Xoves, 10 de Abril de 2008

Xa teño a auténtica peli de Blade Runner en DVD

Blade Runner - Edición especial británica¿Lembrades a oferta do 1 de abril en Play.com? Si, a de Blade Runner a 13,99 euros (portes incluídos). Pois hoxe chegou á miña casa, ou sexa, que só tardou 9 días en chegar dende o Reino Unido (en realidade, 4 días, pois saíu a fin de semana de alá), o que non está mal para o prezo dos portes ;)
A edición é un tanto rara, pois aparte dos 5 discos nun estuche chulísimo, tamén inclúe unhas láminas con deseños da película, un nota (transparente) de Ridley Scott e un libreto no que indican os contidos dos discos. ¿Non sobran un pouco estas cousas nun digipak? Porque non acabo de entender para qué serven… agás para incrementar o peso (porque as láminas pesan bastante).
O que menos me convenceu é que os contidos da caixa veñen marcados nunha suposta contraportada pegada con celo (pois a contraportada de verdade non ten texto). ¿Non é un acabado un tanto chapuceiro? Iso si, por menos de 14 euros non me vou queixar (¡menudos cartos máis ben gastados!). O importante é que agora xa teño o disco 3 do pack, que é o que inclúe a versión cinematográfica da película con audio en español, e non esa cousa que chamaban versión do director e que nunca entendín que fose a única que se puidese mercar en DVD ata agora.
Eu estou totalmente en contra das edicións do director, versións estendidas, edicións definitivas e esas lerias, xa que as películas entendo que son as que botan no cine, e o resto non deixan de ser trucos para facernos mercar a mesma película varias veces. Iso si, a única versión que eu tiña de Blade Runner ata o momento era en VHS (que viña nunha revista xunto co libro ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?), polo que aínda non fixen moito o primo.

3 comentarios realizados

a gravatar

1. Kinski escrito o 11 de Abril de 2008 ás 16:35

Xa sabes o que che toca: Facer copias coma un condeado!!!!!

a gravatar

2. José Manuel escrito o 12 de Abril de 2008 ás 1:29

Vaya ganga que has pillado. Mi novia me regalo esa edición y le costaría sobre los 50 euros en DVDGO con los gastos de envio. Ahora ya está agotada.

A mi también me gusta más la versión que se estrenó en los cines (con su final feliz) que las posteriores versiones del director.

Por lo que veo también tienes la misma edición en VHS que tenía yo de la peli, la que venía con el libro, en la revista Quo hace unos años, jejeje.

a gravatar

3. Marcus escrito o 12 de Abril de 2008 ás 3:08

José Manuel, cuando se ven ofertas así en los quioscos (una peli y un libro tirados de precio) es muy difícil resistirse. Supongo que esa versión de Blade Runner tendrá tanta difusión como la copia de La Vida de Brian que habían publicado con un periódico hace un par de años (o la de Sleepy Hollow que venía con el ABC… ¡o las que traía Público por 0,50 euros!).

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios