Mércores, 23 de Abril de 2008

Sweet About Me

Gabriella Cilmi, a que algúns chaman a Amy Winehouse sobria tenme enganchado coa súa canción Sweet About Me:

Si, si, é a canción o anuncio de Rexona:

Está visto que a publicidade televisiva continúa a ter o seu peso coma promoción musical.

WWE: Clinton vs Obama

O luns pola noite na WWE os candidatos das primarias norteamericanas Hillary Clinton e Barack Obama ían a enfrontarse coma se podía ver no seguinte vídeo:

E finalmente o combate foi épico:

Supoño que dende YouTube borrarán o vídeo, e en tal caso sempre se pode ver na web oficial da WWE.
Por raro que pareza, en EE.UU. están a demostrar un humor que dende aquí é difícil imaxinar. Se fixesen algo semellante con Alberto Ruíz-Gallardón e Esperanza Aguirre seguro que se ofendía moita xente, ¿verdade? E logo somos nós os que dicimos que os americanos non saben o que é a democracia :(

Martes, 22 de Abril de 2008

Spy Hunter continúa a estar de moda

Mirando uns vídeos en liña atopei un vídeo promocional do Pontiac G8 GT que me molou bastante:

Eu non son un apaixonado dos coches, pero ver que o xogo Spy Hunter segue a inspirar a algúns me deixa flipado. Aínda lembro cando xogaba á máquina recreativa nun bar de Rianxo, ou da súa versión para Spectrum. Sobra dicir que o teño cargado no MAME ;)
E todo iso sen mencionar que o xogo tamén podería ter inspirado o sketch de La Lancha Fantástica nos Simpson:
La Lancha Fantástica
A descripción que facía Homer da serie televisiva era lapidaria:«siempre encuentra un rio, una acequia o un canal para perseguir a los malos» :D

Xuntanza de blogueiros en Agolada

Onte publicouse o programa da Xuntanza de Blogueiros que terá lugar en Agolada o vindeiro 31 de maio, no que promete ser un evento moi interesante:

xuntanza de blogueiros en agolada o 31 de maio11.30 Chegada á Praza do Concello de Agolada. Recepción con música do grupo de gaitas BICO DA BALOUTA e da CHARANGA INFANTIL DA BANDA.
12:00 NOS PENDELLOS:
Saúdo e benvida a cargo da Asociación.
Intervencións libres dos blogueiros. (Saúdo, autopresentación, motivacións relacionadas coa xuntanza, lectura de poemas, etc.). Haberá megafonía e unha tarima-palco.
Poñencia sobre a actualidade dos blogs a cargo dunha ou varias persoas con experiencia neste tema (aínda estamos facendo xestións ao respecto. Publicaremos os nomes en canto os teñamos).
Intervencións musicais de Bico da Balouta, Charanga Infantil e A Zanfonista
Viños e petiscos.
Visita guiada polo recinto de Os Pendellos (Espazo que conta coa distinción de Ben de Interese Cultural).
14:30 Xantar de confraternidade no restaurante Agolada (estrada de Melide).
Proxección multimedia durante os postres.
17:30 Desprazamento en autobús ata o Sobreiral do Arnego en Carmoega (11 Kms de autobús). Percorrido a pé polo Sobreiral (máximo 4 quilómetros), zona protexida pola Rede Natura 2000 e declarado Lugar de Interese Comunitario (LIC).
19:30 Regreso aos Pendellos onde haberá varias actuacións musicais intercaladas coas palabras dos blogueiros que teñan a ben intervir.
Actuarán: MARUXA de Fuxan os Ventos, acompañada ao piano por PABLO VÁZQUEZ, director da Coral Polifónica de Agolada.
A ZANFONISTA (blogueira que cursa zanfona no Conservatorio Folque de Lalín).
ALMUDENA VIDAL (Guitarra) e BLANCA BELLO (violín), ambas profesoras de música e intérpretes na Xove Orquestra de Galicia. (Pendentes de que nolo confirmen)
Por último, as despedidas e deica o que cada un estime conveniente.

Admito que me parece que xuntan demasiadas cousas no que se supón que é unha confraternización, e que, coma ese día chova, imos fodidos, pero se todo vai ben será un sábado ao que só lle falta ERDF para ser perfecto.
Tamén teño que destacar que estou ilusionado ante a posibilidade de que o encontro teña continuación en Melide (nunha data sen determinar), polo que se desprende dunha entrada de Manuel Busto. Iso si, resulta un tanto molesto que falen do encontro como a I Blog-Xuntanza (como ben indica Ghanito no seu blogue) xa que van unha chea de eventos deste tipo. Habería que buscar un nome un pouco máis claro (si, é unha primeira edición, pero é preciso crear unha marca que distinga este encontro do resto).

Atopo especialmente interesante a xuntanza polo feito de que pode servir para que os blogueiros melidenses nos relacionemos un pouco máis e poidamos sementar o xermolo para algún tipo de colaboración futura (ou para montar xantanzas). Polo momento xa está confirmada a asistencia de Vanessa (A Lareira de Santiso) e agardo que Riki, David, Ghaiteira, Citizenerased, Fiz e moitos outros poidan asistir aínda que sexa só polo feito de que Agolada nos queda a tiro de pedra. ¿Quen se apunta?

Luns, 21 de Abril de 2008

Os novos xeitos de publicar a través da web en RadioVoz

Hoxe en Voces de Galicia estiven a falar con Isidoro Valerio das novas revolucións que nos permite achegar cousas do mundo real ao virtual e viceversa. Así, temos que podemos publicar revistas a través de Issuu, un servizo revolucionar que presenta as publicacións dun xeito moi atractivo (coma podedes comprobar co último número de Código Cero) e podemos converter as nosas presentación con audio en vídeos para ver na Rede ou copiar a un iPod a través de AuthorStream como se ilustra no seguinte exemplo:

Pero o máis impresionante da pasada semana foi a presentación de Bubok de cara ao Día do Libro que se celebra nos vindeiros días. Esta web nos permite crear os nosos propios libros, de xeito que con só subilos en PDF e definir as súas características os podemos incluír nunha tenda virtual na que se ofrecen tanto en descarga como en soporte físico. Agora xa non hai atrancos para poder facer os nosos libros, aínda que esta iniciativa tardou bastante en chegar (a impresión baixo demanda leva bastantes anos funcionando en España, con pouco éxito) e me gustaría que servise de plataforma para que moitas obras que ata o momento se limitaban á Rede poidan saltar ao mundo real.

O asunto dos Service Pack tamén é algo que dá moito que falar, e parece que o SP3 de XP é unha auténtica gozada que mellora o rendemento do sistema operativo de Microsoft ata un 20% (¡aínda irá máis rápido!), pero non puiden evitar defender o SP1 de Vista. Agora que o último Windows se vai asentando, e os programas dos distintos fabricantes se foron adaptando (así coma o hardware) a estabilidade e o rendemento xa non ten nada que ver ao de hai 1 ano. Nos seguintes días falarei máis do tema.

Blusens P37Saltando finalmente aos gadgets, desta volta tocou falar ben do fabricante compostelán de electrónica de consumo, pois o Blusens P37 promete bastante, cunha pantalla táctil de 2,8 polgadas, 4 Gb de memoria, lector de tarxetas microSD, altofalante traseiro, gravador de voz, radio FM e un prezo dun 100 euros, de xeito que sairá moito máis barato que dispositivos coma os de Apple, aínda que para consumidores menos esixentes (especialmente a nivel de deseño).

E para rematar o programa comentamos os revolucionarios Promo Tonos de Orange, que permiten aforrar aos usuarios cartos nas súas facturas telefónicas grazas a publicidade que reciben as persoas que os chaman mentres non descolgan o móbil.

Podedes escoitar o programa a continuación:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Por desgraza non tivemos tempo para falar de temas coma o cine en 3D, o éxito de vendas de Mario Kart, que os Sims superaron os 100 millóns de copias vendidas ou que xa se pode descargar de balde o xogo TrackMania Nations Forever.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios