Venres, 25 de Abril de 2008

Paga o Chiki Chiki, paga o Chiki Chiki…

O Chiki Chiki xa non é só un fenómeno televisivo e musical, senón que se converteu en todo un negocio segundo publican en El Semanal Digital:

El “chiki-invento” de Buenafuente desborda a La Sexta con su maná
El “showman” de La Sexta no podía imaginar la que iba a armar con lo que empezó siendo un cachondeo. Pero la televisión de Contreras, que aún no lo cree, empieza a sacarle partido.

Más de 560.000 descargas en total de tonos y juegos del Chiki-Chiki han dejado de piedra a los directivos de La Sexta. Y es que, según ha podido saber Elsemanaldigital.com, los responsables de esta cadena televisiva, todavía están sorprendidos por el fenómeno de Rodolfo Chikilicuatre.

De hecho, las descargas de tonos y juegos han resultado ser una inesperada fuente de ingresos para La Sexta. Estas descargas sólo corresponden a los derechos de dicha televisión sobre el personaje y la primera versión del Chiki-Chiki, puesto que los de la adaptación presentada a Eurovisión y a las galas de TVE pertenecen al ente público.

Las descargas ofertadas corresponden a la versión original de la canción y a dos juegos de móvil. Ambas están siendo gestionadas por dos empresas dedicadas a ese negocio, Jet Multimedia y Buongiorno. El precio de esas descargas, para las que se necesitan tres SMS, es de 1,20 euros más IVA por cada una, lo que supone un total de 3,60 euros más IVA por cada una.

A su vez, de ese total se reparten porcentajes entre La Sexta y las empresas de gestión, si bien la parte que reciben los inventores de Chikilicuatre es la mayoritaria, en torno a los dos euros aproximadamente.

De las 560.000 descargas reconocidas desde finales de febrero hasta el pasado 23 de abril, 4.000 han correspondido a juegos y el resto a tonos para móvil. Estos últimos han llegado a ser el tono más descargado, según Nielsen.

Esta inesperada fuente de ingresos ha caído como maná en la cadena. De hecho, fuentes de La Sexta reconocen que no esperaban el impacto causado por el Chiki-Chiki, una broma de Andreu Buenafuente que ha acabado convirtiéndose en la representación española a Eurovisión. “Es algo que nos ha desbordado, no sabemos qué va a pasar”, aseguran, a la espera de que llegue la hora del mencionado concurso.

Por el momento, La Sexta está preparando más merchandisinga través de El Corte Inglés con un pack que incluirá camiseta, gorra… aunque no la guitarra.

Si, si, e o anuncio de La Tienda en Casa é toda unha realidade, aínda que na web da tenda non aparece o produto:

¡Menuda clavada! Unha camiseta, unha careta, un DVD, un póster e 12 pegatinas ¡¡¡por 39,95 eurazos!!!
Ademais, se temos en conta que a meirande parte dos contidos do Chikilicuatre se distribúen a través de YouTube, ¿quen quererá gastar os cartos no pack que anuncian na tele? É que incluso resulta bastante caro para unha broma/agasallo. E iso sen mencionar que eses produtos teñen data de caducidade (só falta un mes para Eurovisión).
Tamén me parece que as descargas de tons son un timo (lembremos que a canción acaba saíndo en preto de 5 euros, pois aparte dos 3,6 euros + IVA tamén hai que pagar o tráfico de datos) e o xogo ese que anuncian do Chiki Chiki Bang Bang aínda me parece peor, pois é unha desas copias de Pang de dubidosa legalidade (coma Supersonix Demon, que ten toda a pinta de ser un Sonic sen licenza). Supoño que para algúns vale todo para sacar cartos.

ACTUALIZACIÓN: En NPC acabo de ver que uns cabróns customizaron un teclado para facelo chiki-friendly:
teclado chikilicuatre
Aínda lembro os vellos teclados dos IBM PS/2 cos que era tan doado facer ese tipo de coñas. Iso si, cando sabes mecanografía tardas moito en decatarte de que cambiaron a orde das teclas ;)

2ª ACTUALIZACIÓN: Vin na tele que o segundo xogo para o móbil de Rodolfo é precisamente un clon de Sonic, ou sexa, que sospeito que se trata dunha adaptación do Supersonix Demon, o que deixa claro que estes xogos son calquera cousa agás orixinais.

Anuncios impresionantes

Esta semana atopei unha serie de imaxes da axencia Carioca das que gustei especialmente, e quixera recoller aquí unha selección das mesmas:

- Madonna (campaña anti-tabaco para DDB):
Madona anti-tabaco

- As pulgas e carrachos tamén teñen o seu corazonciño (aínda que o anuncio é de Frontline, unha marca de anti-parásitos):
Pulga busca ao seu can

- Un raposo enamorado (anuncio para Radio Romantic):
Raposo enamorado

- O gato con botas (máis real que en Shrek, aínda que non entendo cómo é que forma parte dunha campaña publicitaria de Toyota):
o gato con botas

Continúo a confiar na boa publicidade :D

Xoves, 24 de Abril de 2008

Se Ikea fixese coches…

Xosé Ramón Nóvoa mandoume por correo electrónico unha imaxe que ilustra cómo sería un coche mercado en Ikea:
Coche de Ikea
Por suposto, aparte das pezas sería indispensable a seguinte ferramenta de montaxe:
chave Allen
¿Alguén se atrevería a mercar tal? Seguro que si, aínda que o máis cómico sería ver cómo os clientes cargan con tanto ferrancho para casa :P

¿Volve a guerra das bandeiras?

bandeiras no Concello de Melide
O domingo vin que no Correo falaban de que o PP de Melide se queixaba pola falta de bandeiras no Concello ante o Valedor do Pobo e, sinceiramente, pensei que se trataba dun erro, e que era unha nova doutro mes que aparecera accidentalmente na web da publicación compostelá, pero o mércores o mesmo tema apareceu en La Voz (aínda que nese caso se trataba dunha nova do Concello de Brión), polo que supoño que a cousa vai en serio, o que me ten bastante mosca xa que o asunto aparecera na prensa en xaneiro e marzo, e finalmente crin que estaba zanxado.
¿Hai unha campaña coordinada do PP para denunciar a desaparición das bandeiras en varios concellos galegos? ¿Qué pinta o Valedor do Pobo en todo isto? ¿Alguén me pode ilustrar sobre o tema?

No Correo poñen literalmente que «La casa consistorial melidense todavía no tiene las insignias» e eu penso que si están (¿acaso as quitaron?), aínda que pouco visibles. Quitando o feito de que este tipo de polémicas me parecen absurdas (por innecesarias), ¿está realmente rexurdindo o problema? Porque de ser así coido que o Valedor non pinta nada, pois se trataría dunha problemática legal, para máis señas, sobre a Lei 39/1981 que di, entre outras cousas, o seguinte:

ARTÍCULO TERCERO: La bandera de España deberá ondear en el exterior y ocupar el lugar preferente en el interior de todos los edificios y establecimientos de la Administración central, institucional, autonómica, provincial o insular y municipal del Estado.

ARTÍCULO CUARTO: En las Comunidades Autónomas, cuyos Estatutos reconozcan una bandera propia, ésta se utilizará juntamente con la bandera de España en todos los edificios públicos civiles del ámbito territorial de aquélla, en los términos de lo dispuesto en el artículo sexto de la presente ley.

ARTÍCULO SEXTO: Cuando se utilice la bandera de España ocupará siempre lugar destacado, visible y de honor.

Vaia, que as bandeiras de España e Galicia son de uso obrigado no exterior do Concello, pero a Lei non entra a detallar os matices, polo que supoño que o Goberno municipal debería poder determinar onde considera oportuno que as bandeiras ondean de xeito destacado, visible e de honra. Quizais a última palabra sexa a que pode xerar máis problemas pero, ¿paga a pena discutir sobre o tema?

Ir Indo estrea dicionario de galego en liña

¡Aleluia! ¡Xa temos dicionario de galego na web! Si, si… xa había un, o da Consellería de Educación, que estaba sen actualizar pese a que a Real Academia Galega aprobou unha nova normativa do galego en 2003, ou sexa, que en preto de 5 anos aínda non se molestaron en modernizalo, e tivo que vir a editorial Ir Indo para atender a demanda dun dicionario de galego que podemos consultar directamente dende o noso ordenadour ou mesmo dende o móbil (ten versión WAP).
Digalego.com
Tomade nota: digalego.com. Vai ser unha ferramenta que agradeceredes cando teñades algunha dúbida sobre a lingua, que actualmente inclúe o significado, a etimoloxía e equivalencias en portugués, español e inglés.
¡Isto si que foi un xeito de celebrar onte o día do libro! ¡Nin lecturas do Quixote, nin lerias! A ver se agora para o Día das Letras Galegas os da Xunta toman nota e actualizan o seu dicionario electrónico.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios