Sábado, 29 de Marzo de 2008

¿Un Spectrum portátil?

Toshiba Libretto 110 e ZX Spectrum 48K
Como amante da tecnoloxía teño que dicir que ó ver unha fotografía dun Toshiba Libretto 110 e un ZX Spectrum de 48 Kbytes xuntos se me pasaron 2 ideas pola cabeza:
1- o teclado de goma do Spectrum era a cousa máis horrorosa que se inventou no mundo da informática dende o lapis óptico. Ah, e eu tiña o ZX Spectrum +2, que xa tiña un teclado decente, que conste.
2- o concepto dos UMPC (ou ordenadores ultraportátiles) non ten nada de novo. O Toshiba Libretto 110 pesaba menos dun quilo e a súa pantalla era de 7,1 polgadas, ou sexa, cuspidiño a un Asus Eee PC, que curiosamente é o ordenador de moda en 2008, máis de 10 anos despois da comercialización do equipo de Toshiba.

O que non se me ocurriría nunca sería mesturar os dous conceptos:
ZX Spectrum portátil
Hai que ser moi friki para incrustar o teclado do Spectrum nun portátil, para despois cargar emuladores de Spectrum para finxir que se ten un ZX Spectrum 48K portátil. Coma mashup resulta interesante, pero sendo realistas, se trata dunha grande perda de tempo, que me fai lembrar as pantallas LCD de pequeno tamaño que algúns conectan a consolas PS3 (¿mercar unha consola de alta definición para ver os xogos a baixísima resolución?).
Segundo parece, pese a tratarse dun equipo realmente vello, permite unha autonomía dunhas 2 horas, polo que algúns usuarios seguro que non entenden cómo é posible que o seu portátil novo non aguante nin 1 hora cando os equipos do século pasado turraban moito máis. Paradoxos da evolución tecnolóxica.

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 29 de Marzo de 2008 ás 20:23

faltanche dicir un par de datos->
o Toshiba ise custaba enton (cando saiu) un millon de pelas das de entonces e o spectrum… non me lembro ben 20 mil pelas eran?

a gravatar

2. Marcus escrito o 29 de Marzo de 2008 ás 23:37

Lembro cando o Spectrum custaba 40.000 pelas (baixou pronto a 20.000). No tocante ó portátil, ó comezo todos son caros, pero os Libretto chegaron a estar a prezos normais daquela. O que pasa é que antes dun portátil se pedía portabilidade e non a barbaridade de cousas que fan agora os equipos. Está claro que os Eee cubren unha demanda real.

a gravatar

3. Nemigo escrito o 30 de Marzo de 2008 ás 12:42

estou pensando mercar un Eee, convenceme o tamanho mais non o prezo (300 euracos) e os 4 gigas de almacenamento que ten. O de vir con linux preinstalado e un puntazo

a gravatar

4. Marcus escrito o 30 de Marzo de 2008 ás 18:48

Nemigo, o Eee tamén se pode usar con XP, e parece que así vai bastante mellor que co Xandros Linux, pois parece ser que os de Asus non están a actualizar nada o sistema, e non corrixen os moitos (si, moitos) fallos que ten e que provocan colgues e todo.
Parece que o Eee se podería comezar a vender en abril no Carrefour (según os rumores) pero sairá máis barato pillalo en certas webs taiwanesas onde o teñen baratiño.
Iso si, durante as vindeira semanas van a chegar un montón de clons do ClassmatePC de Intel, que dan en chamar netbooks e que teñen boa pinta, podendo ser o seu prezo de 299 euros. Por desgraza non son tan bonitos coma os Eee.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios