Sábado, 31 de Maio de 2008

Grande éxito da Xuntanza de Blogueiros en Agolada

Hoxe tiven a fortuna de poder participar na primeira Xuntanza de Blogueiros en Agolada, e a experiencia foi moi enriquecedora.
A asistencia foi masiva:
Chegada a Agolada
Eramos unhas 50 personas (preto da metade, blogueiros), pero como é de xustiza ligar cada blog que fixo acto de presenza mañá procurarei facer unha reseña completa do que foi este evento celebrado no inigualable escenario que conforman os Pendellos de Agolada.

Venres, 30 de Maio de 2008

O candidato visto por JMV

Esta semana en Actualidad Económica publican unha tira de Jesús Martínez del Vas na que dá a súa visión sobre o candidato popular máis discutido dos últimos tempos:
Candidato polémico
Xa estou vendo a Mariano cantando “PPerrea, PPerrea”.

Os móbiles son malos

Existen moitos informes contradictorios sobre os efectos das ondas electromagnéticas na nosa saúde, pero deixando iso aparte, o que está claro é que os móbiles son malos, pero que moi malos. E se non o credes, mirade a reacción dun móbil cando intentan esbouralo no microondas:

O vídeo é unha aténtica pasada (nal últimas horas está a aparecer nunha chea de blogs), e o efecto especial case dá o pego (ben podería valer coma vídeo viral para promocionar a película Monstruoso).
Coido que de facer o experimento na práctica o microondas se escaralla de contado, pois a batería do móbil ten moito metal. E se non se escaralla, limpalo logo seguro que sería unha tarefa titánica.

Xoves, 29 de Maio de 2008

Xogo para partir as cachas

Táboa de equibrio usada co cu
O novo Rayman Raving Rabbids TV Party permitirá levar o concepto de partir as cachas un paso máis adiante, pois se ven normalmente os coellos tolos de Rayman non fan rir moito, nesta caso o uso do cu é moito máis literal:

Creo que os d Nintendo non tiñan pensado un uso semellante para a súa táboa de equilibrio, ¿verdade?

Mércores, 28 de Maio de 2008

Batman ten problemas de actualizacións

Dende Bizarro Comics ilustraron os problemas que ten Batman ao actualizar o sistema operativo da Batcomputadora:
páxina 1páxina 2

páxina 3páxina 4

páxina 5
A verdade é que enfrontarse aos servizos de atención telefónica cun “son Batman” ten a súa coña, pero admito que aínda me molestan máis os atrancos que poñen algúns programas para a súa instalación. ¿Cómo é posible que sexa máis complicado instalar un produto orixinal que unha copia pirata? Porque iso de meter un número de serie e activar un sistema operativo (ás veces, por teléfono), e logo ter que respostar a unha chea de preguntas cando existen copias desatendidas dá moito que pensar.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios