Anatomía de Sasha Grey
Esta semana en NewPCT apareceu unha desas películas porno que meten no medio de series de televisión e películas para incrementar a audiencia que me sorprendeu:

¿Por qué me sorprende que fagan unha homenaxe/parodia de Anatomía de Grey en plan porno? Pois simplemente porque a serie orixinal vai de médicos que pasan máis tempo fodendo que atendendo aos seus pacientes, polo que supoño que a única diferenza que haberá entre a serie de Ellen Pompeo e a película de Sasha Grey serán os primeiros planos de órganos sexuais, porque o que se di de argumento… ![]()
¿Qué foi deses grandes clásicos coma Eduardo Panospenes, Splatman ou Los Pichapiedra? ¿Xa non saben parodiar ás películas de moda dende as películas porno?






3 comentarios realizados
1. Mnemonick escrito o 14 de Maio de 2008 ás 4:29
Agora dedícanse o “Scary Movie” ou “Case 300″, que non sei se dicirche que son aínda peores que as que mencionas.
Pero sempre haberá grandes clásicos coma “Penetrator”, “Tetanic”, ou novas incorporacións coma “Piratas” xa en Blu Ray (coidado cos detalles).
2. Marcus escrito o 14 de Maio de 2008 ás 9:59
Pero xa se poderían atrever a facer un Hulk porno cun fulano mal pintado de verde… e pintando ao mesmo fulano de vermello tamén podería facer de Hellboy
Sobre o porno en Blu-ray coido que vai tardar en imporse, pois é moito máis complicado do que parece: as actrices quéixanse de que se notan demasiado as cicatrices das operacións. Vaia, que en vez de investir en cámaras terán que gastar os cartos en maquillaxe
3. marcus.es » ¿Chegaron á súa fin as parodias porno? escrito o 22 de Xuño de 2008 ás 2:38
[...] estas obras, cando menos se poden levar a confusión ou poden prexudicar unha marca, e aínda que a Anatomía de Sasha Grey parece que unha nova película que pretende repetir a experiencia do porno para gamers da que xa [...]