Luns, 31 de Marzo de 2008

Tron en stop-motion

Tron é unha das películas das que máis gustei na miña infancia, e supón todo un referente da cultura dos videoxogos á altura de Xogos de Guerra, que mesmo inspirou distintos videoxogos (lembro especialmente o Zona 0 de Topo Soft). Precisamente a secuencia das motos que deu lugar ó xogo de Topo vén de adaptarse nun vídeo elaborado pola técnica do stop-motion que se podería considerar imprescindible para calquera friki:

O mellor de todo é ó final, cando se ve cómo fan os efectos especiais :P

Domingo, 30 de Marzo de 2008

Estréase O País dos Ananos

O país dos ananos
Esta noite estase a estrear na TVG O País dos Ananos, programa dirixido por María Yáñez (¡moita sorte nesta nova empresa!) e presentado por Belén Regueira, a quen podemos lembrar de Chambo, o Telexornal, Extrarradio e a Pasarela Parrote ;)
Nun principio o programa parece unha revisión do Pequeno Gran Show pero máis no estilo de Yolanda Vázquez que no de Paco Lodeiro (que lle botaba moito humor ó asunto). Iso si, Belén está de mellor ver que Lodeiro. ¿Está ben repasar unha fórmula anterior? Mentres que non se trate dun plaxio (lembremos que se pagaba polo formato do programa anterior, o que parece que tamén pasa neste caso) revisar un tipo de programa e actualizalo parece boa idea, aínda que a min me deixou un pouco flipado que o primeiro convidado fose Suárez Canal. Entendo así que aínda que os rapaces sexan os protagonistas do programa, a audiencia obxectivo é adulta, pois ós cativos o políticos non lles importan nadiña de nada.
Haberá que ver cómo madura o programa nas súas distintas entregas (e traen convidados máis interesantes como xente do mundo do cine ou da música), pero nun principio parece unha boa fórmula mentres se agarda por Libro de Familia, pois era bastante difícil aturar reposicións de Alalá ou doutros espazos.

A volta de Belén Regueira á TVG me fai lembrar o programa Chambo nas tardes das fins de semana da Galega. Estaría ben que recuperasen algún programa do estilo, e que non o emitisen despois da 1 da madrugada :(

ACTUALIZACIÓN: A audiencia parece que apoiou ó programa:

- “El país de los enanos” (talk show): 20.3% y 197.000 (estreno)
- “Libro de familia” (serie de ficción): 29.4% y 297.000
- “Libro de familia -reposición-” (serie de ficción): 13.4% y 76.000

Iso si, a Galega debería repensar iso de botar un segundo episodio de Libro de Familia. ¿Para qué desbotar o arrastre de audiencia da serie para emitir un capítulo que a xente xa víu, cando se podía introducir un programa novo ou mesmo un informativo?

Sábado, 29 de Marzo de 2008

¿Un Spectrum portátil?

Toshiba Libretto 110 e ZX Spectrum 48K
Como amante da tecnoloxía teño que dicir que ó ver unha fotografía dun Toshiba Libretto 110 e un ZX Spectrum de 48 Kbytes xuntos se me pasaron 2 ideas pola cabeza:
1- o teclado de goma do Spectrum era a cousa máis horrorosa que se inventou no mundo da informática dende o lapis óptico. Ah, e eu tiña o ZX Spectrum +2, que xa tiña un teclado decente, que conste.
2- o concepto dos UMPC (ou ordenadores ultraportátiles) non ten nada de novo. O Toshiba Libretto 110 pesaba menos dun quilo e a súa pantalla era de 7,1 polgadas, ou sexa, cuspidiño a un Asus Eee PC, que curiosamente é o ordenador de moda en 2008, máis de 10 anos despois da comercialización do equipo de Toshiba.

O que non se me ocurriría nunca sería mesturar os dous conceptos:
ZX Spectrum portátil
Hai que ser moi friki para incrustar o teclado do Spectrum nun portátil, para despois cargar emuladores de Spectrum para finxir que se ten un ZX Spectrum 48K portátil. Coma mashup resulta interesante, pero sendo realistas, se trata dunha grande perda de tempo, que me fai lembrar as pantallas LCD de pequeno tamaño que algúns conectan a consolas PS3 (¿mercar unha consola de alta definición para ver os xogos a baixísima resolución?).
Segundo parece, pese a tratarse dun equipo realmente vello, permite unha autonomía dunhas 2 horas, polo que algúns usuarios seguro que non entenden cómo é posible que o seu portátil novo non aguante nin 1 hora cando os equipos do século pasado turraban moito máis. Paradoxos da evolución tecnolóxica.

Venres, 28 de Marzo de 2008

A oficina mellor aproveitada do mundo

Trunk StationOs xaponeses tenden a inventar cousas que só se lles pasaría a eles pola cabeza, en boa medida porque viven nunhas condicións nas que o espazo é un luxo que non se poden permitir, o que explica que vendan a Trunk Station, que é unha caixa de 90 x 61,5 x 119 centímetros que se pode converter nun escritorio con espazo para arquivadores e mesmo ocos para pasar os cables do ordenador.
Coma exemplo de aproveitamento de espazo está moi claro, aínda que me deixa bastante flipado que custe 198.000 iens (1.252,55 euros) pois semella máis un produto de teletenda que unha peza de luxo. A min dame no nariz que calquera día veremos imitacións no catálogo de La Tienda En Casa. ¿Quén ía dicir que a filosofía da cama empotrada se podería aplicar a un escritorio completo?

Xoves, 27 de Marzo de 2008

A piratería chega á alta definición

Hoxe publican en La Voz de Galicia un artigo sobre a polémica desprotección do sistema BD+ dos discos Blu-ray a través do AnyDVD HD (que se vén a probar dende o pasado mes de outubro, aínda que agora lle están a dar máis publicidade):

El sistema de discos Blu-Ray ya no es inexpugnable a la copia

En la lucha por afianzarse como el formato de grabación y reproducción de películas del futuro, Sony hizo de su sistema de protección anticopia uno de los grandes activos del Blu-Ray. Ahora que ha ganado la batalla y que su competencia -el HD-DVD de Toshiba- ha pasado a mejor vida, se descubre que el Blu-Ray no está protegido en absoluto. En las páginas de Internet dedicadas a la tecnología se habla claramente de cómo piratear los discos de Blu-Ray, mediante un programa específico, el AnyDVD HD en su versión 6.4.0.0, que ha puesto en la Red la empresa Slysoft.

La citada compañía, que tiene web en español, ofrece una larga lista de ventajas para el sistema anticopia, e indica qué requisitos se necesitan para descargar el software: un pecé compatible con IBM, con un procesador Pentium de 500 MHz y 64 MB de RAM; que tenga los programas Windows 98/98SE/ME/2000/XP/XP64/VISTA/VISTA64; y un espacio en disco duro de dos megas. Es decir, un ordenador de lo más convencional. El coste del programa varía -según el programa que se adquiera- entre los 30 y 50 euros y antes de la compra hay la posibilidad de tenerlo 21 días en casa para probarlo.

La noticia es un arma de doble filo para Sony. Por una parte demuestra que su tan cacareada protección BD+ (el sistema Blu-Ray también se llama BD, por BluRay Disc) no es tal, y eso tal vez le suponga un problema para las productoras que lo apoyaron frente a la competencia de Toshiba, como fueron Warner, la 20th Century Fox (incluye la Metro y la United Artists), Buena Vista (que supone nada menos que Walt Disney, Miramax y Touchstone), Lions Gate y New Line Cinema, así como la propia Sony (que es propietaria de Columbia y Tristar, entre otros).

Sin embargo, por otra parte también saben los distribuidores del sistema que el hecho de poder copiar un disco, de guardarlo en el pecé y, obviamente, subirlo a la Red, disparará la compra de los aparatos reproductores y grabadores de Blu-Ray, algo limitado hasta ahora y que seguramente serán el regalo estrella de las Navidades.

Las grandes firmas que fabrican aparatos que leen Blu-Ray son lo más puntero del sector: Apple, Dell, Hewlett-Packard, Hitachi, LG, Matsushita (aquí se conoce más su filial Panasonic), Mitsubishi, Pioneer, Samsung, Sharp, TDK y Thomson, junto por supuesto a Philips, auténtica locomotora de este revolucionario sistema que permite tener discos con hasta 50 gigas de capacidad de almacenamiento, aunque ya se habla de proyectos de hasta 200 GB de memoria.

Coido que o artigo peca de simplista, por dar a entender que o Blu-ray vai suceder sen dúbidas ó DVD a curto prazo. Non creo que sexa este Nadal a data do Blu-ray polo mero feito de que a alta definición aínda non está ó alcance da meirande parte da poboación. ¿Quén ten un televidor FullHD na casa? Realmente moi pouca xente. Así pois, ¿existe a auténtica demanda do Blu-ray? Para nada.

Iso si, dado que os discos Blu-ray de dobre capa poden almacenar ata 50 Gb de datos o interese polo soporte aumenta, pero aínda teñen un atranco moito maior que as proteccións BD+: o prezo (o mesmo problema que ten a PS3 para superar á Xbox 360 e á Wii). Os discos de 50 Gb custan 25 euros, e as gravadoras internas para PC custan uns 250 euros.
Entendemos así que os Blu-ray aínda son máis caros que os discos duros, e pagar por unha copia o mesmo que por unha película orixinal é absurdo. Mentres a demanda non medre os prezos non se popularizarán, e iso podería tardar tranquilamente un par de anos.

¿Qué sería preciso para que as gravadoras de Blu-ray se comezasen a vender ben? Pois resulta que a chave non está nas películas, pois o público non as quere (aínda) en alta definición, senón que estaría no reprodutor de Blu-ray máis popular: a PS3. Resulta que a consola aínda non ten ningún modchip dispoñible que permita copiar os seus xogos. Cando iso aconteza si que vai arrasar o Blu-ray, pois incluso ós prezos actuais se poden aforrar bastantes cartos con respecto dos xogos orixinais.

Consola Xbox 360 utilizada coma reprodutor multimediaNo caso das películas hai un elemento máis a ter en conta, e é que ós DVD coma soporte aínda lle quedan moitos anos de vida, pois resulta que unha película en Blu-ray comprimida en MPEG-2 se pode gravar nun DVD en MPEG-4 (xa circulan milleiros de copias deste estilo na Rede que veñen tanto de HD DVD coma de Blu-ray, e reducen a 4 Gb unha película en alta definición, normalmente en formato H.264), ou sexa, que é posible gozar de películas de alta definición sen ter que mercar nin discos caros nin gravadoras novas. Iso si, hai que reproducilas dende un dispositivo potente que soporte o vídeo en alta definición, o que xa fan moitos dos discos duros multimedia e mesmo a Xbox 360 (que resulta moi atractiva agora que baixou a 199 euros e pode ser pirateada).
A verdade é que resultaría cómico que Microsoft (que apostaba polo HD DVD) se beneficiase do trunfo de Sony na guerra de formatos de alta definición por permitir a reprodución de películas transcodificadas na Xbox 360 a un asequible.
De tódolos xeitos, o panorama está a deixar claro que o HD DVD e o Blu-ray non atendían á demanda do público, nin tampouco era unha necesidade tecnolóxica para evolucionar cara á alta definición, pois o soporte DVD era suficiente para tal fin, só tendo que cambiar o sistema de codificación das películas. De feito, aínda que os discos empreguen MPEG-2 como sistema de compresión, a nivel de televisión a alta definición chega en MPEG-4, evidenciando que o MPEG-2 só se elixiu para que as películas ocupasen moito espazo de disco para xustificar un cambio de soporte. ¡Patético!

Non podo rematar este texto sen indicar que o AnyDVD non se emprega só para piratear películas, senón que tamén permite, por exemplo, que se eu compro un lector de Blu-ray para o meu PC poda ver películas sen problemas, pois nun principio sería preciso que contase cunha tarxeta de vídeo e un monitor con homologación HDCP (¡manda truco!), ou sexa, que a protección dos Blu-ray tamén limita as funcións de reprodución (e non só a copia).

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios