Martes, 25 de Marzo de 2008

Móbiles chineses e a baixada de prezos dos PC en RadioVoz

LionKing800Onte en Voces de Galicia falei da alucinante duración do móbil chinés LionKing800, que presume de aguantar ata 1 ano en espera e entre 3 e 5 días en conversa. Na Internet véndese o terminal por 145 dólares (uns 90 euros), o que non está nada mal para un móbil cunha pantalla de 3,5 polgadas, reprodución de MP3 e MP4, soporte de 2 tarxetas SIM simultáneas, dobre cámara, Bluetooth, 4 altofalantes (para mellorar a reprodución musical) e configurable en inglés e chinés (por desgraza non se pode pór en español).
De tódolos xeitos, para min o LionKing800 é totalmente anecdótico, e na telda virtual de Solomobi teñen outros móbiles moito máis atractivos, coma imitacións do Nokia N95 ou do iPhone, así coma terminais con recepción de radio e televisión que en moitos casos se poden configurar para o seu uso en español. Hai quen os merca para aparentar, pero o certo é que moitos destes móbiles son máis prácticos que os de marcas recoñecidas, pois non atan a certos formatos multimedia (nin a operadores) dando máis liberdade ós usuarios.
Na radio non me perdín nos detalles, pois tampouco me pareceu axeitado alzarme coma defensor dos móbiles de importación (aínda que non entendo cómo non hai fabricantes locais que os revendan baixo a súa marca):

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Sobre o prezo dos PC, parece que estamos de sorte, pois non paran de baixar, aínda que resulta molesto que os compoñentes non teñan prezos na mesma liña, pois podes mercar un portátil por 399 euros, pero logo, por un disco duro ou un transformador de corrente cobran case 100 euros (¿?).
A Isidorio Valerio parecía interesarlle máis o asunto ese da diferenza entre Dual Core e Core 2 Duo. Non me parei moito no tema, porque sería demasiado rollo, e resulta complicado de explicar. Resumindo poderiamos dicir que os Dual Core teñen só 1 Mb de caché de segundo nivel mentres que os Core 2 Duo teñen entre 2 e 6 Mb. En velocidade de reloxo o Core 2 Duo tamén gaña, tanto no procesador coma no bus frontal, ou sexa, que o Core 2 Duo vén a ser a evolución do Dual Core, e agora xa están a introducir os Core 2 Extreme (¡tomade culebrón!). O dito, que se queredes contrastar dous equipos recoméndovos que visitedes as comparativas de Tom’s Hardware e non vos rompades moito a cabeza, pois o procesador só é un elemento dos moitos que inflúen na velocidade dun ordenador (por exemplo, nos portátiles o disco duro afecta moitísimo no rendemento, por non falar da tarxeta de vídeo).
Para min, o mellor que se pode facer á hora de mercar un equipo e marcar un prezo máximo e procurar que sexa o máis completo posible, pero non cegarse por algún detalle que non imos a utilizar nunca (como mercar un TabletPC se non imos a utilizar a pantalla táctil para a entrada de datos).

2 comentarios realizados

a gravatar

1. Antonio escrito o 31 de Marzo de 2008 ás 0:47

Quedei marabillado coa duración da batería dese móbil e coa posibilidade de dúas tarxetas, pero dame un pouco de medo o de mercalo e que despois non vaia ben… sen garantías ou posibilidade de arranxalo. ¿Qué me aconsellas Marcus, vale a pena correr o risco? ¿Coñeces xente que mercara en Solomobi e quedara satisfeita co resultado? Grazas por estas sorpresas tecnolóxicas!

a gravatar

2. Marcus escrito o 31 de Marzo de 2008 ás 9:47

Antonio, sei de xente que pide móbiles chineses a puñaos, porque así teñen móbiles libres a prezos barateiros. Unhas veces miran o SIM dual, outras a recepción de radio e hai bastantes fans dos móbiles/plaxio, pois fai ilusión mercar por menos de 100 euros unha réplica (aínda que sexa só en aparencia) de terminais de máis de 500 euros.
O LionKing800 é atractivo, pero por desgraza só se pode configurar en inglés e chinés, mentres que outros terminais aceptan español. Eu pediría sen medo a Solomobi, pois ó ter prezos baratos, aínda que paren o paquete na aduana, haberá que pagar pouco.
A dificultade deste tipo de móbiles en mercados coma o español está simplemente en que, ó non entrar da man das operadoras, non teñen subvención, e por moi baratos que sexan, sempre hai por aí móbiles a 0 euros, cos que é difícil competir. Iso si, as operadoras non queren colar móbiles dual SIM porque senón habería moitos usuarios que complementarían a súa liña de contrato con tarxetas de operadoras coma Simyo (que ten bos prezos e non cobra mínimo mensual).

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero