Luns, 18 de Febreiro de 2008

Vídeo das Xuventudes Socialistas

As Xuventudes Socialistas de Galicia veñen de presentar un vídeo paródico no que fan burla dalgúns dos políticos de España e Galicia:
A min faime especial graza porque recoñecín a boa parte dos participantes, e agora non poderei borrar da mente a imaxe dos mesmos con esas pintiñas ;)

¿Haberá respostas en vídeo de Novas Xeracións e Galiza Nova?

2 comentarios realizados

a gravatar

1. BRIGANTIUM escrito o 18 de Febreiro de 2008 ás 22:04

Buf! A ver cando pasa a moda do YouTube e similares nos políticos e deixamos de aturar estes cutre-videos…

O que non entendo é porque tería que contestar Galiza Nova, en que deberan darse por aludidos?

E se as NN. XX. responden a isto é que teñen moito tempo libre… de verdade poden convencer a alguén este vídeo? En fin…

Estes cutre vídeos non deberían misturarse coa brutal campaña de carteis que se ve na rúa nas que ZP semella un actor de cine perante os soso-carteis de sempre (sobre todo os do BNG).

a gravatar

2. Marcus escrito o 18 de Febreiro de 2008 ás 23:14

O da resposta non o dicía por que ninguén se tivese que dar por aludido, senón por seguir coa guerra dos vídeos que ultimamente está tan activa, aínda que moi lonxe do que acontece en EE.UU. coa Obama Girl ou co Yes, We Can.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios