Luns, 28 de Abril de 2008

Chegan o Wii Fit e Grand Theft Auto IV

Hoxe en RadioVoz estiven a falar de distintos temas con Isidorio Valerio, como a saída do AVG Anti-Virus Free Edition 8.0, o dicionario de galego en liña de Ir Indo, a rede social da WWE e o lanzamento do GTA IV:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Si, si, comezamos bromeando un pouco sobre a Wii Fit, porque se comezou a vender en España o pasado venres, e hoxe mesmo vin a táboa de equilibrio en funcionamento no Carrefour:
Wii Fit no Carrefour
Non hai dúbida, o produto vai venderse moi ben, aínda que limitado polo reducido número de Wiis que hai en España. Non o digo de coña, pois Nintendo comercializou moitas máis unidades noutros países, de aí que aquí fose tan difícil de conseguir a consola. Cando a Wii acade unha masa crítica importante vermos coma os accesorios voarán das tendas (polo momento a Wii Fit se pode mercar sen problemas de stock).
Pero o lanzamento de Nintendo vai quedar eclipsado polo Grand Theft Auto IV, que vai ser posiblemente o xogo do ano. Van vender moitísimo, e máis de un mercará a Xbox 360 só por este xogo (algúns tamén picarán coa PS3, pero coido que aínda é demasiado cara como para que chegue a imporse á consola de Microsoft).
Iso si, ¿alguén se atreve a pór unha data para que nos telexornais aparezan asociacións de pais denunciando o xogo? Eu apostaría algo a que vai ser mañá mesmo, co lanzamento do xogo, cando veremos as primeiras queixas nos informativos, para que durante a fin de semana haxa incluso algunha reportaxe sobre a tópica violencia nos videoxogos (curiosamente nunca critican de igual xeito ó cine nin á televisión, pese a que dende CSI ata as series de médicos son máis violentas que o GTA IV).

6 comentarios realizados

a gravatar

1. Mnemonick escrito o 29 de Abril de 2008 ás 0:44

Pirata! Carrefour de Alfonso Molina, A Coruña? A cabeceira de GT5 é miña, que fun quen a currou. Jajaja.

Pódoche dicir que, de media, reservas xa ían en casi tódolos sitios por 70, todas vendidas. O parque de Wii no país é realmente grande, e pódoche dicir que por cada 2 ou 3 XBox/PS3, saen 4 Wii (cabe dicir que a diferenza de precio é obvia, ou ERA obvia). Se non hai máis, é por culpa de Nintendo, que as trae con contagotas.

De todalas maneiras… 89,90€ por un cacho plástico con sensores… Nintendo é o rei dos periféricos de pro (recordemos só o volante para o Mario Kart, que se queres outro, dez euracos que te clavan). En fins…

a gravatar

2. Marcus escrito o 29 de Abril de 2008 ás 2:24

Si, si, a Wii véndese moitísimo, pero en xaneiro falaban de 660.000 unidades en España, aínda que iso no é nada comparado cos 2,6 millóns de Nintendo DS que se venderon na mesma data en España (e da portátil non hai problemas de stock nunca).
Curiosamente en España apenas se vende a Xbox 360, pese a que é a consola coa mellor relación calidade/prezo e co importante detalle de que se pode piratear. Vaia, que pola Rede circulan xogos para Xbox 360, algo que para a PS3 parece tardar moito.
En xeral teño entendido que 3 de cada 4 consolas que se venden en España son de Nintendo pero tal relación non se converva nos xogos, pois moita xente que pilla a Wii queda con xogo e deportes e pouco máis. Curiosamente a plataforma máis rendible para o desenvolvemento de xogos é a Xbox 360, pois é a consola cunha relación consola/xogos máis elavada (os usuarios mercar de media entre 6 e 7 xogos por consola, o que é moitisimo se temos en conta o prezo dos xogos). Precisamente por iso Nintendo saca o Wii Fit: para forzar aos propietarios duha Wii a sacala do caixón e volver a usala. Aínda que a culpa desta situación é principalmente dos creadores de xogos, pois parece ser que só os de Nintendo saben facer xogos decentes para Wii, e os do resto de compañías dan peniña. E claro, Nintendo non vai parir un Mario Galaxy e un Super Smash Bros. Brawl cada mes…

a gravatar

3. Manuel Rivas escrito o 29 de Abril de 2008 ás 3:00

Eu son dos 660.000 que teñen a Wii. E dos poucos que teñen o Wii Fit. A verdad é que 90 € non é barato, pero a verdade é que é incríble. Só levo dous días co carallo do xogo, pero estou enganchadísimo. Ademáis que efectivamente faite facer exercicio.

a gravatar

4. Marcus escrito o 29 de Abril de 2008 ás 10:10

O do exercicio coa consola é algo moi limitado, e o propio Miyamoto defende o seguinte:

Pasar demasiado tempo en casa xogado videoxogos non é bo. Eu sempre llle digo aos meus fillos que saian nun día soleado, e eu mesmo fun onte a correr a Central Park. Pero sempre fago os meus estiramentos en Wii Fit. As dúas cousas funcionan ben xuntas.

Agora eu propoño que saquen un accesorio que sexa un caldeiro con auga, para adestrar a capacidade de buceo antes de ir á piscina ;)
Penso que o Wii Fit vai manter a boa saúde das vendas da Wii, aínda que sospeito que o Rock Band tamén vai funcionar moi ben para a consola doméstica de Nintendo.

a gravatar

5. Mnemonick escrito o 1 de Maio de 2008 ás 18:18

De Nintendo DS non hai nunca problema de Stock porque o mercado vese abatecido polas 2.5 millóns de máquinas producidas por mes. Pola contra, XBox 360 sae o mercado cun número aproximado de 1.6 millóns (no sei se mensuais ou incluso trimestrais -imos pensa-lo mellor-). Wii ven producindo 1.8 millons de máquinas por mes dende a súa saída ó mercado, e aínda que tiveron idea de aumenta-la producción, evidentemente non o fixeron dado que o mercado auto-regúlase moi ben: a falta de Wii provoca ansia, que provoca demanda, que provoca o consumo masivo, e volta a comezar. Fácil.
Agora fixémenos nos costes de Wii: 158$; o seu PVP, 250. 92$, que grazas o cambio maxistral das compañías (outro tema a discutir), tórnanse 92€. Non hai datos claros para a DS, e mellor así… podémonos facer unha idea. E se sumamos o tempo das suas presenzas no mercado, sumado a declaración do presidente da Gran N, ¿aquí quén fai o negocio?.
Os seus competidores xa fixeron rebaixas sustanciais por compoñentes. ¿Está Nintendo admitindo implícitamente que as súas máquinas xa veñen a precio coste? ¿Que é unha realidade que tódolos compoñentes veñen da GameCube, con lixeiras variacións?
O claro é que Nintendo marca o tope mínimo para os demáis nesta Xeración de consolas, pero pode ser un reinado moi efímero.

Por certo, teño DS, PS3, PS2, PSP e xoguéi a Wii… pero non é a máquina que espero pra xogar. Eu quero xogar, non un ratiño… horas e horas.

a gravatar

6. Marcus escrito o 2 de Maio de 2008 ás 18:32

Mneminick, o que eu non entendo é por qué Nintendo distribúe poucas Wii a España. ¿Será pola piratería? Pois aínda que é certo que fabrican poucas unidades a nivel mundial, o Reino Unido (só por pór un exemplo) recibe moitísimas máis unidades, de aí que os xogos da Wii aparezan con máis facilidades nas listaxes de vendas.
Tamén concordo que a Wii non é unha consola para gamers. Precisamente o seu éxito están en ter aos casuals como público obxectivo.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios