Xoves, 8 de Maio de 2008

Batman: Gotham Knight

Batman en plan anime
Gotham Knight sae directamente en DVDA revista Wired vén de publicar un artigo sobre película de animación Batman: Gotham Knight que sairá directamente en DVD e Blu-ray para arroupar a chegada aos cines da nova película de Batman de acción real, The Dark Knight. Este novo título promete ser unha especie de Animatrix con 6 historias, das que algunha é obra de guionistas moi coñecidos por parte dos seguidores do Señor da Noite coma Brian Azzarello e Greg Rucka. Batman enfrontarase a inimigos coma Killer Croc, o Espantallo ou Deadshot nestas historias que destacan pola súa estética.
A min paréceme especialmente rechamante a aparencia de Batman na imaxe que encabeza esta entrada, pois case parece un deseño de Peter Chung (Dark Fury e Aeon Flux), aínda que o resto de estilos tamén teñen o seu aquel, coma se pode ver no trailer da película:
Os fotogramas dun Batman planeando tamén me pareceron algo raros, pois con ese deseño de traxe e movementos parece saído das series de animación do Comando G, o que tamén me fai desexar que retomen a eses personaxes para a animación ou coma personaxes reais. As revisións dos seus comics son moi boas, e coma o retro está de moda igual caen un ano destes.
Ao ver hai uns anos o anuncio xaponés da operadora NTT crin que algúen se animaría coa película:

Soñar é de balde.

Sen comentario!

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios