¿Domingo nevado?

Este sábado en Melide pasamos bastante frío, e tivemos como adianto unha boa granizada pola tarde, pero ó chegar á noite comezou a nevar. Había tempo que non coincidía en Melide cunha nevada (principalmente porque só estou na vila nas fins de semana, pois neva tódolos anos) e aínda non sei se mañá amanecerá nevado, pero fíxome ilusión ver a neve caer.
Captei a imaxe coa cámara do iPhone, que aínda que é moi mala, ó ter un tempo de exposición moi elevado, provoca efectos coma o seguinte:

O que me quedou claro é que os prognósticos meteorolóxicos non deron pe con bola en toda a Semana Santa: comezaron dicindo que ía chover ata o xoves (e houbo días de auténtico verán) e logo, cando chega o mal tempo, non atinan coa cotas de neve (Melide non está a 600/900 metros de altitude, vaia). Algún día habería que facer un control de calidade serio dos prognósticos, para que se vexa que aínda que dun día para outro atinan bastante, cando falamos das predicións a medio prazo a cousa cambia bastante ![]()




5 comentarios realizados
1. Buzz escrito o 23 de Marzo de 2008 ás 2:20
Bueno por aqui por Coruña, como es evidente, no llovio,
pero de granizadas unas cuantas y tambien gordas,
me gusta el frio, ains siempre que estes en camita calentito claro xD
2. Marcus escrito o 23 de Marzo de 2008 ás 17:11
Finalmente non nevou o suficiente para un domingo nevado, pero non deixa de ser curioso que neve cando hai uns días mesmo facía calor (na Coruña o outro día mesmo tiven a fiestra da miña habitación aberta toda a tarde para non afogar).
Agardemos uns cantos días máis de auga, para non ter seca no verán. Mentres, coa mantiña, faremos do frío virtude
3. Ana escrito o 28 de Marzo de 2008 ás 20:28
Marcus yo estuve de vacaciones ahí y yo no pase mucho calor la verdad, hizo mal tiempo, dias nublados, mucho viento y para rematar frio…..:(
4. Marcus escrito o 28 de Marzo de 2008 ás 22:41
Ana, lo del calor me refería a los primeros días de la Semana Santa. Los pronósticos del tiempo en plan adivino anunciaban que desde el sábado al miércoles iba a llover, mejorando el tiempo el jueves, y creo recordar que los primeros días de la semana estuvieron bastante despejados, llegando el mal tiempo justo cuando se suponía que el tiempo iba a mejorar.
Los pronósticos a más de 2 días vista son un fiasco absoluto, pero no lo quieren reconocer.
5. marcus.es » Neva (gonna give you up) en Melide escrito o 30 de Novembro de 2008 ás 23:07
[...] aínda esteamos en novembro, cando o normal é que as folerpas non cheguen ata febreiro-marzo (coma o inverno pasado). Algúns melidenses (especialmente os máis cativos) recibiron a neve con alegría, pero a [...]