Martes, 27 de Maio de 2008

Curiosa reacción da prensa ante a crise

A prensa está a afrontar unha crise moi importante, xa que os medios impresos xa non se ven do mesmo xeito por parte do público, polo que unha tira da que falou o outro día Julio Alonso no seu blog xa chamaba á reflexión:
Print Media isn't dead

Lonxe diso, algúns medios avanzan por camiños perigosos, con mensaxes que non gustan a todo o público (a tendencia á espectularización resulta preocupante), mentres que nos quioscos e rúas hai cada día máis información, de aí que puntos de vista coma o que da Clickina tampouco deberían sorprender:
Visión de Clickina do xornalismo

Pero o que si que abraia é que a prensa, que está a competir dun xeito moi complexo coas publicacións dixitais (en moitos casos, coa mesma cabeceira), e mentres uns medios teñen que empregar coleccionables para atraer ao público, outros optan por medidas que realmente meten medo:

EL PAÍS cuesta desde hoy 1,10 euros
A partir de hoy, y de lunes a sábado, EL PAÍS costará 1,10 euros. El diario no subía desde el 4 de marzo de 2002. En estos seis años, en los que la inflación acumulada ha sido del 23%, EL PAÍS ha mejorado y rediseñado sus contenidos, ha incorporado el color a todas sus páginas y ha creado nuevos suplementos. Esta subida permitirá garantizar la calidad que exigen los lectores y emprender nuevos proyectos que mejoren la oferta informativa. La edición del domingo seguirá a 2,20 euros

Esta nova que se puido ler onte en El País prodúceme unha sensación de déjà vu. Si, porque El País xa pechara a súa web (facéndoa de pago) a finais de 2002, o que trouxo graves repercusións para o medio que aínda hoxe non recuperou a posición que tiña no pasado na web (pese a que en novembro de 2006 acometeron uns cambios impresionantes na súa edición electrónica que de seguro que non foron baratos).
Se queren atraer audiencias subindo o prezo mentres nos inundan con gratuítos e o seu competidor directo (Público, pois El Mundo non ten o mesmo target) só custa 50 céntimos, coido que van mal, pero que moi mal.
O Grupo PRISA está a pasar un mal momento, polo que van a pór en venda Digital+, pero a Cadena SER e El País (dos que veñen de vender as súas sedes para ter liquidez) son medios que deberían coidar (por algo lideran os seus respectivos sectores) e non facerlle tal satanada ao seu medio de referencia. Seguro que agardan que o resto de xornais fagan o mesmo que eles, como tamén pasou cando fixeron a web de pago, pero se non pasa tal (e agardemos que non pase) van a meterse un hostión.

Matías El Humilde en Comando Actualidad

A pasada fin de semana descubrín nunha redifusión por Canal 24 Horas o programa de La 1 Comando Actualidad, que estaba a dedicar especial atención á seguridade viaria. Estivo bastante ben un experimento nun circuito pechado no que o reporteiro pasaba unha serie de probas con distintos grados de alcolemia, pero o máis tecnolóxico de todo foi Matías El Humilde, que está acusado de facer tolerías ao volante e subilas a YouTube. O fulano incluso ten unha tenda de videoxogos, e ante os resporteiros de Televisión Española non se lle ocorreu nada mellor que botar unha partida ao Grand Theft Auto IV:

¡Menudo figura! Si, si, no GTA IV pode atropellar peóns e moitas máis animaladas (prenderlle lume a prostitutas, pisarlle a cara a outra persoa, conducir por beirarrúas ou facer esbourar unha gasolineira), que parece que están destinadas a calmar as ansias violentas de tolambráns coma El Humilde.
Eu creo que títulos coma o GTA son caralludos, pero cando vemos a certas persoas xogando aos mesmos poderiamos estar tentados a cambiar de opinión :(

Luns, 26 de Maio de 2008

O Air Guitar Rocker en Voces de Galicia

Hoxe pasámolo bastante ben no programa de Isidoro Valerio xogando co Air Guitar Rocker, un produto licenciado de Guitar Hero que nos permite facer air guitar de xeito autónomo, e se anuncia cun pouco de humor:

Está pensado só para pasalo ben, e o seu público obxectivo son os cativos e os chiflados; aínda que non deixa de ser un sucedáneo do Guitar Hero. Serviu de desculpa para falar máis de xogos musicais:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Tatsunoko vs CapcomDespois tamén adiantei que están a preparar o xogo Tatsunoko vs Capcom, que nun principio inclúe os personaxe Ryu, Chun Li (ambos de Street Fighter), Casshern (da serie do mesmo título) e Mark (de Comando G). Ten moi boa pinta, pero en vista de que contará con personaxes de Tatsunoko, sospeito que incluirá moitos personaxes ocultos (ao igual que o último de Dragon Ball trae a Arale Norimaki) entre os que poderían estar os Gatos Samurai ou o propio Chicho Terremoto. Só de pensar en Chicho tirándolle balonazos a Ryu xa escacho coa risa :P

Piratas de Melide

En Melide hai moi pouca presenza do Top Manta (limítase ás fins de semana no medio do mercadiño, e a algún mochileiro de cando en vez), pero en vista da promoción que lle dan os Tonechos igual habería que impulsalo:

Por se acaso, non piquedes coa seguinte película, que ten pinta de ser moi pirata:
Piratas de Melide - A Película
Grazas a Diego por chivarme esta anécdota televisiva.

Domingo, 25 de Maio de 2008

Pixeloo dá vida a Stewie Griffin

Coa axuda do Photoshop, o fulano de Pixeloo nos amosou cómo serían no mundo real o fontaneiro Mario, Homer J. Simpson e Jessica Rabbit, imaxes que deron a volta ao mundo en poucas horas e ás que agora se suma a súa peculiar versión de Stewie Griffin (da serie Padre de Familia):
Stewie fotorrealista
Ao velo só que me ocorreu unha frase para definir o que diría Pixeloo ao rematar o seu traballo: “la victoria es mía”.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios