O consultorio do doutor Marcus
En vista das moitas preguntas off-topic que aparecen neste blogue para facer preguntas sobre distintos temas tecnolóxicos, ábrese o consultorio do doutor Marcus (Riviera) para todos eses temas nos que os lectores consideren que podo botarlles unha man.
Xa sabedes, as dúbidas tecnolóxicas teñen agora un espazo de seu nesta web, que agardo que vos resulte de utilidade.
NOTA: Sobra dicir que o de doutor é unha coña, pois eu só recoñezo a un doutor verdadeiro




186 comentarios realizados
1. Brigantium escrito o 13 de Maio de 2008 ás 19:12
Axuda!!!
Teño a sensación de facer algo horrible se tiro ao contedor a fonte de fornecemento do PC vello, dous ratos ópticos co botón esquerdo derramado ou unha cámara de fotos analóxica tamén escangallada, por exemplo, pero necesito sitio. Seguro que se lle pode dar unha segunda vida a algunha das partes.
Que fago mestre Marcus, axudaaaaaaa!!!!!
2. Marcus escrito o 13 de Maio de 2008 ás 19:15
Brigantium, tes razón, botar o lixo tecnolóxico co lixo doméstico é unha barbaridade, pois normalmente contén moitas substancias tóxicas, e para iso existen os puntos limpos que son:
Podes consultar a listaxe de emprazamentos na web de Medioambiente. Curiosamente hai instalacións deste tipo en Betanzos, Abegondo, Arteixo, Cambre ou Oleiros, pero non na Coruña (nin noutras cidades coma Vigo, Pontevedra ou Ferrol).
3. chexire escrito o 13 de Maio de 2008 ás 21:52
¿Un único doutor verdadeiro? ¿E logho o Doutor Sluuuump?
4. Marcus escrito o 13 de Maio de 2008 ás 22:20
Home, está claro que Senbei Norimaki merece un respecto, pero é un doutor e non O Doutor. Vaia, que Dr. Who ten artigo (de feito, nunca lle chaman Who).
5. Brigantium escrito o 13 de Maio de 2008 ás 23:11
Marcus, non o dicía precisamente polo tema do destino porque me consta que o lixo orgánico e o que non é orgánico aquí acaba todo no mesmo sitio agás algunha cousa grande que acaba en Sogarisa (aínda que me temo que de novo acaba no mesmo sitio que nas anteriores), nin Sogama nin Nostián nin farrapo de gaitas…
O tema vai máis ben encamiñado a lle dar unha segunda vida, ben pola nosa conta, ben nalgunha tenda onde aproveiten pezas (non pretendo facerme rico tampouco vendendo lixo…)
Poño como exemplo o cabo duns auriculares que xa non furrulaban que aproveitei para alongar o cabo dos altofalantes do PC e podelos separar máis (eran excesivamente curtos).
Tamén sei que a fonte de fornecemento trae un ventilador, que tamén se pode aproveitar, cousas dese estilo…
6. Brigantium escrito o 13 de Maio de 2008 ás 23:13
Por certo, es doutor realmente? Ou abonda con mestre Marcus? Porque doutor igual é máis pero eu prefiro mestre…como mestre Ioda ou mestre Isaac
7. Marcus escrito o 13 de Maio de 2008 ás 23:29
Brigantium, aparte dos puntos limpos o único sistema empregado normalmente para desfacerse dos trebellos que non precisamos é vendelos. De feito, é por iso polo que é doado atopar ordenadores e monitores de ganga en eBay (o meu último monitor de 17 polgadas de marca IBM custoume 40 euros con portes incluídos). Moitas empresas saldan os equipos vellos porque é máis barato que retiralos con seguridade.
Temo que iso de doar equipos para países en vías de desenvolvemento é unha opción que se pode usar pouco, pois as asociacións que fan tal normalmente non dan abasto (non é coña). Iso si, cun equipo totalmente operativo e medianamente moderno coido que non poñen atrancos (pero son poucos os que lles mandan deste tipo).
Logo, sobre o de doutor, reitero que é unha coña, por aquelo de chamar consultorio a esta sección. O feito de que a ilustración estea baseada no doutor Nick Riviera coido que xa é un bo indicativo.
Ah, e aparte do doutor Who nestas páxinas tamén aceptamos ao doutor Alberto Clerigué (moi coñecido entre zappineiros).
8. paideleo escrito o 14 de Maio de 2008 ás 0:19
Unha preguntiña chorra:
Como se fai para facer unha ligazón nun comentario como fixeches no comentario 2 ?.
Graciñas. Eu nisto dos ordenadores son bastante nulo.
9. Marcus escrito o 14 de Maio de 2008 ás 2:06
Paideleo, como indica o formulario de comentarios, acepta etiquetas HTML coma A, de xeito que ao pór <a href="http://www.oquesexa.com">texto da ligazón</a> se inclúe unha ligazón no comentario.
10. carlinhos escrito o 14 de Maio de 2008 ás 11:19
Ola!
Paréceme un servizo necesario para a comunidade blogueira que poñas os teus coñecementos ao servizo dos que somos máis limitados:D
Unha cuestión: teño entendido que tes un iPhone. Como vai de batería? É que ando a mirar dun e gustaríame saber a túa opinión.
Graciñas from Palas (si, a curva que hai entre O Coto e Guntín, jeje).
11. Marcus escrito o 14 de Maio de 2008 ás 12:06
Carlinhos, a duración da batería do iPhone é dunha duración moi relativa. Verás, coma reprodutor musical dura moito (coma case todos os iPod), e coma teléfono está dentro da media (vaia, que case chega con cargalo unha vez á semana) pero o problema está cando o usas para ver vídeos, xogar ou navegar pola web. Nese caso, en 4/6 horas xa chupas toda a batería coma se nada. Iso dificulta moito saber canta carga lle queda ao móbil, pois a xente non fai eses usos 4 horas seguidas, senón que suma usos esporádicos.
O meu consello sería pór a cargar o móbil cando o indicador da batería está pola metade, para evitar que cando teñamos que facer uso das funcións avanzadas para algo importante nos quedemos sen carga.
O iPhone avisa cando queda só o 20% e o 10% de autonomía, e cando chega ao 20% xa hai que ter moooito tino, e nese momento habería que limitar o seu uso a música e móbil, para non ter sorpresas.
Tamén hai que lembrar que se non cargamos a batería de todo dará a impresión de que dura pouco, pois o 80% carga moi rápido, pero para o 20% restante as baterías toman o seu tempo (ou sexa, que cando pareza que quede só un pouco para completar a carga non debemos desconectar o móbil se queremos gozar dunha boa autonomía).
12. paideleo escrito o 15 de Maio de 2008 ás 0:25
gracinhas
13. carlinhos escrito o 17 de Maio de 2008 ás 18:58
Graciñas mil Marcus. De moita utilidade a túa resposta
14. LUISMA escrito o 20 de Maio de 2008 ás 8:57
Bos días Marcus! viches onte a Ramonkin en Buenafuente?. Que che pareceron os seus resentidos comentarios sobre a piratería? Segundo os seus comentarios entendo que os que creamos e dexeñamos, ben sexan edificios, webs, pontes, ou as pezas de enxeñería máis diversas deberíamos cobrar cada vez que se ve, utiliza, reproduce, estudia ou copia parcialmente a nosa obra. Con esto comezo a ver a cidade da cultura unha obra rentable. Hai se o mestre mateo levantara a cabeza e vira os cartos que perdeu por non existir Ramoncín.
)
Sorprendeume particularmente o apoio incondicional ofrecido por Buenafuente. Ah! e acabo de recordar que segundo a súa teoría, por culpa da piratería en 10 anos non ía haber novos grupos españois e perderíanse grandes creadores… Se cadra quixo dicir quen en 10 anos todo aquel que3 se quede anclado no pasado coma el, e que non se adapte ás novas demandas do público “pirata” terá que acabar pedindo na rúa (sempre estará a sgae por detrás axundando
Por certo, dende que instalei o firefox 3 no meu XP non rula de todo ben, como si non tivese conexión. Un saúdo e perdoa a parrafada
15. Marcus escrito o 20 de Maio de 2008 ás 10:40
Luisma, vin a entrevista e o tío soltou un discurso sen argumentos de peso: non se pode comparar o roubo coa copia (se copias non quitas o orixinal ao seu dono). Iso si, deu no cravo ao dicir que a culpa de todo foi da propio Industria musical, que ao pasar do vinilo ao CD incrementou os prezos esaxeradamente, ofrecendo cada vez un produto peor. Eu sigo a pensar que se os discos custasen entre 6 e 10 euros a xente non piratearía… pero agora xa non se pode volver atrás, porque morreu o CD coma soporte (¿quen ten un discman hoxe en día?).
Coido que Buenafuente non se meteu con Ramoncín para non foder a entrevista ao comezo. Aparte, unha cousa é defender aos autores, e outra cousa é defender o canon… ¡e do canon non falaron! Tampouco falaron da opacidade da SGAE. O que Ramoncín dicía era que a xente culpaba aos músicos do que pasa na súa Industria, e iso non é certo: a xente cágase nas discográficas e na SGAE. Todos sabemos que a meirande parte dos artistas non viven dos discos, senón dos concertos.
O Ramón tamén demostrou que non estaba ao día ao falar mal do uso da música nos anuncios, cando é unha das mellores cousas que aconteceron nos últimos 15 anos, xa que grupos descoñecidos puideron ter grandes éxitos fóra das canles habituais. ¿Qué sería de Killer Barbies sen o anuncio de Radikal?
Sobre o Firefox 3, esta fin de semana saíu a Release Candidate 1, ou sexa, a versión case final, e vai moi ben. A min encántame o desprazamento de pestanas cando hai moitas e o xeito de xestionar o historial. Incluso permite etiquetar os marcadores, o que fai máis doado atopar as nosas páxinas favoritas. Pero o mellor de todo é que o consumo de memoria é moitísimo menor que o do Firefox 2 (que é un puto devorador de RAM).
16. LUISMA escrito o 20 de Maio de 2008 ás 13:06
Pois xustamente esa Release Candidate 1 é a que me dá a min problemas, pero só no xp, dime que non pode establecer unha conexión co servidor, mentres o internet explorer funciona. Con windows vista resulta que me funciona ben, e realmente ten uns cambios bastante agradables para a súa utilización. Un saúdo
Acabo de pensalo ben. Non será o antivirus que non lle perfmite ó firefox conectarse a internet?
17. Marcus escrito o 20 de Maio de 2008 ás 13:23
Ui, o do antivirus si pode ser, porque as últimas versións do Firefox integran o escaneo de virus, e tamén varios sistemas anti-malware. Aínda que normalmente cando non te podes conectar cun programa á Rede é por culpa do firewall.
Eu estou usando o Firefox 3 RC1 en Vista e vaime moi ben. Acabo de instalalo noutro equipo no que teño XP e tamén funciona á perfección, polo que eu de ti o desinstalaba e o volvía a instalar (pode que actualizase mal dende a versión anterior).
18. Luisma escrito o 21 de Maio de 2008 ás 17:53
Outra vez Ramoncín, agora en Ondacero. “Me importa un bledo la opinión de cuatro pajilleros que descargan miles de canciones ilegales en habitaciones oscuras” antes desto dixo: “no me gusta de España que la gente desprecia lo que ignora”
19. Luisma escrito o 22 de Maio de 2008 ás 11:23
Bueno o comentario ó pé da letra acabo de velo en http://www.bocabit.com
20. luisma escrito o 26 de Maio de 2008 ás 23:19
Boas Marcus, por curiosidade (e por ser ago que tiña pendente dende hai moitos anos) instalei o ubuntu 8.04. O certo é que é a miña experiencia linux co que eso conleva. E parece ser que non lle gusta a miña intel 3945abg wireless, polo que non dispoño de internet… e sen internet non son ninguén e o meu recén estrenado ubuntu tampouco. É moi complexo configurala ben, obter drivers ou o que sexa?????que perdidiño ando!
Gracias!
21. Marcus escrito o 26 de Maio de 2008 ás 23:39
Luisma, hai moita información sobre o tema en inglés, pero atopei unha guía bastante boa en español no DiaRio De Un LiNuX3Ro.
Aínda así, polo que lin por aí, parece ser que probar cunha versión máis nova de Ubuntu sempre nos podemos lebrar unha alegría (o soporte de hardware medra cada día).
Tamén atopei outros métodos, pois hai distintas solucións para solucionar tal atranco que teñen moitos usuarios. Se fose para accede a un accesorio pouco común igual non había solución, pero para Wi-Fi… está claro que é algo fundamental hoxe en día, de aí que lle buscasen solución ao momento.
22. Luisma escrito o 28 de Maio de 2008 ás 13:20
Moitas gracias Marcus!, vou experimentar un pouco logo!
23. Luisma escrito o 4 de Xuño de 2008 ás 18:46
Boas Marcus, estou pensando en canxear puntos (en vodafone) e non sei que terminal pillar, esto entre o n95, o f700v e algún máis que hai por ahí. Qué me recomendas?
24. Marcus escrito o 4 de Xuño de 2008 ás 20:05
Luisma, coma Vodafone non comercializa aínda os Toshiba Portégé G900 e G910, a miña elección iría de cabeza para o Samsung F700V, pois o teclado QWERTY é un factor que para min resulta moi importante (teño un iPhone e teclear na pantalla é un coñazo).
O N95 sería un terminal máis pensado por se precisas GPS (pronto vai chegar o N96, que é máis elegante e cómodo).
Outro terminal a ter en conta sería o LG Viewty (KU990) pois sería o ideal se gustas de sacar fotos co móbil (é difícil distinguilo dunha cámara compacta).
Como ves, as posiblidades son varias, polo que todo depende das túas necesidades, pois as funcións básicas van quedar cubertas polos 3 terminais.
25. Luisma escrito o 5 de Xuño de 2008 ás 9:01
Moitas gracias Marcus!, para cando está previsto que saquen o Portegé?
26. Marcus escrito o 5 de Xuño de 2008 ás 9:35
Os Portégé G900 e G910 non creo que os subvencionen a curto prazo, pois Toshiba non ten boa relación en España coas operadoras.
Os 2 terminais están no mercado, o G900 a menos de 500 euros e o G910 a máis de 600 euros, pero aparte de que son móbiles completísimos, polo que me gustan é pola súa pantalla de 800 x 480 píxeles (o resto de terminais normalmente son de 320 x 240 e hai algún que outro a 640 x 480), que é ideal para poder acceder a webs coma Gmail ou Google Reader dun xeito semellante a como se accede a estes servizos no PC (e non esquezamos que están avanzando moito as versións móbiles de Firefox, o que fan que se poida cargar case de todo dende os móbiles). Iso si, son un pouco ladrillo, pero coido que son unha das alternativas máis interesantes para a xente que está moitas horas fóra da casa e da oficina, pois permiten estar conectado de verdade, aínda que os ultraportátiles de baixo custo poden ser unha lixeira ameaza para este tipo de mancontros.
27. Farris escrito o 6 de Xuño de 2008 ás 1:48
Boas Marcus estoy pensando en comprar unha play 2 xa que non me gusta usar xogos no ordenador e a play 3 inda non me chama nada sobre todo polas ofertas que chegaran no futuro.¿Crees que pode ser unha boa inversión visto que xa estan practicamente desaparecendo os xogos punteiros nesta consola?.Eu creo que poder ir tirando un par de anos pero non estou seguro,igual espero por como vai a play 3.¿Que opinas doutor?Saudos
28. Marcus escrito o 6 de Xuño de 2008 ás 10:01
Farris, tendo en conta que na web da tenda Game venden unha PS2 seminova sen manda por 59 euros coido que a opción é moi clara, xa que pillas unha consola polo prezo dun xogo de PS3.
Eu agardaría un ano (ou máis) para pillar a PS3, pois os xogos aínda non pagan a pena (lembremos os primeiros xogos de PS2) e os televisores de alta definición aínda non son moi habituais. Non hai que esquecer que a PS3 aínda non ten piratería (polo que resulta moi cara), polo momento ten poucos títulos Platinum e a meirande parte das consolas que se venden en España non son compatibles cos xogos de PS2 e PSOne.
En defensa da PS2 podo dicir que actualmente hai varios centos de xogos doados de conseguir, tanto legal como ilegalmente. Ademais, tirando de tendas galegas coma Todoconsolas ou DiscoAzul podes conseguir accesorios moi baratos (guitarras e volantes por menos de 30 euros).
Non hai que esquecer que moitos dos xogos de éxito, dende os Guitar Hero e Rock Band ata os títulos baseados nas últimas películas aínda teñen versión para PS2 aínda que de aquí a final de hai que admitir que van a deixar de sacar xogos novos, pero só co catálogo actual xa dá para xogar moito tempo.
Vaia, que se mercas hoxe unha PS2, a chipeas e descargas os xogos que vexas no BitTorrent (baixan a toda velocidade) xa terías xogos para un par de anos. E se non queres piratear, nos centros comerciais hai xa moitos títulos a 9,90 euros.
Para os que queiran mercar unha consola eu só podo recomentar a PS2 se tes un televisor normal, e a Xbox 360 (que é pirateable e barata) para que queira ter tamén un reprodutor multimedia de alta definición, pero a PS3, que estou certo de que vai arrasar, está aínda un chisco verde.
A Wii non a recomendo porque fóra dos 4 xogos de éxito o resto son unha merda (por resumir), de xeito que só me parece apta para xogadores casuais.
29. Alberto escrito o 9 de Xuño de 2008 ás 19:50
Hola meu,
Queria mercar un movil con puntos vodafone, teño o n95 dende hai un ano, e doulle muy mala vida. Uso moito a conexion a web, o mail, o navegador e a camara, e por suposto tame o uso para falar, que me recomendas. cando saira o n96? gracias…
30. Marcus escrito o 9 de Xuño de 2008 ás 20:14
Alberto, a verdade é que hoxe non hai ningún móbil especialmente atractivo no catálogo de puntos de Vodafone se xa tes un N95, pero nas vindeiras semanas vai cambiar o conto pola competencia co iPhone que vai vender Movistar. Dende Vodafone anunciaron que ían traer terminais moi atractivos (e normalmente cumpren).
Iso si, se tes paciencia podería compensarche o N96 que sae no terceiro trimestre do ano, ou sexa, en setembro. O novo móbil é moi semellante por fóra, pero cunha cor negra que lle engade bastante clase. As dimensións e o peso son case iguais, pero coma contraprestación inclúe 16 Gb de capacidade interna, flash de 2 LED para tirar fotos, unha reprodución de vídeo mellorada (aínda que xa o facía bastante ben), capacidade para vídeo en Flash (ou sexa, o de YouTube) e mesmo sintonizador de TDT móbil (DVB-H) que aínda que en España non funcione aínda, é unha boa opción para que queira adquirir un terminal a longo prazo.
Supoño que en setembro será careiro (o prezo sen subvencionar é de 550 euros, ou sexa, case o mesmo prezo que o modelo de 8 Gb) pero para o Nadal xa podería estar presente en algunha promoción.
31. Alberto escrito o 10 de Xuño de 2008 ás 12:29
gracias meu
32. Brigantium escrito o 10 de Xuño de 2008 ás 16:08
Non dou atopado unha entrada túa (non é moi vella) sobre a TV por Internet, en concreto para ver as TVs inglesas dende aquí, e supoño que tamén se poderá facer á inversa: en Inglaterra ver as TVs de aquí, a ver se me podes atopar a entrada, porfiiiii.
Se lle dou ao buscador ou me aparcen todas as entradas ou se escribo Zattoo aparéceme unha entrada sobre Zapping, mais nin rastro das TVs por Internet.
33. Pacha escrito o 10 de Xuño de 2008 ás 17:52
Supoño que falaba do Joost…
—-
En fin, agora a miña consulta
Resulta que me baixara un programa que actualizara recentemente.. tanto, que require .NET framework… e ter Service Pack 2 como mínimo
Como o meu ordenador non tiña SP2 nin .NET, pois os descargara da web de Micorsoft, pèro cando foi a instalar SP2, saúme a seguinte ventá
http://i30.tinypic.com/qqd7bc.jpg
¿Cómo soluciono?
——
Outrad dúas dúbidas, unha de recomendacións e outra de opinión
A da recomendación: Unha tarxeta Gráfica PCI de moita potencia por menos de 150€
A de opinión: ¿que opinas dos portátiles Airis Kira que seica saíron recentemente?
—
E finalmente, unha nova
Ástropía acaba de ser estrenada en USA, e ata xa apareceu no Variety
http://www.variety.com/review/VE1117937326.html?categoryid=31&cs=1&query=Astropia
Por certo, en youtube xa rula o trailer americano, distinto dos outros
34. Pacha escrito o 10 de Xuño de 2008 ás 18:01
Olvidábaseme
O SO é XP, ó
35. Marcus escrito o 10 de Xuño de 2008 ás 18:35
Coido que buscabas a miña referencia a PeerTV. Con ese programa se ven moitas canles.
Unha opción interesante pero complicada é usar Zattoo mediante un proxy.
Por exemplo, unha das aplicacións coas que podes flipar (con EE.UU. en vez de con Inglaterra) é Hotspot Shield que con so activala xa che deixa acceder a contidos coma os de Hulu, ou sexa, a case todas as series e programas de éxito nos EE.UU.
Ah, e os Airis Kira 100 son os peores ultraportátiles do mercado con moita diferenza. Os Eee PC 701 tamén son moi malos (chegaron tarde a España) e nos Asus Eee os de referencia deberían ser os modelos 901 (que sae no verán) e o 1000 (no outono).
Para min o mellor ultraportátil de baixo custo é o MSI Wind (sae en xuño), e mentres os de Asus teñen problemas de distribución internacional pode que estean ben os equipos de Acer e Dell que van lanzar en breve. Cando comece a ver algún dos equipos no mercado español mirarei de facer algún textiño.
36. Marcus escrito o 10 de Xuño de 2008 ás 19:13
Pacha, o erro que tes co XP pode ser por mil cousas. Eu de ti probaba a meter directamente o SP3, que xa leva un tempo funcionando e vai ben.
De tarxetas gráficas pillaría unha nVIDIA GeForce 8600GT ou 8800GT con 512 Mb de memoria. Non estaría de máis que buscases un modelo con HDMI (en APP vin unha de Asus 116,10 euros), por aquelo de poder conectala nun momento dado a unha pantalla de alta definición. Iso si, supoño que con PCI te refires a PCI Express 2.0, ¿verdade?
De todos os xeitos, as tarxetas de 60/80 euros xa van dar unha potencia caralluda, e agás que pretendas xogar a 1.920 x 1.200 píxeles van ir de máis. Normalmente compensa preguntar na tenda, pois todas as semanas teñen algún modelo baratiño que paga a pena.
E o de Astropia é unha grande nova. A ver se chega a España.
37. Pacha escrito o 13 de Xuño de 2008 ás 11:28
Probarei con SP3 a ver que tal…
grazas pola axuda..
38. Pacha escrito o 16 de Xuño de 2008 ás 16:19
ó final entroume perfecto o SP3 ( o único é que agora teño o coñazo do “contenido bloqueado” cando quero xogar a un xogo en flash dos que teño, e me vai un pouquiño máis lento (claro que tamén teño tuneado o Xp cun skin que simula o Windows vista))
Ó problema é que .NET framework me require de internet para descargalo de todo (baixei un execuable, pero logo éste na instalación conéctase á rede) … e como non teno Internet na casa, pois a ver se sabías dalgunha alternativa para poder instalalo (acéptanse alternativas de software libre)
39. Marcus escrito o 16 de Xuño de 2008 ás 16:39
Pacha, coido que descargaches a versión compacta do .NET. Hai versión grandes como a .NET 3.5 redistributable.
Con respecto ao SP3, o do contido bloqueado coido que o podes quitar na configuración de seguridade, e o que me parece raro é o da velocidade (eu non notei cambios). Iso si, a mellora de velocidade do 20% da que se falaba antes do lanzamento do SP3 quedou en nada
40. Alberto escrito o 16 de Xuño de 2008 ás 23:54
que opinas del htc tytnII?
41. Marcus escrito o 17 de Xuño de 2008 ás 1:51
O HTC TyTn II é un bo terminal que funciona ben se o ves como unha oficina móbil. É moi completo e para min ten principalmente un fallo: a súa pantalla ten pouca resolución (320 x 240). Ou sexa, que está ben para ler o correo e algún documento, pero para ver webs é moi mellorable.
Tamén hai que indicar que comparte un defecto con case todos os terminais que usan Windows Mobile: a velocidade aparente. Non é que vaian lentos, pero hai certos retardos que desesperan un pouco ao usuario. No iPhone estes tempos están disimulados con animacións, de xeito que non te decatas desas esperas. Canto máis moderno sexa o terminal (e o TyTn II xa ten o seu tempo) mellor irá a tal respecto.
De HTC o terminal que tamén ten moi boa pinta é o HTC Touch Pro, que tamén ten teclado QWERTY pero a súa pantalla é de 640 x 480, ou sexa, que para ver páxinas web está moito mellor que o TyTn II. O problema do Touch Pro é que non se venderá ata despois do verán.
42. fandi escrito o 18 de Xuño de 2008 ás 9:58
boas! baixeime o firefox a última versión por seguir tamén o “donwload day”
Hai unha cousa que non me gusta do novo navegador, é máis, que me horripila.
a ver se me dou explicado:
Poño na barra de direccións a “m” para vir a marcus.es e aparéceme de todo, todas as páxinas que conteñan a letra m.
EX: ani”m”oto.co”m”, “m”ocilla.co”m”. e así evidentemente con todas as letras.
Hai algunha maneira de quitar iso?
Para min é unha cagada, gustábame máis como aparecia o historial de sempre…
Grazas de antemán.
43. Marcus escrito o 18 de Xuño de 2008 ás 10:17
Fandi, a moita xente lle pasa o mesmo que a ti. Non é que a cousa vaia mellor ou peor, é que vai diferente, es os cambios non sempre agradan.
Para cambiar tal prestación podes ir a about:config/em> no Firefox 3 e accederás a unha serie de parámetros configurables. Logo fas que browser.urlbar.clickSelectsAll pase a false facendo dobre clic sobre o valor (e browser.urlbar.matchOnlyTyped en true). Se na liña de filtro escribes só urlbar verás outros parámetros que podes cambiar, coma o número de resultados presentes e cousas así.
Se con iso non acaba de convencerte, tamén podes descargar unha extensión, oldbar 1.2, que deixa a barra de enderezos como estaba antes.
44. fandi escrito o 18 de Xuño de 2008 ás 13:21
si é evidente, non e a peor nin a mellor, é diferente, pero a min persoalmente non me gusta.
instalei o oldbar que me recomendache e agora moito mellor
mil grazas
45. Guti escrito o 1 de Xullo de 2008 ás 21:36
Hola Marcus, tu que tienes linea directa con nuestros adorados Txury y Anton, sabes si de alguna forma se pueden conseguir los primeros programas de Zapping, aquellos de Cuac y los anteriores a los que están en el blog?
Por otro lado, ¿sabes algo sobre nuevos programas?
Gracias por todo y un abrazo. Amigo
46. Marcus escrito o 1 de Xullo de 2008 ás 21:47
Guti, la única manera de conseguir los viejos programas es a través de Antón, y algún día caerán (Antón guarda mucho material).
Luego, sobre nuevos programas, por ahora la cosa queda con la colaboración de los sábados por la mañana en el programa de Mayte González, pero de la próxima temporada aún no sé nada (pero me temo que seguiremos igual). Es posible que durante el verano también me acerque yo por el programa de Mayte (en plan invasor zappinero).
47. Guti escrito o 1 de Xullo de 2008 ás 23:43
Gracias por tu respuesta, de todos modos si te enteras que se pueden conseguir estos primeros programas, por favor, haznoslo saber en tu página, siempre la leo.
gracias amigo
48. Pacha escrito o 6 de Xullo de 2008 ás 22:30
Agora que vin no folleto do Carreful o Asus EEE, teño a dúbida sobre qué distribución de Linux leva
E falando de Distribucións, ¿cal é a mellor?
—-
E fora do tema, novidades de Ástropía
1. Esta semana estivo no festival internacional de cine fantástico de Nêuchatel (Suiza), onde compartiu cartel con películas españolas como “Los cronocrímenes” ou Rec; e incluso películas por vir como a do Superaxente 86
http://www.nifff.ch/index.php?section=2&subsection=moviedetails&movieid=Astropia_1206370519
2. Esta é mellor todavía, e xa é un bo comezo para o ansiado para que a peli sexa estreada en españa
O venres 11 vaise estrear a película en Polonia
49. Marcus escrito o 7 de Xullo de 2008 ás 0:24
Pacha, grazas pola info de Ástropía. A ver se me animo a vela durante estes días, pois de chegar a España non creo que sexa máis aló de festivais de cine
Sobre o Asus Eee PC, funciona coa distribución Xandros, que está adaptada para el. Outros ultraportátiles de baixo custo funcionan con distros coma Linpus e mesmo con versións adaptadas de Ubuntu. O único que teñen de especial estas distribucións é que procuran meter o mínimo, para que ocupen pouco disco (xa que algúns destes ultraportátiles teñen discos de só 4 Gb. Tamén mira de meter contornos gráficos pouco pesados, pero iso non é sempre preciso, pois non todos os ultraportátiles coxean tanto en tal aspecto.
Determinar a mellor distribución de Linux é unha tarefa imposible, pois é cuestión de gustos. É cómo preguntar polo mellor ordenador a adquirir nun rango de prezos: a resposta é variada, e depende moito das necesidades do usuario. Unhas distros apostan pola seguridade, outras pola velocidade, outras por manter unha certa coherencia de produto al que dar soporte… eu gusto do SuSE, pero ultimamente os que están a gañar moitos adaptos son os Ubuntus, e digo en plural porque tanto Ubuntu coma Kubuntu e Xubuntu teñen o seu aquel. Eu recomendaría probar varios Linux (para o que podemos empregar sen problemas versións LiveCD) e así ver as aplicacións e as interfaces das que máis gustemos pois o corazón do sistema é común, ou sexa, que non decidimos o motor do coche, senón a súa aparencia e os accesorios que inclúe de serie
50. Ruben escrito o 7 de Xullo de 2008 ás 20:20
Hola Marcus!!, que tal o Vran??
Eu estou na casa, e puxen internet, teño portátil, e deixoo toda a noite co emule, eso sí, coa pantalla apagada. Miña nai está moi pesada porque cree que van a vir 1 millón de euros de factura da luz (jeje), pero eu creo que o portátil non gasta tanta enerxía como lle parece a miña querida nai. Que pensas ti o respecto do gasto de enerxía??
Grazas
51. Marcus escrito o 7 de Xullo de 2008 ás 21:24
Ola, Rubén. O túa dúbida é moi normal, pero hai unha cousa que a xente tende a esquecer: os portátiles consumen moitísimo menos que os sobremesa. Groso modo poderiamos dicir que consumen entre a cuarta e a quinta parte, aínda que todo depende do número de accesorios, tamaño de pantallas, uso de unidades ópticas… vaia, que cada caso un mundo, pero para que quedes tranquilo recoméndoche visitar a web de Energy Star onde teñen unha calculadora de consumo eléctrico e cifra o consumo dun portátil acendido as 24 horas nun gasto anual de entre 56 e 155 euros (depende do tocho que sexa o equipo). Nun uso normal, un portátil consumiría uns 50 euros de electricidade ao ano, ou sexa, entre 4 e 5 veces menos que un sobremesa. Todo depende das horas de uso, claro; e non esquezamos que os periféricos (discos duros externos, gravadoras de DVD, sintonizadoras de televisión…) suman consumo.
Non os enganemos, o que consume nos fogares normalmente non son o televisor (agás que falemos de pantallas de grandes dimensións) ou o ordenador, senón a neveira, o conxelador ou o forno. Iso si, se hai unha PS3 xa calo… consume coma 10 Nintendo Wii.
52. Luisma escrito o 8 de Xullo de 2008 ás 11:13
Boas marcus! viches a nova en La Voz De Galicia? (con tódalas precaucións que hai que tomar ó ler unha nova tecnolóxica en la voz). TEMBLA A DGT!
53. Luisma escrito o 8 de Xullo de 2008 ás 11:18
Outra pregunta: como sería a “” para evitar ese horrible link que puxen ahi no #52?
54. Marcus escrito o 8 de Xullo de 2008 ás 11:57
Luisma, ese tipo de tecnoloxías xa levan tempo probándose, e teñen pensado aplicalas tamén en cines (para evitar as gravacións con cámaras) pero haberá que ver cómo funcionan na práctica e non no papel.
A ligazón xa a arranxei eu, pero en caso de non querer facer cousas así hai que escribir en HTML tal que así:
<a href="http://www.paxinaaenlazar.com/">texto da ligazón</a>
55. Luisma escrito o 8 de Xullo de 2008 ás 19:05
Graciñas! Marcus
56. josiño escrito o 17 de Xullo de 2008 ás 21:04
que pasa marcus,é a primeira consulta que che fago.Polo xeral,sempre mas arreglo,pero no tocante ó tema do que che vou preguntar non teño nin idea.O caso é que o ADSL que eu teño é o de 3 Mb,e nun futuro próximo de 6 Mb, de telefónica e teño o Kit ADSL USB que dában cando o contratei no ano 2003(que cambiazo da RDSI ó adsl ,…eh?).O caso é que ando a buscar un router inhalámbrico para poder usala internet pola casa co portátil.Consulteillo a telefónica e dinme que teño que pagar 80 e pico € para que mo dén,cousa que me parece un timo.Máis concretamente por dúas razóns:unha que se dán conseguido máis baratos pola rede de redes,e dúas que me parece un abuso que despois destes anos que non me faciliten o da rede inhalámbrica cando hoxe calquera operadora de internet/telefono/X… cho regala coa contratación de dito servizo.
Deixando a un lado as miñas desavenencias con timofónica,que a non ser por esta razón estou CONTENTÍSIMO co seu servicio-dende o 97 ,xa coa liña telefónica normal,despois coa RDSI,e logo coa ADSL nunca me deu ningún problema, a miña dúibida é :¿Que podo facer para este proposito?¿Facer con telefonica o mesmo que fai a xente con Movistar para que lle dén teléfonos gratis-eso de dicir que te vas e todo eso-?ou ben buscarme a vida polo ebay ou algo así?E se é a segunda opción,e aquí surxe a miña dúbida, cal me recomendas porque eu no tema de redes inhalámbricas non me cosco de nada.
PERDÓN POLA PARRAFADA.gracias.sAÚDOS
57. Marcus escrito o 17 de Xullo de 2008 ás 22:32
Josiño, se non es empresas normalmente non colas os trucos para facer presión. Se cambias a outra operadora de ADSL terás o router ADSL polo morro, pero quedando en Telefónica é case imposible conseguir un router de balde. De feito, coñezo un caso dun usuario con problemas co router en garantía que para arranxalo tiña que quedar sen acceso á Rede durante un par de semanas pois non lle mandaban mentres un de sustitución. Vaia, que Telefónica suspende totalmente no servizo de atención ao cliente nos seus servizos de banda larga, pois están nunha posición dominante brutal e non se esforza en manter os clientes.
Se queres mercar pola túa conta un router ADSL (que ten que incluír un modem ADSL no seu interior, polo que son caros) de Linksys custa 64,70 euros en APP, pero hai modelos máis baratos de fabricantes coma USRobotics por 46,89 euros.
Moito ollo cos routers que poñen que funcionan con ADSL e cable á vez, pois eses non inclúen realmente o modem ADSL, polo que en España só funcionarían con cable (de aí que sexan tan baratos).
58. Brigantium escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 9:39
Unha apuntamento:
Resulta que estaba a empregar os marcapáxinas actualizables co M. Firefox 3 pero cada vez tardaba máis en arrancar. Quitei os marcapáxinas actualizables agás un par de eles - volvín ao iGoogle - e agora parece que volve rular máis rápido. É iso posible?
Saudiños
59. Marcus escrito o 31 de Xullo de 2008 ás 11:38
Brigantium, ¡claro que é posible! Ter moitas cousas cargadas no programa ocupa moita memoria, e iso afecta ao rendemento. Eu para os RSS emprego Google Reader, pois cargar con ese traballo ao Firefox ou ao Thunderbird non paga a pena (e así tamén evito problemas de sincronización).
O problema que comentas co tempo de arranque tamén mo comentou un colega a pasada fin de semana. Lémbrame tamén a un problema que tiña Antón: íalle mal o navegador porque non limpara a listaxe de descargas (se tes pouca RAM nótase unha barbaridade).
60. Luisma escrito o 6 de Agosto de 2008 ás 19:11
Boas Marcus!
¿Non che parece tremendamente sosos os carteis das festas do San Roque? coido que debería facer un concurso do que saíra un cartel axeitado ás festas.
61. Marcus escrito o 6 de Agosto de 2008 ás 23:36
Luisma, eu creo lembrar que todos os anos os carteis son sosísimos. En futuras ocasións estaría ben que fixesen algo mellor, pero a meirande parte das festas da zona se limitan a o de sempre.
A min o que non me gustan son as festas en si, pois iso de meter orquestras coma se fosen actuacións estelares me parece patético (non esquezamos que Iván Ferreiro está de recheo, non coma prato forte).
62. Luisma escrito o 7 de Agosto de 2008 ás 10:10
A verdade é que as festas son malas, moitos cartos gastados en orquestras que o que amosan son grandes escenarios (palcos :)) , poucas actuacións para a xente nova, e sobre todo para os que non son popeiros ou jaiteiros… e unha gran ausencia: a orquestra de Melide, descoñezo os motivos…
63. Miguel escrito o 12 de Agosto de 2008 ás 0:06
Boas, non sei se viches que Simyo modificou a sua oferta de acceso a internet e resulta verdadeiramente competitiva (como siga asi vai mandar a Yoigo a merda).
http://www.simyo.es/internet/
Sau2
64. Marcus escrito o 12 de Agosto de 2008 ás 0:15
Si, xa avisei a meu irmán por se lle interesaba. A min non me vai porque só uso Simyo as fins de semana, pero a tarifa plana actual é a mellor oferta do mercado con diferenza, aínda que na web aínda non publicaron as condicións de contratación da tarifa, pois gustaríame saber qué pasa cando a conexión non funciona (¿darán días de balde? ¿descontos? ¿nada?) pois a pasada fin de semana Simyo non me funcionou en Melide (conectábame, pero só podía enviar pero non recibir datos).
Yoigo continúa coa baza de usar a infraestrutura de Movistar, pero está a perder moita forza (xa deixou de captar portabilidades a saco como hai uns meses). As tarifas de Yoigo actualmente son moito menos competitivas que as de Simyo.
65. Brigantium escrito o 14 de Agosto de 2008 ás 17:36
Pregunta ÑE:
Pódense xunguir dous discos duros nun, ao contrario do que se adoita facer, que é particionar un disco en dous?
66. Marcus escrito o 14 de Agosto de 2008 ás 18:50
Brigantium, si que se pode. É o que se chama normalmente configuración RAID 0 e aínda que pareza que esa solución serve para simplificar o uso de disco, o certo é que se fai para mellorar a velocidade (case se multiplica por 2). Ten un perigo: se casca un disco, perdes toda a información, porque os ficheiros se reparten entre ambos discos.
Windows permite facer algo así co que chama volumes distribuídos, pero o normal é facelo a través da controladora de disco da placa do teu equipo (o dunha controladora de disco independente). Algunhas BIOS deixan facer iso de xeito doado.
De todos os xeito, iso de distribuír información en varios discos é algo que hai que pensar moito antes de facelo, e normalmente só está xustificado para servidores ou para o uso intensivo de vídeo (e non me refiro a ver DivX, vaia).
67. Rubén escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 16:11
Hola Marcus, que tal o Vran??
Bueno eu terminando de traballar, esto de poñer música todolos días cansa un pouco…
Bueno quería saber a túa opinión sobre un portátil que vin no folleto de media markt que me parece incrible na relación calidade-precio, e polo bonito (o meu gusto) que é.
Deixoche o link a páxina do folleto onde aparece:
http://img186.imageshack.us/my.php?image=portatilchulosr3.jpg
Cousas que me chamaron a atención:
- 2048 Intel Turbo Memory, soa ben non? algo bo será…
- Refrixeración líquida?? Mi madriña!!
Polo demáis pareceme un portátil bastante completo en canto a procesador e tarxeta gráfica. Non ten blu ray nin hdmi, pero a min esas cousas pois non as quero a verdade,a siq ue non as boto de menos.
Que opinas do portátil?? LG boa marca de portátiles??
68. Rubén escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 16:21
Deixoche o link a páxina do portatil LG, que sale mellor:
http://es.lge.com/products/model/detail/serier510_r510kap54b.jhtml#
69. Marcus escrito o 27 de Agosto de 2008 ás 17:23
Rubén, a min iso da turbocaché e a hipermemory non me convence, prefiro a memoria dedicada. De todos os xeitos, o equipo inclúe 256 Mb de memoria de vídeo, polo que así xa sabes que vai ir ben (aínda que xa aviso de que as tarxetas gráficas para portátiles van moito máis lentas que os seus equivalentes numéricos de sobremesa). Ah, e parece que si ten HDMI (algo que aínda non se ve en moitos portátiles, e pode vir moi ben cando queremos amosar algo a familia dende unha pantalla grande). O Blu-ray polo momento o meten en poucos portátiles, e tenden moito a colar combos (que len Blu-ray e gravan DVD), o que é unha cabronada, pois o Blu-ray é para gravar, só que as gravadoras custan uns 100 euros máis (aínda que ata que baixen de prezo os discos virxes non pagará a pena).
Eu só lle poño 2 pegas ao equipo: ten unha resolución de pantalla moi baixa (o normal en 15 polgadas é 1.680 x 1.050 píxeles) e sospeito que as teclas son algo pequenas por incorporar teclado numérico (o que debería reservarse para equipos con pantallas de 17 ou máis polgadas).
Sobre a marca, LG leva moito facendo portátiles, pero non é un fabricante recoñecido, ou sexa, que é como adquirir un Acer ou un Packard Bell.
Admitamos que estamos ante un equipo que vén moi cargado a un prezo aceptable.
70. Rubén escrito o 28 de Agosto de 2008 ás 16:55
Meu gozo nun pozo. Chamei a MediaMarkt, e dixeronme que tiñan 80 unidades e agotáronas en 2 días!!!, normal! En setembro fixo que veñen bos portátiles a bos precios.
Grazas como sempre pola túa axuda!
71. Marcus escrito o 28 de Agosto de 2008 ás 19:07
Rubén, o normal é que ese prezo se volva a repetir no futuro en equipos semellantes. Ten en conta que os ordenadores baixan sempre de prezo e non o contrario.
De feito, por pouco máis de 600 euros tes equipos moi semellantes (pero sen refrixeración líquida) noutras tendas. Cando hai ofertas de catálogo o normal é aproveitalas o día no que saen, e a veces nin con esas (en PC City é moi normal que na tenda non teñan os produtos que saen nos folletos, pois os venden moi rápido, aína que si aceptan encargos vía web).
A ver se tes sorte e adquires un equipo que che saia ben de prezo.
Ah, e fíxome graza que nas últimas horas LG anunciase que entrega no sector dos ultraportátiles de baixo custo. Acaban de anunciar un clon do MSI Wind por 399 euros e ¡con 3G integrado! (aínda que parece que ten unha batería cutre). Seguro que algunha operadora se lanzará a subvencionalo en breve.
72. LUISMA escrito o 8 de Setembro de 2008 ás 9:01
Boas marcus! hai tempo que che comentara que tiña problemas ó instalar a nova versión do firefox. Boteille a culpa o firewall do meu antivirus, pouco a pouco foron caendo navegadores, primeiro o internet explorer, logo o safari, e por ultimo o google. Así que tomei a decisión de cambiar antivirus pois era incapaz de cambiar a configuración do que tiña. Man de santo!
agora xa estou ó día!
73. Brigantium escrito o 11 de Setembro de 2008 ás 12:22
Ola!
Dende vai un par de días (ou foi dende onte?) aparéceme ao apagar o Windows a opción de apagar e instalar unha actualización do mesmo ou apagar sen instalar, unha e outra vez sen que se dea instalado a actualización de marras…
Estiven a buscar mais non atopei nada en concreto, sei que hai virus e porcalladas desas que se fan pasar por actualizacións de MS… esta non fai nada mais que tocar uns segundos de máis os co***** pola tardanza ao apagar o PC.
Sabes se é algo malo e se ten doada solución ou é un erro do Windows?
E unha boa nova, por certo, que o Nicetrip virtual vaia entón a diante, xa se me facía raro que renovaran (comezaran por fin) vai pouco e agora pasase iso.
Sobre o de caducar o dominio en verdade tiña que aparecer outra web (normalmente con publicidade) en troques da habitual, non si? Tamén pensei que a puidera deshabilitar para poñer un dominio máis curto… a ver se trae Antón máis e boas novas a parte de NCTRP!
74. Marcus escrito o 11 de Setembro de 2008 ás 12:31
Brigantium, ten pinta de que só tes un problema de actualización de Windows. Igual se arranxa so cando veña outra actualización (non é nada importante).
Sobre a caducidade dos dominios, normalmente o que pasa é que o dominio non responde. Cando sae publicidade é porque non só caducou, senón que alguén o ten que non é o seu propietario (que ás veces pode ser a empresa intermediaria, que tira proveito do período de graza para renovar, e saca así uns cartiños extra).
75. enfeitizador escrito o 15 de Setembro de 2008 ás 17:16
Brigantium, tamén pode ser que haxa un conflito coa actualización, sobre todo se traballas cun Windows XP Media Center, porque me ten pasado a min, ao ser a base en inglés, baixa o remendo inglés, pero ao querer instalar o sistema márcalle que está en español, e non deixa. Se tes o Pro ou Home, pois será algún erro ao descargala. Para quitar ese aviso, terias que borrar o cartafol “SoftwareDistribution” dentro de “C”:\Windows, que é onde se garda a información (con tranquilidade, que en cada reinicio, o windows restablece ese cartafol, non deberia dar erro).
Marcus, déixoche un vídeo que me chivaron hai pouco, supoño que traerá recordos a máis dun dos que visitan este interesante blog: Buck Rogers no seculo XXV (el de la TVG)
76. Brigantium escrito o 14 de Outubro de 2008 ás 10:11
Gracias Miguel, aínda que vira esta mensaxe un mes despois o problema parece que persiste no portátil. Ten XP Home así que probarei ir ao cartafol que comentas.
77. LUISMA escrito o 22 de Outubro de 2008 ás 16:45
Doutor Marcus! Doutor Marcus! http://www.20minutos.es/noticia/422004/0/blogs/muertos/vivos/
78. Marcus escrito o 22 de Outubro de 2008 ás 21:20
Jajaja, Luisma, iso da morte dos blogs é unha parvada. O que pasa é que os pioneiros das blogosfera xa están queimados, e agora os blogs xa non son algo rechamante, senón normal. Iso si, o titular de 20 Minutos é patético (collen un artigo dunha revista norteamericana e o converten en dogma de fe, intentando trasladar o fenómeno norteamericano a España… o que non ten moito sentido).
Tamén hai que recoñecer que moitos blogs perderon o seu espírito inicial e se converteron en auténticos medios de comunicación con cadro de persoal e compromisos publicitarios (como se pode notar en certos blogs tecnolóxicos ou de videoxogos). Para moitos iso non é un blog, pero tal detalle nace de confundir un xénero cun formato de publicación.
É moi habitual escoitar falar da morte do blogomillo, cando se refiren realmente ao feito de que o núcleo duro se foi diluíndo en moitos outros blogues, o que é xusto o contrario á morte.
A min, persoalmente, preocúpame moito máis a morte de centos de servizos da Web 2.0 que resultaron innovadores e que agora desaparecen porque Google os imitou (e lles roubou os seus usuarios)… para que logo falemos de Microsoft…
79. LUISMA escrito o 23 de Outubro de 2008 ás 8:28
En 20 minutos acostuman a amosar este nivel periodístico.
só lle falta mercar o mc donalls jeje
É certo o que dis sobre google, microsoft, apple… tódolos xigantes empresariais terminan por parecerse nas súas estratexias. Incluso Zara, os centros comerciais son un super + tendas de Amancio variadas
80. Brigantium escrito o 29 de Outubro de 2008 ás 21:58
Axuda!
Teño unha porcallada metida no PC que fai que salte de cando en cando unha fiestra do navegador que estea a usar (Firefox, ou IE7 indistintamente) cunha páxina ao azar.
Xa me acontecera irá cousa de dous anos mais daquela pasar o Panda en liña e asunto solucionado, o problema é que agora Panda xa non fai nada de nada nin con esta nin con ningunha porcallada, teño instalado o Avast! que nin cheirou a ameaza, instalei o Spybot e tampouco…
Que me recomendas? Que sexa de violín, claro
Por certo, ultimamente as actualizacións do Windows andan a dar bastante guerra, non no PC que uso habitualmente mais si nos do meu “entorno”, digamos os que eu “administro” á familia… mala praxe miña ou non é tan raro?
81. Brigantium escrito o 29 de Outubro de 2008 ás 23:16
Ah! Dixéronme que o termo porcallada non é moi técnico… XD
82. Marcus escrito o 29 de Outubro de 2008 ás 23:55
Brigantium, proba o Ad-Aware 2008 Free a ver se así detectas o que pasa.
Sobre as actualizacións de Windows, o que está a dar problemas por aí é que actualizan o sistema de validación de copias orixinais, que afecta a Windows e/ou a Office, polo que hai que volver a arranxalos. O mellor neses casos é ter desactivadas as actualizacións automáticas para non levar sustos. Se entendín ben o da guerra, pois se só te refires á frecuencia, o certo é que nos últimos días arranxaron un par de fallos de seguridade bastante gordos, e por iso houbo máis actualizacións do habitual.
83. Brigantium escrito o 30 de Outubro de 2008 ás 0:06
Gracias coma sempre Marcus!
Sóame que xa o tivera e o desinstalara vai tempo porque tiña o PC cheo de cousas que non usaba, a ver se agora me vale
84. Brigantium escrito o 1 de Novembro de 2008 ás 14:06
Pois ao final resolvino co SUPERantispyware, xa nos darás a túa opinión sobre ese programiña, o Ad-Aware non atopou nada sospeitoso e o antivirus de R, que souben del por Código Cero, tampouco atopou nada, aínda que si impedía que aparecese páxina algunha cando saltaba a nova fiestra do IE7 por mor do virus.
Non sei, teño a sensación de que SUPERantispyware ese me sodomizou o PC, mais polo menos arranxou o problema XD
85. Marcus escrito o 1 de Novembro de 2008 ás 18:05
Brigantium, os anti-virus apenas detectan as ameazas tipo adware e spyware porque non é a súa función principal (hoxe miran máis de troianos perigosos).
O SUPERantispyware non o coñecía, e botándolle un ollo ten boa pinta. Goza de boa sona entre os usuarios, aínda que a súa versión de balde só serve para detectar as infeccións (a versión de pago evita collelas).
86. Luisma escrito o 15 de Novembro de 2008 ás 12:44
Chegoume unha carta de R en galego facendo progapanda da “fibra óptica”. Surxiume unha dúbida: ¿non sería máis correcto dicir FREBA ÓPTICA? A consecuencia na publicidade da empresa sería inminente: R freba óptica, non confundas o touciño coa velocidade! Pura freba galega!

87. Marcus escrito o 15 de Novembro de 2008 ás 19:06
Luisma, pois vai ser que non. Febra é o equivalente a hebra e non a fibra, aínda que unha das acepcións no dicionario de febra sexa “fibra de carne magra”.
Iso si, a coña do touciño e da velocidade quedaría moi ben nunha campaña de R e non descartaría que fagan algo semellante no futuro (os de Euskaltel xa fixeron a broma coa fibra para facer de vientre.
88. xab escrito o 23 de Novembro de 2008 ás 10:57
Os de Blogger téñenme castigado dende hai dúas semanas. Non sei que facer, porque xa cubrín todos os formularios posibles e puxen unha queixa no grupo de axuda de blogger. A coña é que eles déixanme publicar, ainda que teño que cubrir un capcha (esa merda de fiestriña na que tes que poñer uns caracteres distorsionados para demostrar que non eres unha máquina, ou que si eres unha máquina eres unha máquina moi boa). Nembargantes, o que máis me fode é que as visitas ao blog, según gúguel analitics, baixaron á décima parte. ¿Cómo poderon facelo? ¿Serán reales ambalasdúas, ou serían falsas as anteriores? ¿Cómo fai gúguel para perxudicar ou favorecer as visitas dun blog específico? Eles non responden a nada, e eu estou desexando fuxir deles (ainda que non sei nada sobre dominios nin jostins, nin nel).
89. Marcus escrito o 23 de Novembro de 2008 ás 17:04
Xab, non vexo que o teu blogue teña ningún tipo de limitación por parte de Google e sae correctamente nas buscas. ¿A qué te refires con que te teñen castigado?
Normalmente con Blogger incluso Google se porta mellor. E se queres migrar a un dominio propio, incluso o podes facer dende o panel de control de Blogger (teñen acordos con empresas que venden dominios) e por uns 10 euros/ano podes ter un dominio de teu, que sempre axuda a levantar o ego (e tamén contribúe aos resultados de busca).
Logo, o de Google e a predilección (ou non) de según qué blogs e webs, a cousa depende de algoritmos matemáticos e sistemas de indexación que cambian constantemente, polo que optimizar páxinas para buscadores hoxe en día é unha profesión (non é un xeito de falar). Normalmente se os contidos son relevantes e intercambias ligazóns (entrada e saída) con outras webs relacionadas cos asuntos dos que falas o buscador tende a ser xeneroso (se a xente non enlaza aos tes artigos, o normal é que non lles dea moito peso.
90. Pacha escrito o 26 de Novembro de 2008 ás 19:23
A ver, doutor marcus
¿Que cámara dixital pódesme recomendar que custe menos de 250 euros? Apreciaría a posibilidade de gravar videos en boa calidade, un bo zoom óptico e una bo número de Mpx
—
E a outra cousa, ¿que opinas do Navegador que pretende sacar Goggle e que tantas polémicas pareceurme oír?
91. Marcus escrito o 26 de Novembro de 2008 ás 20:51
Pacha, eu gusto bastante das cámaras Canon (as IXUS saen bastante boas, e as EXILIM son moi delgadas e feitiñas) e das Fujifilm (as FINEPIX Z-20 están a un prezo bastante bo por aí), pero unha opción de compra moi interesante estes días é a Kodak M1033 que en sitios coma Carrefour está a 149 euros e bota fotos a 10 Mpíxeles e ¡grava vídeo en HD! A resolución dos vídeos é de 1.280 x 720 píxeles en progresivo, o que é realmente impresionante. A cámara non é ningunha marabilla (como todas as Kodak dixitais) pero pode dar moito xogo (pensa que agora ata YouTube deixa subir vídeo en alta definición, e as tarxetas de memoria SDHC están baratiñas: coido que o outro día vin unha de 8 GB a 16 euros).
Se o vídeo non é algo que che preocupe, comezan a aparecer cámaras tipo reflex por menos de 300 euros, e están bastante ben para tirar imaxes de calidade (neste caso os Mpíxeles non importarían, pois unha imaxe de 7 Mpíxeles cunha óptica boa se ve moito mellor que unha de 10 Mpíxeles cunha cámara compacta).
Ah, e sempre queda a opción de tirar por un dos móbiles de LG con cámara, que están bastante ben, e xa comezan a aparecer modelos de 5 Mpíxeles (os de 8 Mpíxeles, que os hai, non sei se chegarán a tempo para o Nadal). O comento porque ás veces é a opción máis práctica e económica (pola subvención das operadoras).
Sobre o Google Chrome, xa leva tempo por aí, e non está a ter moito éxito (aínda que está ben). A polémica é que agora están a negociar para metelo de serie en moitos equipos novos de marca (como agora tamén vén o Google Desktop) e, sumado ao feito de que o 88% dos cartos que ten a Fundación Mozilla veñen de Google… fan que o Chrome poida ser unha ameaza nada desexable para o Firefox.
Vaia, que a xente ten medo de que Google queira impor o seu navegador dun xeito. Lembremos que o Internet Explorer tamén era un navegador minoritario nos primeiros anos da web.
92. Brigantium escrito o 4 de Decembro de 2008 ás 8:59
Pasa algo raro hoxe en Google e MSN ou é só no meu PC?
93. Brigantium escrito o 4 de Decembro de 2008 ás 9:07
Agora foron os dous de vez!
94. Marcus escrito o 4 de Decembro de 2008 ás 10:47
A min dende R non me pasa nada, aínda que hai uns días Google tivo problemas de conectividade e Gmail chegou a estar caído varios minutos, pero son cousas que pasan (non son graves se só son esporádicas).
95. lauren escrito o 23 de Decembro de 2008 ás 20:02
Boas…vou directo o grano.
Ando a mirar un portatil para xa.Presuposto: de 0 a 600 e asustando podemos chegar a 700.
Marca:dame igual.
Requisitos..buff…pois a estetica e pantallas super chachisss dame exactamente igual.Eu doulle caña o photoshop, pero sen embargo non xogo con pc, con cal teño a duda se gastar cartos na tarxeta de video, ou mais ben na memoria da tarxeta ou na rapidez da mesma…Bueno deixo ahi dous modelos que merei e disme.
http://servicios.ahtec.org/index_menu.htm
De esa lista mirei, o 11 o 15 o 16…
do 15 jodeme a pantalla de 14,1″
do 16 a grafica…buff…
e o 11 pois e cuquiño pero penso que me pode valer a pena os 100 na velocidade do hh e na ram…bueno…
GRACIÑAS POLO TEU TEMPO.
96. Marcus escrito o 25 de Decembro de 2008 ás 21:29
Lauren, eu de ti fuxía de marcas coma Ahtec para un equipo destas dimensións, pois non destacan por unha boa ensamblaxe de equipos (e o soporte non é ningunha marabilla). Así pois, se non queres pasar moito dos 600 euros un equipo que podería estar ben sería un Asus X50GL con 4 Gb de RAM, 320 Gb de disco duro e pantalla de 15,4 polgadas por 611 euros ou un Samsung NP-R510-FA08ES con saída HDMI que sube o prezo ous 665,40 euros, ambos en APP; pero se podes permitirte chegar aos 699 euros, en PC City teñen Asus X71SL-7S062 (coido que só aceptan pedidos para este equipo vía web) con 4 Gb de RAM, 320 Mb de disco duro, pantalla de 17 polgadas, saída HDMI, tarxeta gráfica GeForce 9300 con 512 Mb de memoria e batería de 8 celas, ou sexa, un equipo escandalosamente superior aos anteriores por menos de 100 euros de diferenza.
Eu recoméndoche este último tanto polo tamaño da pantalla (lembra que en panorámico as pantallas son máis cativas, de xeito que teñen poucos píxeles en vertical, o que é incómodo para navegar pola web e utilizar certas aplicacións), a tarxeta gráfica cunha calidade aceptable e a boa batería. O porto HDMI non é imprescindible, pero se agradece, por se queres utilizar o portátil para reproducir unha película nun televisor dos novos (lembra que os cables HDMI de 6 euros dan a mesma calidade que os de 45 euros, sempre que non midan varios metros).
97. XAVIER escrito o 27 de Decembro de 2008 ás 15:42
Hola Marcus, acabo de leer o artigo do amigo Lauren, eu tamen ando a procura dun portatil, bo , bonito e barato, con esto da crise a todos nos gusta aforrar unhs euros, estiven na tenda do meu pobo e preguntei por eses equipos que ti decias e ningun dos asus que ti pos ahí están dispoñibles ¿e posibel que esteñan descatalogados e os vendan a precio de saldo ou so os vendan nestas tendas?, ofertaronme estes modelos http://www.area-integral.net/X59SL-AP342C-T5800-4-320-15W-DL-VHP~29487d.aspx ; 799 € http://www.area-integral.net/X59SL-AP325C-T5800-4-320-15W-DL-VHP~16389d.aspx ; 699 € , o primeiro pareceme caro , e o segundo non esta mal en relacion prezo prestacions e a tarxeta gráfica pareceme bastante boa, din que da mellor rendemento que a NVIDIA do de 17″. Que opinion tes das grandes superficies como PC City , Media Mark e estas tendas, teño lido en foros que o seu servicio post venta deixa moito que desexar, e que intentan venderche os servicios añadidos sexa como sexa para gañar mais cartos, merece a pena facer un monton de kilometros o pagar os gastos de envio co conseguinte risco do transporte por aforrar 20 ou 30 €, tamen que opinas do Windows Vista como sistema operativo teño oido de todo e case todo malo sobre el , se mercaras un sobremesa que elexirías W XP ou o Vista
Graciñas e bo nadal
98. Marcus escrito o 27 de Decembro de 2008 ás 19:00
Xavier, o Asus de PC City que citei antes sae máis barato que os que pos ti (e ten pantalla de 17 polgadas) pero supoño que será simplemente polo prezo da tenda (igual se conseguen máis baratos noutros sitios).
Sobre Media Markt podo dicir que ten unhas condicións de devolución dos produtos francamente lamentables, e de PC City tamén oín malos comentarios do seu servizo de atención ao cliente (aínda que non poñen pegas para devolver cousas). Por outra banda, parece que o envío a domicilio de PC City funciona moi ben (polo que pedir pola súa web é unha opción recomendable) e na web teñen moitas ofertas que non están na tenda.
Sobre o Vista, teño que admitir que tralo SP1 é un sistema operativo magnífico, e o uso actualmente sen problema (¡incluso nun ultraportátil!) tras actualizar os controladores de todo e utilizando versións novas das aplicacións. Vaia, que o Vista dá problemas cando tes programas ou hardware que non sacou as actualizacións pertinentes (ou non as instalou o usuario). Como exemplo teño que a miña última tarxeta de tele/radio viña de serie cun software que non era totalmente compatible con Vista (o que me pareceu unha vergoña para un produto novo) e tiven que ir á web do fabricante para actualizar o programa, tralo que non me deu ningún problema. Dito doutro xeito: os culpables da mala sona do Vista non teñen nada que ver con Microsoft. Iso si, para que Vista vaia ben hai que ter máis de 1 Gb de RAM.
Ah, e ao mercar un equipo non a opción de montar XP xa non existe (agás que falemos dun netbook ou un nettop).
99. lauren escrito o 28 de Decembro de 2008 ás 15:34
Esta claro que é moita mellor opcion…neste caso iría o de 699, supoño que a foto será real, non podo pasar por alto o teclado numérico¡¡..
Agora ben, sitúome na dualidade de deixar os cartiños no pobo, ou mercalo fóra.Tomareire un par de días para reflexionar, moitas grazas coma sempre :)-
100. lauren escrito o 28 de Decembro de 2008 ás 15:35
Por certo o Athec trae xp, mandan eles os drives.Pero esta claro que non deixa de ser unha marca de 2ª rexional…
101. Marcus escrito o 28 de Decembro de 2008 ás 22:24
Vaia, o de Ahtec con XP debe de ser utilizando algún truquiño, pois nun principio Microsoft só oferta tal opción a través dun downgrade dunha licenza profesional de Vista, agás que o equipo sexa de baixas prestacións.
De Ahtec podo falar ben en equipos ultraportátiles (e incluso dos nettops), e os equipos potentes están moi ben en relación prestacións/prezo, pero teño un colega que me puxo podre o soporte que dan e o informais que son coas entregas. De todos os xeitos hai que recoñecerlles que fan algunha que outra cousiña interesante, pois teñen equipos coma os UMPC Tiny que contan cun público que ten problemas para atopar cacharros así.
102. Luisma escrito o 12 de Xaneiro de 2009 ás 16:43
Boas Marcus!, estáseme a pasar pola cabeza comprar un monitor de 22”, gustaríame que me recomendaras algún modelo, pois vou a pasar bastantes horas ó día diante del e xa se sabe…
Graciñas MArcus, e un saúdo!
103. Marcus escrito o 12 de Xaneiro de 2009 ás 17:01
Luisma, se o que queres é gastar poucos cartos, en APP teñen varios modelos dende 123 euros, pero de marcas non moi recomendables. Se que achegas aos 149 euros xa poderías atopar en case calquera lado monitores de LG e Samsung, aínda que dentro desta última marca o que me mola mogollón é o T220HD, que aínda que custa 299 euros inclúe sintonizadores de televisión analóxico e dixital, 2 HDMI, e entradas de vídeo de todo tipo, polo que podes aproveitar o monitor para ver a tele, conectar o DVD, a Wii, a Xbox 360 e toda canta ferranchada teñas por aí.
De Asus e de Acer tamén podes atopar bos monitores a bo prezo. Por exemplo, en PC City teñen un Acer de 23 polgadas Full HD a 169 euros.
Ao final dependerá para qué vaias usar o monitor. Se o queres para o monitor en exclusiva, o Acer que comento sería unha boa opción, pero se o queres para varios usos, o Samsung T2200HD sería ideal (nas versións de 24 e 26 polgas é Full HD, pero sae máis caro).
104. luisma escrito o 14 de Xaneiro de 2009 ás 0:57
moitas gracias pola info marcus!
105. XAVIER escrito o 17 de Xaneiro de 2009 ás 21:49
Hola Marcus o final estiven curioseando sobre os portátiles que decía Lauren e vou mercar un ¡¡¡ AHTEC !!! para instalar W XP non utilizan ningún downgrade senon que che entregan un CD cos drivers para este sistema operativo, o equipo ven sin ninguna licencia de S.O. e este tes que adquirilo por separado, eu vou aproveitar o de outro equipo que teño co equipo que vou xubilar, non e moi licito, pero teño unha licencia e o W XP Profesional, o equipo que vou mercar es o 12 http://servicios.ahtec.org/index_menu.htm ; ten un procesador decente, moita ram, tanta que ni XP a vai detectar toda, e tamen unha tarxeta grafica bastante boa, un disco duro de 7200 RPM e unha pantalla WXGA 1600 x 1050 que supoño que será bastante mellor que a de gama baixa que tran o resto dos equipos, despois de moito mirar nos foros e de falar con esta xente, parecenme os mas serios de lonxe con respecto os ensambladores, podíame decantar por un ASUS, TOSHIBA , OU SONY pero un equipo de similares prestacións iase os 1000 € ou mais, vin un con W VISTA INSTALADO e a puntuación de este equipo era de 5,5 ; 5,6; 5,4 ; 5,4 ; 5,9 a maxíma puntuacion en W VISTA E 5,9 polo cal creo que as prestacion seran suficientes para un usuario normal q de cando en vez lle meta un xogo , retoque unhas fotos e pouco mais, eso si ,non ten firewire, e o único que lle voto de menos.
Ti que me dis.
106. Marcus escrito o 17 de Xaneiro de 2009 ás 23:13
Xavier, a min ese Ahtec paréceme unha clavada. Sáeche moito mellor o ASUS X71SL-7S030C de PC City, que é máis barato (hoxe está a 759,05 euros), a súa pantalla é de 17 polgadas e mesmo conta con lector de Blu-ray (e aínda que carece de Bluetooth, si conta con Firewire). A súa batería tamén é moi boa.
Como curiosidade tamén pode interesarche o LG R510-GAP58B, que é menos completo, pero ten refrixeración líquida, polo que é menos ruidoso.
Eu iría a polo Asus sen dubidalo, e pasaría olimpicamente de meter 799 euros nun Ahtec, pois dan un soporte técnico lamentable (están ben cando buscas gangas).
107. Luisma escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 10:11
Oh! doutor Marcus! a donde van a parar as miñas ventás minimzadas se non o fan á barra de tarefas? desaparecen mo avismo do meu W XP? Gracias por adiantado!
108. Marcus escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 10:22
Luisma, supoño que estás a falar de que cando minimizas programas tipo P2P, en vez de quedar na barra de tarefas aparecen coma iconas no systray (o espazo que hai á esquerda do reloxo do sistema e que tamén responde ao nome de área de notificación).
Esa opción está así por defecto en varios programas, pero na súa configuración (nas preferencias de cada aplicación) pódese modificar. En XP pode dar problemas nalgunha ocasión, pois se morre o proceso explorer.exe e se resetea o contorno de fiestras, pese a que as aplicaciós continúen activas, non hai xeito de volver a elas porque non aparece no systray (agás que fagamos algo que as force a volver a primeiro plano, o que é doado con aplicacións P2P pero non con outros programas). En definitiva, que o de minimizar no systray non é a mellor idea do mundo en XP (coido que en Vista non hai tal problema).
109. Luisma escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 10:46
O certo é que me está a suceder con tódolos programas, firefox, explorador de windows… se minimizo e acontinuación premo mostrar escritorio poida que aparezan de novo, cun pouco de sorte…ata ó iniciar hoxe o ordenador desaparecérame o inicio rápido. Ando á búsqueda de bechos co antivirus. Fago o mesmo que os médicos cando acodes cunha sintomatoloxía que se lles escapa das máns: “iso é un virus”
110. Marcus escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 11:41
Por aí hai un script que di arranxar o asunto, aínda que a miña recomendación sería que o descargases e mirases os apartados do rexistro que toca (o ficheiro pódelo abrir con bloc de notas) para manipulalos manualmente (posiblemente chegue con tocar unha única opción).
Parece ser que ese erro non é infrecuente, e que se debe a que algún programa (¿virus, spyware, optimizador de Windows…?) tocou o que non debía.
111. Luisma escrito o 19 de Xaneiro de 2009 ás 13:06
Pasei o antivirus e atopou unha chea de spyware e non sei que historias máis. O certo é que tras un reinicio, todo correcto! Moitas gracias Marcus!
112. luisma escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 0:00
Como pode ser posible que na itunes store vendan música que é gratuita dende a web oficial do grupo (xa atopei varios casos)?
113. Marcus escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 1:24
Luisma, iso é normal, e na meirande parte dos casos (sen coña) débese a que os grupos non respectan o copyright (tenden a ignorar que os seus temas non son realmente seus).
De todos os xeitos, non é o primeiro grupo que decide regalar a súa música na Internet e pór á vez o disco á venda (tanto en iTunes como nas tendas) co que pretenden que a xente que ía piratear o disco poida facerse cunha versión digna (e igual se animen a ir ao concerto), mentres que os fieis seguidores poiderían tamén contribuír a que o grupo poida seguir sacando máis álbums cunha achega económica ao facerse cos temas pasando por caixa.
A túa dúbida sería igual a preguntar: ¿cómo é posible que no videoclub aluguen unha película que botaron onte pola noite en La 2? Como ves, o modelo gratuíto (financiado con publicidade) e o de pago poden coexistir, aínda que tamén poden dar lugar a analoxías que fan escachar coa risa.
114. Luisma escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 8:57
Nos casos que ti mencionas é totalmente razonable, pero pola miña mente pasaban grupos semiamateurs con maquetas medio caseiras medio profesionais, sen ningún tipo de protección (como moito creative commons). Algo así como se atopas o disco de Relevancia Zero a 9.99 € no itunes vamos :)… incluso resulta curioso que sexa máis caro obter o disco en pistas mp3 que en soporte físico. Será que está cara a man de obra dos “pasadores a mp3″
isto recórdame o momento no que decidín que era máis cómodo baixarme a miña colección de música orixinal de internet que pasala eu a man a mp3 (meu amado audio galaxy!)
Un saúdo Marcus!
115. Marcus escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 10:11
Luisma, o dos prezos en iTunes é algo das compañías discográficas. Apple intentou baixalos, pero non lle deixaron, e agora incluso hai 3 niveis de prezo distintos (por imposición da Industria).
Apple preferiría ter moitas gangas, para atraer aos clientes (aínda que as novidades fosen algo caras) pero as discográficas non queren que haxa moita diferenza de prezo entre o CD e o MP3 para que non baixen os seus ingresos (aínda que a cadea de distribución e venda non vexa un can das vends dixitais, polo que en realidade incluso melloran os beneficios).
116. Luisma escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 13:25
Outra cousa moi curiosa que me pasa é que cando buscas música “marxinal” (quero dicir con pouca audiencia), atopas exactamente os mesmos albums á venda a través de itunes que en torrent/emule/ares… co que hai que compralos, no mellor dos casos, na web do autor pois non teñen distribución neste país.
117. Marcus escrito o 5 de Febreiro de 2009 ás 14:26
É un dos grandes problemas da distribución musical. Sen ir a grupos musicais, se non houbese xente que se molesta en xuntar discografías completas para distribuílas polas redes P2P, moitos discos quedarían inéditos fóra do país de orixe de case calquera grupo.
118. Luisma escrito o 9 de Febreiro de 2009 ás 16:55
Boas Marcus, xa me parece que estou a abusar deste espazo …
Teño a intención de conectar ó portatil a tv, e á hora de buscar o cable axeitado, teño un enorme lío de nomenclaturas. A saída do portatil é a clásica dos monitores. e o tv é dos de toda a vida, nin HD nin moito menos
119. Luisma escrito o 9 de Febreiro de 2009 ás 16:57
Coido que xa o atopei http://www.pixmania.com/es/es/1880770/art/iberia-pc/cable-vga-a-euroconector.html isto podeme valer non? Graciñas e perdoa as molestias!
120. Marcus escrito o 9 de Febreiro de 2009 ás 19:54
Luisma, abusa o que queiras.
O cable que dis non ten nada que ver co que buscas. Se queres conectar un portátil a un televisor por euroconector tes que usar a saída de vídeo do portátil, que non a teñen todos, e que normalmente ten forma de conector S-Video. Os portátiles que a teñen inclúen moitas veces un conector S-Video a RCA, e así por ese sinal podemos sacar o sinal de vídeo utilizando a aplicación de configuración da tarxeta de vídeo do equipo (que normalmente non deixa activar a pantalla secundaria ata que a conectemos).
Para o son precisaremos dun conversor de jack stereo a 2 RCA. Dese xeito, teremos 1 RCA para vídeo e 2 para o audio, que se poden conectar ao televisor directamente (se ten as entradas correspondentes) ou cun adaptador RCA a euroconector.
Se tes dúbidas, dime o modelo do teu portátil, para que mire se ten saída de vídeo (aínda que o conector é doado de atopar, pois sería o único redondo con pins ao máis puro estilo dos conectores PS2 do rato ou do teclado, e tería unha icona cun cadrado e unha frecha para indicar que é unha saída de vídeo).
121. Brigantium escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 13:22
Ola!
Dende onte teño problemas con Google Earth (tíñao actualizado), que fai que o PC quede colgado polo que optei por desinstalalo e volvelo instalar, mais sigo a ter o mesmo problema.
É iso normal? Queixouse alguén máis? Porque nin tan sequera da opción do Ctrl+Alt+Supr para cancelar a apertura do programa, é como se o ordenador non puidera con el, pero dende a última actualización (creo que era a 5, onde se xa se poden ver as capas doutras versións máis vellas) xa o probara e ía ben coma sempre.
122. Marcus escrito o 16 de Febreiro de 2009 ás 13:44
Brigantium, a min o Google Earth 5 non me da ningún problema, nin vexo que na Internet ninguén informe de fallos graves do programa.
O que si é posible é que o programa dea problemas gráficos, por culpa de non ter actualizado o DirectX ou ter unha tarxeta gráfica moi vella, xa que algunhas das capas empregan efectos atmosféricos (poden desactivarse en View->Atmosphere) e o seu debuxado corre a cargo da tarxeta gráfica do equipo.
Tamén podes probar a usar o programa en modo DirectX ou en modo OpenGL (aparecen ambas opcións no seu cartafol de menú coa súa correspondente icona).
123. melindrom escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 9:23
Marcus teño un serio problema co meu ordenador tesme que votar/botar(jeje) unha man . aparecenme mexases de microsft na parte inferior da miña pantalla.
¿que fago?
124. Marcus escrito o 24 de Febreiro de 2009 ás 11:06
Melindom, ¿qué tipo de mensaxes son os que aparecen? ¿Son alertas que informan sobre que a túa copia de Windows non é legal ou son mensaxes claramente falsas? Porque nun caso trátase de desactivar unha medida de seguridade do sistema operativo (que se fai de moitos xeitos distintos) e no último deberías mirar de instalar un antivirus (o Avast! o podes descargar de balde) ou algún programa anti-troianos. Vaia, que sen máis pistas sobre o que che pasa é difícil botar unha man. Se queres, dáme detalles por e-mail.
125. Tonecho escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 20:26
Hola Marcus, teño un problema en Palas e necesitaria que me guiaras un pouco.
Ata o momento non teño alta velocidade na casa, pero por temas de traballo propio e polos nenos que xa empezan a usar internet necesito contratar algun tipo de liña de alta velocidade.
Sabrias decirme alguna tarifa a bo precio, xa que o uso que lle daremos non sera moi alto, que opere en Palas, xa que aqui non temos “R”.
Graciñas pola axuda.
126. Marcus escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 21:21
Tonecho, temo que polo interior de Galicia estamos mal de opcións e, agás que contemos con R, só podemos optar polas promocións de ADSL dependentes de liñas de Telefónica, de aí que as boas ofertas que anuncian pola tele non estean dispoñibles (son para liñas segregadas do bucle de Telefónica). Vaia, que as marxes de aforro son pequenas.
Así, o seguro sería dicir que pilles un Dúo de Telefónica, pero son algo caros. Poderías optar por Ya.com, Orange ou Jazztel, polo que para comezar o máis recomendable sería esta última, pois actualmente carecen de compromiso de permanencia, de xeito que se o servizo é malo podes darte de baixa sen problemas (chámanlle Plan de Garantía). Actualmente teñen unha conexión de 7 Mbps a 36,95 euros/mes e outra de 3 Mbps a 32,95 euros/mes (sempre sen IVE e sen o custo de liña) e, aínda que 3 euros de diferenza pareza pouco, o certo é que é posible que a conexión de 7 Mbps non vaia a moito máis de 3 Mbps (sospeito que as liñas en Palas non son ningunha marabilla) polo que sería unha boa opción a de 3 Mbps (que tamén inclúe chamadas a teléfonos fixos). Ya.com ten unha oferta igual, pero cun contrato de 12 meses, polo que o desbotaría de vez. Orange dá 6 Mbps por 36 euros/mes (5 euros/mes menos que Telefónica), polo que tería a mellor relación velocidade/prezo, e aínda que ten compromiso de permanencia de 12 meses non o aplica o primeiro mes (ou sexa, que tamén podes probar esta opción).
No caso de que non teñas liña telefónica, a mellor opción que terías é contratar un Dúo de Telefónica, que se o pillas cun compromiso de permanencia de 12 meses sae de balde a alta (cando menos, se o pides vía web).
127. Tonecho escrito o 4 de Marzo de 2009 ás 22:03
Estamos no interior, como estamos.
Teremos que apañarnos con telefonica a pesar de non ser do meu gusto.
Graciñas por todo.
128. Luisma escrito o 1 de Abril de 2009 ás 13:01
Bos días Marcus.
Diríxome a ti para compartir a felicidade que me inunda: son un afortunado de internet!
Cando navego por unha web sempre son o usuario 1.000.000, se hai algún xogo de azar sempre me toca, entrei á hora xusta no momento xusto. As tías boas sempre vien pretiño de min, incluso algunha morre por estar conmigo en roupa interior.
Só teño un pequeno pesar, as contas de hotmail estanse a acabar, xa case todos os usuarios están collidos, e vai a ser un servizo de pago, a non ser que reenvíe unha mensaxe
129. Marcus escrito o 1 de Abril de 2009 ás 13:22
Jajaja, é certo que a Rede está chea de estafas e bulos, pero hai que velos con humor. O das cachondas que viven en aldeas de preto da casa de cada un e que incluso son de razas diversas (¿?) sorprende a calquera, pero mentres non aparezan alieníxenas eu non me preocuparía.
130. Luisma escrito o 16 de Abril de 2009 ás 19:31
Boas tardes Marcus, permíteme o offtopic, pero gustaríame comentar o apoio masivo ás protestas do sector leiteiro de Melide. Tódolos comercios, bares,bancos, e negocios en xeral PECHARON (salvo ridículas excepcións), o cal me encheu de orgullo.
Tamén é certo que na concentración na praza houbo pouca xente (e case ninguén do sector interesado, gustaríame pensar que estaban tgodos en Madrid)
Saúdos Marcus!
131. Marcus escrito o 16 de Abril de 2009 ás 19:42
Luisma, o asunto incluso saíu hoxe no Telexornal da TVG.
Aínda así, non parece ser algo que se poida arranxar con mobilizacións cívicas (coido que hai que actuar xudicialmente, para evitar o dumping do leite).
132. Luisma escrito o 20 de Abril de 2009 ás 12:14
Bos días Marcus!
Estiven a ollar o catalogo de puntos Vodafone e non acabo de atopar ningún terminal que me convenza totalmente, pero vexo na web que pronto lanzaran o htc magic, que si me atrae. Que sabes deste lanzamento? que tal teléfono é? (non me refiro só ó de facer chamadas jeje
Un saúdo e gracias!
Acabo de estrear a opción de editar os comentarios pois acabo de ver que telefonica vai a vender o htc dream, polo que imaxino que vodafone tamén moverá ficha non cres?
133. Marcus escrito o 20 de Abril de 2009 ás 12:29
Luisma, Vodafone vai vender o HTC Magic (un HTC Dream sen teclado) en 2 semanas no Reino Unido (a data de chegada a España aínda está sen anunciar, pero supoño que será case a mesma).
De todos os xeitos non recomendo mercar aínda terminais con Android, porque estamos ante os primeiros modelos, que teñen moito que mellorar, e apenas teñen software. O Android poderá ter algo que dicir de cara a 2010, pero polo momento só son unha plataforma emerxente con terminais ladrillo.
Coido que estamos nun mal momento para mercar móbil, pois no verán van chegar moitas novidades: o novo iPhone (que podería levar a algúns a actualizar o móbil), os móbiles con Windows Mobile 6.5 (que comeza a ser un sistema operativo decente, aínda que igual ata o WM7 non temos unha plataforma realmente boa) e algún dos terminais anunciados no Mobile World Congress de Barcelona (pois apenas chegaron modelos ao mercado). Por exemplo, se hoxe pillas un Omnia cun compromiso de permanencia de 18 meses e dentro de nada ves a mesma oferta cun Omnia HD… de seguro que pillas un bo cabreo.
134. Luisma escrito o 20 de Abril de 2009 ás 14:47
Conclusión: mellor esperar uns mesiños entón
135. Luisma escrito o 20 de Abril de 2009 ás 17:05
Por certo. ¿O iphone seguirá sendo exclusivo Movistar por moito tempo?
136. Marcus escrito o 20 de Abril de 2009 ás 17:15
Luisma, hai rumores de que operadoras coma AT&T están a renegociar a ampliación da exclusividade, pero parece que Apple podería optar por abrirse a máis operadoras cos novos modelos, para ampliar mercado.
En EE.UU. o feito de estar con AT&T é todo un problema (ten moi mala cobertura en cidades coma New York), e sospeito que en España pasa algo semellante con Movistar (compañía que non anunciou publicamente as condicións do seu contrato con Apple), non pola cobertura, senón porque os maqueiros son anti-Telefónica na súa maioría.
Outro motivo para evitar a exclusividade de Movistar podería ser que na práctica non é unha exclusiva real, pois xa hai tendas que mercaron terminais do iPhone libres noutros países europeos para vendelos logo aquí con outras operadoras, o que podería ser totalmente legal (os avogados de Telefónica están a estudar o caso).
137. Rubén escrito o 4 de Maio de 2009 ás 0:27
Ola Marcus?? Como vai??
Pois aquí preguntándoche por un portátil que sae no folleto dos 10 anos de MediaMarkt. Estou seriamente pensándo en compralo. O primeiro indicador é o prezo: 499€, é un Toshiba, exactamente o Satellite A300 27x, coas seguintes características:
- Procesador Intel Pentium dual core T4200 (2.0 GHz, 1MB de caché L2, 800 MHz)
- RAM: 4 Gb DDR2
- 250 disco duro
- Grafica Intel Movile GMA 4500M hasta 1340 de memoria de video compartida.
O demáis o de sempre: webcam, lector de tarxetas,…
Eu penso que está ben de prezo para o que é o portátil, pero o punto negro sería a Taxeta grafica, sei que por 500 € tampouco podes pedir moito, pero as Intel non creo que rindan como unha ATI ou unha NVidia. Tampouco nunca entenderei o da memoria compartida/dedicada. Por certo, non pon se é de 128 ou 256, porque de 512 dudo que sexa a tarxeta.
Ti que opinas??
Moitas grazas pola axuda.
138. Marcus escrito o 4 de Maio de 2009 ás 2:57
Rubén, vese que o tes bastante claro. Eu diría que o prezo é bastante bo, porque o equipo é bastante completo e ten a garantía de Toshiba (que inclúe recollida e entrega no domicilio durante 2 anos), pero non só poría pegas pola tarxeta gráfica, senón tamén polo procesador, xa que sería un Dual Core en vez dun Core 2 Duo, e iso afecta bastante ao rendemento.
Eu de ti gastaría 49 euros máis, e pillaría o Fujitsu Siemens Amilo Pi 3540 que teñen en PC City a 548 euros (603,50 euros en APP) con procesador Core 2 Duo e tarxeta gráfica nVIDIA GeForce 9300M GS con 256 Mb de memoria dedicada. A diferenza de prezo é moi pequena, pero en funcionamento nótase bastante (e en autonomía tamén deberían notarse, pois o de Fujitsu xa ten tecnoloxía Centrino 2).
Ah, e se non pon a cantidade de memoria dedicada da tarxeta de vídeo do equipo de Toshiba o normal non é que sexa de 128 ou 256 Mb, senón de 0, precisamente de ahí ven o de compartida, que normalmente quere dicir roubada da RAM (o que con 4 Gb non é moito problema, pero normalmente supón unha velocidade menor).
139. Luisma escrito o 15 de Maio de 2009 ás 15:22
Boas tardes Marcus!. levo xa un par de semanas experimentando con Android, e a verdade é que estou moi satisfeito, o número de aplicacións medra cada día e cada vez son máis sorprendentes. Sky map é flipante, así como outras moitas. Penso que ten un futuro bastante bo. o terminal (htc magic) tamén acompaña bastante, ainda que como soe pasar neste tipo de trebellos a batería hai que coidala moito, senón…
Un saúdo!
140. Marcus escrito o 15 de Maio de 2009 ás 18:15
Luisma, coido que a Movistar marcáronlle todo un gol, pois a xente está a preferir o HTM Magic ao HTC Dream. Iso si, a batería póñena a parir en todas partes, o que é un problema bastante grave.
Agardemos que o resto de terminais (que non sexan de HTC) estan aínda mellor, e así a cousa poderá pórse interesante (pois aínda falta moito para que pillen ao iPhone en aplicacións e chorradiñas).
141. Luisma escrito o 19 de Maio de 2009 ás 19:52
Hola Marcus, xa parece que isto sexa un consultorio persoal para min, a ignorancia é o que ten…
Imos ó gran. Nunha casa de nova construcción no rural, consideras necesario realizar a preinstalación de teléfono fixo? tendo en conta que a conexión non está precisamente ptreto.
E no caso de non facer a instalación telefónica, cal sería a mellor opción para acceder a internet? 3G? recordo que hai tempo podias contratar xunta co digital + tamén internet…é unha opción a ter en conta?
Moitas gracias Marcus!
142. Marcus escrito o 19 de Maio de 2009 ás 21:30
Luisma, a preinstalación do teléfono fixo dependerá principalmente de se hai previsión de ter acceso ao servizo de telefonía por redes fixas ou por WiMAX. De non ser así, sería tirar os cartos.
De non contar con acceso á Internet de banda larga polos métodos mencionados, unha das mellores opcións que hai hoxe é a tarifa plana de Simyo a través de 3G, pois cobran só 24,99 euros/mes por 5 Gb de transferencia por HSDPA, que unha vez superados pasan a 128 Kbps de velocidade (sen sobrecusto), aínda que funciona coa rede de Orange, polo que antes cómpre comprobar a cobertura (o que non é moito problema porque a tarifa non ten compromiso de permanencia). Este tipo de conexión sirve para ver webs e ler o correo, pero esquece as desargas P2P (para iso é imprescindible contar con ADSL ou cable, pois no resto de casos capan as conexións). Eu téñoa contratada en Melide, para ter acceso durante as fins de semana, e conectei o modem 3G a un router Asus (a nova Fonera tamén conta con esa posibilidade), de xeito que comparto a conexión co meu irmán. Vai bastante ben excepto en momentos puntuais (a fin de semana anterior a Semana Santa quedamos sen conexión).
No caso de problemas de cobertura, Vodafone ten unha tarifa semellante por 49,95 euros, da que parece haber moitos usuarios satisfeitos.
Sobre o de combinar a oferta con Digital+, as que lanzaron non pagaban moito a pena (de feito, Digital+ non merece moito a pena de xeito xeral). Iso si, non as confundas cos Tríos de Telefónica, que eses paquetes están asociados a liñas ADSL.
143. Luisma escrito o 21 de Maio de 2009 ás 8:22
Tamén escoitei algo de que no Bocelo hai unha antena ¿? instalada e quue instalando ti na casa un receptor che da acceso a internet, non sei en que condicións…
Como ves estou moi ben informado do asunto jeje
144. Marcus escrito o 21 de Maio de 2009 ás 11:09
Luisma, logo iso sería WiMAX. Nun principio o WiMAX ofrécencho cando solicitas a alta de telefonía fixa e ADSL e non tes cobertura de Telefónica pero si de tal tecnoloxía, de xeito que a operadora de turno cobra como un ADSL (39 euros/mes) pero dá unha conexión bastante máis limitada (coido que van a 512 Kbps, aínda que poderían dar velocidades moito máis altas). Pero desas cousas tes que preguntar a Telefónica, porque cada caso é distinto (todo depende de se estás nunha zona subvencionada polo PEBA).
145. Luisma escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 11:35
Hola de novo.
Facendo caso ó sabio apunte de Nacho de microsiervos, instaleime o Places Dorectory para Android. Quedei flipado ó ver que, ó contrario do que acontece con outras aplicaciós similares, aparecen unha gran cantidade de negocios de Melide, algúns incluso con fotos e opinións de usuarios. Imaxino que nas cidades será ainda máis completa a información.
Ultimamente estou abraiado coas prestacións que traen os “telefonos”. Quén sabe o que nos agarda en 4 ou 5 anos!
Saúdos!
146. Marcus escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 12:20
Coma o Places Directory tamén hai aplicacións para o iPhone, e cada vez aparecen máis para distintas plataformas móbiles, en boa medida pola integración de GPS nos terminais, polo que os vindeiros anos o que van marcar e a desaparición absoluta das guías de Páginas Amarillas en papel.
147. Rubén escrito o 5 de Xuño de 2009 ás 17:23
Boas Marcus!!
Non sei si saberás que vai abrir un PC City en Vigo a finais de xuño, vamos! que me estou a frotar as mans pensando nos precios por apertura. Ou as contra ofertas que poida facer media markt. O caso é que é o momento ideal para comprar o portátil dunha vez. Recopilando información desta sección do teu blog, e tendo en conta que quero un portátil potente (xogos, edición de video,…), vou poñer as características que máis ou menos debería ter o portátil, ti se podes, dime si estou no certo, ou si se pode mellorar, ou se teño que engadir algunha característica máis. Aí vai:
-Procesador: a poder ser Core 2 duo (en vez de dual core), de máis de 2 ghz de potencia. E que sexa da letra “P” en vez da “T”.
-Tarxeta gráfica: ATI ou N-videa con 512 mb de memoria dedicada.
-A RAM canto máis mellor, dende 4 gb.
-Presuposto: entre 600 e 700 €
Correxirías ou engadirías algo?
Espero que as ofertas por apertura sexan flipantes.
Moitas grazas pola tua axuda!
148. Marcus escrito o 6 de Xuño de 2009 ás 0:56
Rubén, sorpréndeme que abran unha PC City en Vigo cando están a pechar tendas no resto de España (iso lévame a pensar que as tendas de Coruña e Santiago están a dar beneficios) e supoño que os primeiros días haberá algunha oferta. De todos os xeitos recomendo mirar sempre antes na web, porque moitas das ofertas ó son on-line… (incluso con recollida en tenda).
Sobre o equipo, supoño que ata uns días antes de que o vaias pillar é difícil tomar unha decisión. Iso si, teño entendido que os equipos que veñan con Windows Vista a partir do 1 de xullo terán unha actualización de balde a Windows 7, o que sería un elemento a ter en conta á hora de decidir a data na que merques o equipo.
E sobre a RAM, aviso de que e montas un S.O. de 32 bits só vas poder utilizar 3 Gb de RAM, polo que andar pagando por máis de 4 Gb de RAM é unha chorrada (agás que teñas pensado montar Windows 7 de 64 bits).
Coa tarxeta gráfica, con 256 Mb de memoria dedicada a cousa tamén vai bastante ben, polo que deberás ponderar no momento se paga a pena a diferenza de prezo con 512 Mb de memoria dedicada (depende de ofertas puntuais).
Eu nun detalle que procuraría fixarme sería na resolución de pantalla, pois algúns modelos teñen resolucións moi baixas, e resultan incómodas para traballar con algunhas aplicacións. Tamén está o detalle da batería, pero iso é todo un mundo (depende moito de se pensas usalo enchufado á corrente ou levalo a todas partes).
149. Alberto escrito o 8 de Xuño de 2009 ás 13:27
Nokia N97, que me contas?
150. Marcus escrito o 8 de Xuño de 2009 ás 15:01
O Nokia N97 é o novo buque insignia de Nokia, que vai chegar a España tanto con Movistar coma con Vodafone (aínda que neste último caso hai que esperar ao 1 de xullo). O terminal é completísimo (pantalla de 640 x 360, A-GPS, compás, HSDPA, Wi-Fi, cámara de 5 Mpíxeles con gravación de vídeo, conector para auriculares estándar, 32 Gb de memoria interna ampliable con tarxetas microSD e unha boa autonomía).
Segundo o consumo que teñas ao mes pode chegar a saír a bo prezo, aínda que polo xeral sairá caro.
¿Defectos? É bastante gordo e pesado (en boa medida, polo teclado QWERTY), a súa pantalla é resistiva (prefiro as capacitivas) e o sistema operativo dos smartphones de Nokia non convencen a todo o mundo.
151. Rubén escrito o 8 de Xuño de 2009 ás 17:37
Estiven vendo un folleto de El Corte Inglés, e nel aparecía a clasificación dos procesadores Intel.
Estando no primeiro posto os Q9100, Q9000, T9XXX,…
E no segundo posto os T8XXX e P8XXX,….
Supoño que un bo procesador sería por exemplo un P8XXX, do que sae só un no folleto, os demáis son do tipo T6XXX.
O que sae no folleto e o Toshibba SAtellite U400-177 con P8600 (2,4 GHz), pero por 849€ e con tarxeta gráfia Intel (puajj) GMA 4500M.
A ver si os vexo de menos precio na apertura de PC City. Por certo no mesmo centro comercial (aunque é máis ben un parque comercial) van a abrir un Worten, que creo que é a competencia en Potugal de Hiper Planet.
152. Luisma escrito o 9 de Xuño de 2009 ás 9:13
Bos días meus!
¿que opinades sobre o novo iphone?
¿Sodes dos que credes que as melloras son suficientes ou dos que están defraudados porque esperaban que tivera patas, navalla suiza e set de maquillaxe?
Agardamos o teu post sobre o iphone Marcus (non é por presionarte)
153. Marcus escrito o 9 de Xuño de 2009 ás 13:02
Luisma, mirarei de dedicarlle unha entradiña á merda esa do iPhone 3G S. Eu esperaba algo máis para renovar o meu terminal, pero visto o visto… supoño que botarei unha ollada ao que ofrecen o resto de fabricantes.
Os analistas xa andan a dicir que os poucos cambios indican que para o ano que vén presentarán un iPhone totalmente novo.
154. Va de Malo Sera escrito o 12 de Xuño de 2009 ás 1:43
Ola Marcus, estoy mirando de cogerme internet movil para el portatil, por el curro de mi novia que hoy puede estar en coruña al siguiente en un pueblo perdido de la galicia profunda.
He mirado todas las compañias que conozco y en todas me acaba saliendo por a 39€ sin IVA con el alquiler del modem USB, a parte de que te intenten liar con cuotas de descarga y demás historias, unos si te pasas te cobran una barbaridad.
Me podrias guiar en que compañia cres tú que tiene la mejor calidad en galicia de cobertura 3G y movil normal y si conoces alguna compañia que tenga precios más bajos.
Soy cliente de R, combo R con dos lineas de moviles y mi novia de Orange, por si sabes si hay algún tipo de oferta especial para clientes.
Graciñas mil, meu.
155. Marcus escrito o 12 de Xuño de 2009 ás 2:40
Eu emprego Simyo as fins de semana en Melide, e agás cando hai algunha incidencia, vai moi ben. Emprega a cobertura de Orange (en Melide non é mala) e custa 24,99 euros/mes por 5 Gb de transferencia (ao superalos a velocidade pasa dos 3,6 Mbps a 128 Kbps). É sen dúbida a mellor oferta do mercado (e tamén ofertan un modem USB libre por só 39 euros), coa vantaxe adicional de que non ten compromiso de permanencia (se vai mal, cambias de compañía e listo).
No caso de que nas zonas onde se mova a túa moza non haxa boa cobertura de Orange, a mellor opción é directamente Vodafone, pues é a operadora que dá o servizo de máis calidade nas comunicacións de datos, aínda que o cobra ben. Iso si, Vodafone permite contratar unha especie de combo ADSL+banda larga móbil que tamén resulta moi interesante.
Algo que tamén hai que pensar é se realmente queremos unha tarifa plana para o portátil, pois para o móbil estas tarifas son moito máis baratas (normalmente entre 10 e 15 euros/mes) polo que se temos un smartphone podemos continuar estando conectados e á vez aforramos uns cartiños ao mes.
Ah, e nin R nin Orange teñen boas ofertas de banda larga móbil. Unha mágoa, pero é así.
156. Va de Malo Sera escrito o 12 de Xuño de 2009 ás 11:43
Ok, moitisimas gracias pola informacion, tomo nota e xa che comentarei que tal foi se nos decidimos a mercar unha.
157. Luisma escrito o 13 de Xuño de 2009 ás 11:54
Boas Marcus, entón esa opción de vodafone (a de adsl+banda larga móbil) sería axeitada para a miña casa no rural. ¿Imaxino que o adsl virá capado non?
158. Marcus escrito o 13 de Xuño de 2009 ás 18:22
Luisma, posiblemente non. Para poder contratar ADSL+3G tes que ter cobertura de ADSL, ou sexa, que en realidade son dous servizos distintos, pero facturados en conxunto. Non coñezo os detalles da oferta coñecida comercialmente coma Internet Siempre Contigo pois aínda que nun dos blogs oficiais da compañía na súa web non aparece.
Polo que vin, dá a impresión que temos un ADSL de 6 Mbps + unha banda larga 3G por 68,9 euros/mes, o que semella un prezo competitivo (sempre que inclúa IVE e liña telefónica). A oferta tamén incluiría chamadas a teléfonos fixos e móbiles (aínda que estes últimos, con certas limitacións).
159. Rubén escrito o 8 de Xullo de 2009 ás 16:03
Hola Marcus!
Ó final xa merquei o portátil, e esta e a elección definitiva:
http://www.pccity.es/terra/portatil_acer_aspire_as5738g-844g50mn__lx.pam0x.079__60013484_p.html
Eu creo que está bastante ben: procesador P8400, tarxeta gráfica de 512, 500 Gb de memoria,…
En fin, en principio estou moi contento pola compra.
Ti que opinas?
160. Marcus escrito o 8 de Xullo de 2009 ás 17:28
Rubén, o equipo non está nada mal: completo e a bo prezo. ¿Que tal de autonomía?
161. Rubén escrito o 8 de Xullo de 2009 ás 19:36
Pois aínda non o sei, porque o merquei onte, e ainda estou agardando a que mo manden a casa. En canto chegue, digoche a autonomía
162. Rubén escrito o 11 de Xullo de 2009 ás 16:27
Hola Marcus!!
Unha vez teña o portátil nas miñas mans, que me recomendas con respecto o tema:
Vista vs. Windows7 vs. WindowsXP
Que fago?? En principio quería meterlle dende o principio o Windows7, non me gusta o vista, e con respecto o XP, pois estaría encantado de seguir con él, pero lin por ahí que hay problemas de compatibilidade ou que non reconoce algunhas partes dos novos equipos.
163. Marcus escrito o 11 de Xullo de 2009 ás 19:59
Rubén:
É difícil (e pouco recomendable) usar XP nun equipo moderno, por non contar con drivers actualizados (e moitas veces, nin con drivers). Eu de ti instalar en arranque dual Windows Vista e o Windows 7 RC de 64 bits (para que aproveite toda a RAM). Cando o Windows 7 saia en octubre, poderás actualizar o Vista (supoño que co equipo novo terás unha especie de vale por unha actualización de balde), pero mentres podes fozar coa Release Candidate do 7 (que vai bastante ben).
164. Rubén escrito o 15 de Xullo de 2009 ás 18:01
Tiven un pequeno problema co portatil (si o primeiro día, fuck!) e tiven que instalar de novo o Vista, o problema e que so me reconoce 3 dos 4 Gb de RAM que teño, será porque instalei a version 32 bits de Vista?
165. Marcus escrito o 15 de Xullo de 2009 ás 18:56
Rubén: Si, diches no cravo. Precisamente por iso recomendábache pillar a versión de 64 bits de Windows 7 (podes descargar a RC de balde).
Ata o momento as versión de 64 bits non compensaban porque poucos ordenadores tiñas máis de 3 Gb de RAM e eran menos compatibles, pero o Windows 7 inclúe modos de compatibilidade bastante ben feitos.
Vaia, que a xente vai flipar bastante nos próximos meses polo problema que detectaches. Moitos pensarán que os tangaron na tenda, cando a limitación está no sistema operativo e non no hardware.
166. Fandiño de Cea escrito o 6 de Agosto de 2009 ás 14:17
Saudos Marcus.
Querría facerme con unha xbox360 para este verán.
Teño a sá intención de “flashea-la” e non me chama nadiña o de xogar online (coas consecuencias negativas que eso ten).
Dirixínme a Todoconsolas, para encontrarme con que non vendían ningunha consola “actualizable” (salvo a Elite, pero coido que son moitos cartos por algo que non vou utilizar ó 100%).
Así que… algunha axuda para saber onde atopar unha consola actualizable? (pérdome polos foros, sinceramente)
Graciñas por todo
167. Marcus escrito o 6 de Agosto de 2009 ás 15:19
Todoconsolas é un mal sitio para mercar consolas, pero coido que cando dis que non teñen Xbox 360 flasheables falas do xeito doado (e de balde). Ou sexa, que agora, non chega con conectar a consola ao PC e reflashear, senón que hai que tirar de soldador, proceso que si que fan en Todoconsolas. Coido que poden actualizar todos os modelos de Xbox 360, só que cos modelos novos (os vellos son case imposibles de atopar) hai que pasar por caixa (40 euros) mentres que cos anteriores a cousa saía de balde.
Sobre onde mercar a consola, coido que en todas partes o modelo Arcade está a 179,95 euros, aínda que igual interésache mirar en varias tendas por se hai ofertas con algún xogo (por exemplo, por 199,98 euros en Gamestop teñen a consola co Lips e os micrófonos, o que é unha boa oferta se gustas dos xogos musicais).
168. Fandiño de Cea escrito o 6 de Agosto de 2009 ás 22:03
Eu, se poden facer o flasheo profesionais, non me importa pagar, sobre todo en Todoconsolas que conta con garantía.
Agora creo que en Todoconsolas, no tocante as xbox, pagánse todos os flasheos (sexan novas ou vellas). E creo que hai modelos q prefiren non tocar.
Graciñas pola resposta, xa che contarei. ;D
169. Marcus escrito o 6 de Agosto de 2009 ás 23:40
Si, claro que cobran por todos os flasheos, só que cos modelos de hai máis dun ano e medio só era preciso abrir a consola e conectar o DVD ao PC, mentres que nos modelos novos hai que facer algo semellante a chipear. Ata hai uns meses non podían facer nada cos modelos novos, pero cambiou hai pouco o conto (de feito, hoxe mesmo incluíron un novo modelo de lectora de DVD na web de Todoconsolas).
170. Alberto escrito o 1 de Setembro de 2009 ás 18:44
Hola marcus,
unha duda me asalta: que vira despois de twiter e facebook que nos faga tolear a todos?
171. Marcus escrito o 1 de Setembro de 2009 ás 19:53
Alberto, hai que ter en conta que Twitter e Facebook xa teñen anos,e poden evolucionar (como tamén aconteceu cos blogs). Posiblemente a nova tolería podería ser Google Wave (pero aínda tardaremos bastantes meses en ver tal tecnoloxía na rúa) ou algunha plataforma orientada ao seu uso dende o móbil (as tarifas planas de datos dende o móbil deberían imporse aos SMS). De todos os xeitos, teño a bola de cristal escarallada… seica polo apagamento analóxico
172. Tonecho escrito o 13 de Setembro de 2009 ás 0:34
Hola Marcus.
Sempe que intento entrar na tua paxina dame unha mesaxe de erro e non me permite abrila. Se cambio o final da direccion e aumento category e algo mais, deixame entrer de forma correcta. E problema meu ou do blog??.
Graciña e perdoa a miña ignoracia nestes mundos da internete.
173. Marcus escrito o 13 de Setembro de 2009 ás 12:57
Tonecho, dado que teño probado este blogue dende moitos navegadores e equipos entendo que o problema está no teu ordenador, e moi posiblemente no engadido de Flash, que o podes ter mal instalado. ¿Funciónanche os vídeos? Supoño que non, e que aí está o problema. Se vas á páxina web de Adobe podes instalar unha nova versión do Flash e saír de dúbidas.
174. Tonecho escrito o 13 de Setembro de 2009 ás 21:08
Ok, graciñas.
175. Galiciandreamer escrito o 22 de Setembro de 2009 ás 16:47
Ola Marcus. A ver se me podes dar algún consello. Preciso mercar unha TV de 32”. Ademáis de que sexa Full HD, que leve USB e ranura de ampliación, os HDMI, o TDT de alta definición, etc, debería reparar nalgunha cousa mais que me esqueza?¿Samsung, LG, unha Bravia, Philips…? Entre modelos concretos noto un chisco de diferencia na definición de bordes, comparados cara a cara, pero hai moi pouca diferencia en xeral. Os prezos non son determinantes.
Gracias.
176. Marcus escrito o 22 de Setembro de 2009 ás 19:37
Galiciandreamer, o certo é que de 32 polgada podes atopar bos televisores de case calquera marca. Eu compararíaos en persoa antes que por características técnicas, pero habitualmente os que dan unha imaxe máis agradable son os Sony BRAVIA. Tamén son bastante bos os LG Scarlett. Na mesma liña os televisores de Philips son equiparables, cun prezo máis económico (ou esa foi a impresión que me deu).
Dependendo do lugar onde vaias a colocar o televisor, un detalle que tamén pode ser interesante mirar é cómo reacciona aos reflexos (algunha pantalla vese realmente mal preto dunha fiestra, por dar un exemplo).
O que non entendo moi ben é por qué buscas un televisor de 32 polgadas con tantas prestacións, pois nese caso custa practicamente o mesmo un televisor de 37 polgadas (supoño que será limitación do lugar onde vas colocar o televisor).
177. Galiciandreamer escrito o 23 de Setembro de 2009 ás 10:52
Efectivamente, a limitación de tamaño ven imposta tanto polo espacio físico para poñela como pola distancia entre TV e sofá. Non pode sobrepasar uns 80cm de ancho. A 32 xa vai mais que sobrada (pero coller menos tamén me parece un anacronismo e perder prestacións). Xa che comento que estiven a catalas en persoa e todas convencen, salvo algún modelo puntual (que non marca). Cos reflexos xa hai agora problema; a solución é sempre baixar a persiana. Comprobar iso na tenda antes de mercala é complicado.
Refinarei entón a procura; o que non apreciei é que as Philips fosen mais baratas, supoño que porque nesta gama xa incorporan case todas o Ambi Light e cóbrano como se fose gran cousa.
178. Marcus escrito o 23 de Setembro de 2009 ás 11:50
Iso das Philips máis baratas supoño que sería algo puntual. Ah, e os modelos que vin eran sen o Ambilight, que segundo vexo encarece bastante os televisores. O modelo no que me fixara (o 32PFL5604H) custa 599 euros, sendo equiparable a un Sony BRAVIA de 649 euros, pero hai que admitir que non son televisores baratos, pois por eses cartos podes pillar un de 37-40 polgadas.
179. Blanco escrito o 13 de Novembro de 2009 ás 10:39
Boas!
Teño un ordenador do ano 2006 máis ou menos e andaba pensando en cambia-la gráfica se gastar moito máis alá dos 60 euros, é pra xogar para que engañarnos, se cadra algo de CAD ou así usarei, pero o principal son os xogos, e quería ver se me podías aconsellar un pouquiño, este é o meu equipo:
Placa: Gygabyte PB 775/Dual core/Sata II/PCI – E
Procesador: Intel 3GHZ 775 DUAL CORE (830)
RAM DRII PC533 1024+1024
A placa debe ser esta
Enlarge View
GA-8I945P-G
1. Supports Intel® Pentium® D Processor
2. Supports new generation dual channel DDR2 667 memory architecture
3. Integrated new generation SATA 3Gb/s storage interface
4. Experience revolutionary graphics with the PCI-Express x16 interface
5. Features integrated high-speed Gigabit Ethernet connection
6. Features 8 channel Intel® High Definition Audio
http://www.gigabyte.com.tw/Products/Motherboard/Products_Overview.aspx?ProductID=1906
E A gráfica que teño agora é esta: RADEON X550 (ATI display adapter (0×5B63))
Moitas grazas!
180. Marcus escrito o 15 de Novembro de 2009 ás 21:41
Blanco, dentro dese rango de prezo poderías optar por unha nVIDIA GeForce 9500GT, como as que teñen en APP por 48,50 e 56,80 euros con nada menos de 1 Gb de memoria. A máis cara destaca por ter saída de televisión analóxica, o que podes agradecer en certos casos.
Supoño que ao actualizar a tarxeta o que notarías principalmente con respecto da túa ATI Radeon actual sería unha mellora nas texturas nos xogos, así coma no feito de poder activar algún dos típicos efectos das tarxetas nVIDIA (normalmente prefíroas ás ATI).
181. josiño escrito o 5 de Marzo de 2010 ás 13:43
Hola Marcus,teño unha dúbida e creo que tí podes aclararma,ou iso espero.O tema é que adquirín un iPhone 3Gs,pero por descoñecemento e falta de picardía actualicei ó Firmware 3.1.3 e cambioume a Bandbase e agora ,aparentemente,non o podo jailbreakear.Sabes se hai algunha maneira de facelo?Digoo porque eu levo no mundo iPodun ano aprox. e no mundo iPhone 1 semana.Gracias pola axuda por adiantado.
Vémonos.
182. Marcus escrito o 5 de Marzo de 2010 ás 21:58
Josiño, coido que co blackra1n non terás problema en facer jailbreak co novo firmware, pero metiñes a zoca ao actualizar (cada vez que actualizas sen coidado nos iPhone actuais vas pechando portas de cara ao futuro). Eu coma teño o iPhone 2G non teño ningún problema dese tipo (é un terminal moi vulnerable pero os 3GS teñen unha protección moi superior).
O grande problema da actualización da baseband non está no jailbreak senón na liberación, aínda que teño entendido que a baseband 05.12.01 ten un fallo de seguridade que permitiría liberar o iPhone 3GS tras a actualización, pero non queren publicalo ata que saia o novo iPhone 4G (ou como sexa o seu nome) para ver se non corrixen o fallo, e así poden aproveitalo en ambos modelos. Vaia, que actualizar a cegas podería ter graves consecuencias (coma non poder usar o móbil con outra operadora durante case medio ano).
183. josiño escrito o 6 de Marzo de 2010 ás 13:21
Bueno,a min o de non utilizar con outra operadora dáme igual,a verdade,o que pasa que sacarlle proveito ás apps se pasar por caixa é moi atractivo.Pero nada,haberá que esperar.Graicas meu.
184. Marcus escrito o 6 de Marzo de 2010 ás 19:00
Josiño, se non vas a usar outra operadora, logo podes facer jailbreak, aínda que coido que dá problemas de cando en vez (ou sexa, que ás veces tes que volver a facer a operación de jailbreak porque o terminal queda parvo).
185. Brigantium escrito o 12 de Marzo de 2010 ás 0:17
Ola!
Que sabes disto?
http://i21.photobucket.com/albums/b251/xrnovoa/prensacolor.jpg
186. Marcus escrito o 12 de Marzo de 2010 ás 1:06
Sei que ten páxina en Facebook e que posiblemente teña outra hora de emisión.
Teñen planeado subir os programas a YouTube, aínda que non será dende o primeiro momento.
Por desgraza, dende o meu barrio non podemos pillar Localia ata que a incorporen a R (posto que recibimos o sinal televisivo de Penamoa e non dende Bailadora, ou iso teño entendido).