Venres, 4 de Abril de 2008

South Park remata coas estrelas de YouTube

En YouTube naceron moitas estrelas coma o tío que se disfraza en plan Tron, o tolambrán que berra que deixen en paz a Britney Spears, o Star Wars Kid, o que canta Chocolate Rain, o do Numa Numa, o esquío dramático, o panda que esbirra, o ninja negro, o bebé que ri… e no último episodio de South Park lles fan toda unha homenaxe:

Iso si, Trey Parker e Matt Stone non puideron deixar a cousa estar, e decidiron rematar con tódolos personaxes ao máis puro estilo Reservoir Dogs:

A verdade é que non creo que haxa un xeito mellor de promocionar a web South Park Studios (na que se poden ver tódolos episodios da serie enteiros) que derrotando aos principais éxitos de YouTube literalmente. Iso si, coma os de South Park son norteamericanos non meteron a Rodolfo Chikilicuatre no allo ;)

4 comentarios realizados

a gravatar

1. fandi escrito o 5 de Abril de 2008 ás 15:13

Xa vira o video de south park , e paréceme bestial o que pasa e que non coñecía a moitas das estrelas do youtube.

Non mencionas no teu comentario a outras estrelas que saen no video, iso si, non sei por que, non aparecen no transcurso da historia. Trátase dos Back Street Boys chineses …
( http://br.youtube.com/watch?v=N2rZxCrb7iU&feature=related )
a súa actuación no youtube tampouco ten desperdicio.

a gravatar

2. Marcus escrito o 5 de Abril de 2008 ás 18:10

Fandi, non mencionei aos meus idolatrados Back Dormitory Boys porque só saían de fondo, e non morrían ao final. Tamén sae unha rapaza de fondo que igual era a Lonelygirl15, pero non estou certo.

a gravatar

3. fandi escrito o 5 de Abril de 2008 ás 20:24

ahá, perdoa pola osadez ;)
non coñezo, ao igual que non coñecía a algún outro á rapaza esa á que mencionas, e poño lonely.. no tube e salenme cen mil videos.
De todas maneiras, grazas por desglosar este final de south park, que simplemente, é bestial.

a gravatar

4. Marcus escrito o 6 de Abril de 2008 ás 18:57

Fandi, ousadía, ningunha. O da lonelygirl15 era unha suposta moza que contaba a súa vida en YouTube, aínda que ao final se descubriu que era unha actriz. Coido que é a que sae detrás dos chineses, polo xeito de levar o cabelo:

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios