Pancho

O Sparky que fotografou Howard Berman resultábame familiar, e sospeito de que se trata do Pancho do anuncio da Primitiva, pois noutras imaxes se lle pode ver relaxándose na praia:
Pancho fadendo o pino
E mesmo xogando a recoller o disco:
Pancho co frisbee
Agardo que estas pistas resulten de utilidade para Ramiro Benítez, e que atope finalmente ao seu can cos millóns de euros.

Venres, 23 de Maio de 2008

As curiosas matemáticas de Electronic Arts

Rock Band para Xbox 360
Hoxe era a data na que Rock Band debería ter chegado ás tendas españolas, pero parece que finalmente non é así, e só se pode mercar noutros países a uns prezos realmente abraiantes, que ilustro na seguinte táboa:

ESTADOS UNIDOS
Produto Prezo orixinal Prezo en euros
Xogo solto 59,99 dólares 38,02 euros
Xogo cos instrumentos 169,99 dólares 107,74 euros
REINO UNIDO
Produto Prezo orixinal Prezo en euros
Xogo solto 39,99 libras 55,99 euros
Xogo cos instrumentos 99,99 libras 139,99 euros
FRANCIA
Produto Prezo orixinal Prezo en euros
Xogo solto 64,90 euros 64,90 euros
Instrumentos 169,99 euros 169,99 euros
Xogo cos instrumentos 239,89 euros 239,89 euros

Mirando a táboa parece xustificable o cambio de prezos entre EE.UU. e Reino Unido (pois normalmente se considera que 1 dólar = 1 euro), pero no resto de Europa (supoño que tamén en España) o prezo é máis do dobre que en orixe, o que resulta sumamente insultante para os xogadores europeos. Coido que dende Electronic Arts están gañar a pulso que os europeos pasemos deles e apostemos directamente polo Guitar Hero World Tour, que tamén contará con micrófono, guitarra e batería, e promete unha selección musical mellor.

Por se a alguén lle serve de axuda á hora de decidir se merca o xogo, comentarei que a versión de PS2 (a única que probei) é peor que o Guitar Hero no que se refire á guitarra, e peor que o SingStar co micrófono, pero en conxunto está ben. A batería non a cheirei, polo que non teño unha imaxe completa do xogo, pero nótase que é unha primeira versión, pois está menos maduro que os outros xogos mencionados. Estou bastante certo que o Guitar Hero que sairá para o Nadal podería darlle un bo repaso, especialmente no repertorio de cancións, que promete ser maior e mellor, aínda que as cancións de Rock Band non están mal (Wanted Dear or Alive de Bon Jovi, Enter Sandman de Metallica, Creep de Radiohead e I Think I’m Paranoid de Garbage son as miñas favoritas).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios