A cabeceira de Perdidos en plan coña
Hai 1 ano publicaban unha parodia da cabeceira de Perdidos:
Pero hoxe Dani amosounos un novo vídeo que, aínda que só sexa pola selección de tema musical, é soberbio:
O vídeo é de Weebl’s Stuff, web na que se estreou o clip onte para reivindicar a recuperación das sintonías das series de televisión, que nos últimos tempos ata buscan minimizar a súa cabeceira.
Eu non son quen de decidir se a tendencia actual é mellor ou peor, pero o que teño claro é que Son Goku non sería o mesmo sen as cancións do comezo e o final.






2 comentarios realizados
1. ánzony escrito o 9 de Abril de 2008 ás 19:33
Pois a min non me parece que LOST sexa unha serie para levar ese tipo de cabeceiras beverlyhillianas. Déixaa estar como está, que se sae do mapa.
2. Marcus escrito o 9 de Abril de 2008 ás 19:40
Ánzony, está claro que as cabeceiras son de coña. Iso si, a última case resume as 3 primeiras tempadas da serie