A beta do Firefox 3 e o seu ovo de pascua friki
Os creadores da última beta do Firefox deben de ser uns frikiños de moito coidado, e agocharon un ovo de pascua que aparece cando na barra de enderezos introduces about:robots e mesmo está traducido na versión en español do navegador:

Creo que a primeira referenza friki son as leis da robótica (Isaac Asimov), seguida de Blade Runner (e o monólogo final de Roy Batty), os amigos de plástico de Guía del Autoestopista Galáctico (a frase é o lema co que vendían robots coma o androide paranoico Marvin) e o cu metálico do noso queridísimo Bender (Futurama). Vaia, que quen pille as 4 referenzas á primeira é un friki de nivel 3 ![]()
Eu levo uns días probando a versión de proba no Firefox 3 e a de Windows vai bastante ben, pero na versión de Mac OS X non podo dicir o mesmo (paréceme un chisco inestable). A interface de usuario mellorou en usabilidade, pero algunha web non se ve exactamente igual que con Firefox 2, aínda que polo momento non atopei incompatiblidades (algunha haberá). Parece que o novo Firefox está preto do seu lanzamento oficial, aínda que eu admito estar moito máis impaciente por ver o Firefox Mobile (que estará baseado en Firefox 3).




5 comentarios realizados
1. brigantium escrito o 16 de Abril de 2008 ás 8:41
Esta xa a tradución ao Galego de Firefox? Porque cando souben do 3 o probei e entre que aínda non había o tradutor que e a pantalla de descargas semella máis rudimentaria decidín quedar polo momento co 2.
2. Marcus escrito o 16 de Abril de 2008 ás 10:03
Brigantium, aínda non está traducido ao galego. Supoño que agardarán a que saia unha versión definitiva, porque dá moito choio andar a cambiar os paquetes de galego todos os meses (destas volta están a sacar moitas versións de proba).
O máis recomendable é non utilizar a beta coma navegador principal (de feito, non actualiza o Firefox 2, senón que se instala nun cartafol independente, para que o poidas probar comodamente).
Sobra dicir que boa parte dos engadidos e temas de Firefox 2 non funcionan en Firefox 3, de aí que moita xente tarde en mudar de versión (algún engadido é case imprescindible).
3. Manuel Rivas escrito o 16 de Abril de 2008 ás 18:50
Pois considerádeme un friki de nivel 3… Que non se me entere a miña naiciña, que aínda levaría un disgusto.
4. Marcus escrito o 16 de Abril de 2008 ás 19:06
Pois eu non cheguei a tanto, pois a referencia aos amigos de plástico tiven que consultala na Rede
5. manolo escrito o 1 de Xuño de 2008 ás 12:08
Quero instalar a versión en galego de firefox 3, que de momento non está dispoñible. Como son novato, pido axuda: Podo baixar a versión en castelán (cando saia) e logo baixar a tradución ou…?