Sábado, 23 de Febreiro de 2008

Heath Ledger, figura de acción

Hoxe en La Voz publican a seguinte nova:

El «Jocker» de Heath Ledger, en muñeco

Mattel pondrá a la venta dos versiones del personaje que ha interpretado el recientemente fallecido actor australiano.

boneco do JokerLa empresa de juguetes Mattel lanzará muñecos con la imagen del «Jocker», el personaje que ha interpretado Heath Ledger en la nueva entrega de Batman, The Dark Knight. El juguete estará a la venta a partir de mayo en dos versiones: Una más pequeña, que costará ocho dólares en Estados Unidos, y otra de 11 dólares.

Antes de lanzar el muñeco, la empresa ha pedido el visto bueno de la familia del actor ya que las figuras forman parte del merchandising y promoción que acompaña la película.

El actor australiano ha muerto en enero en Nueva York, pocos días después de rodar la película.

Estou un pouco molesto porque chamen Jocker ó Joker, pois é como as moitísimas veces que na prensa falan da serie de televisión Star Treck. Vese que son alérxicos ós K como consoantes independentes.

Deixando isto aparte, está visto que xa comeza a explotación dunha morte con carácter comercial, pues están a conseguir moita publicidade gratuíta da nova película de Batman. ¿De verdade é isto unha nova digna dun xornal? Se Ledger non morrera non sairía en La Voz que sacarán bonecos dos personaxes da película, nin dirán a parvada de que pediron permiso á familia do actor, pois iso non é máis que un trámite para dar que falar pois o permiso xa o tiñan de Ledger en vida (no contrato coa Warner para facer a película tamén estaría incluído o tratamento dos produtos relacionados).

Témonos que preparar, porque cando se estree a película ímonos fartar de ver imaxes de amigos e parentes de Ledger chorando a súa morte. Agardo que a demagoxia non faga que lle dean un premio póstumo ó actor (aínda sen ver a película estou certo de que Ledger non chegará nin á sola dos zapatos de Jack Nicholson, pese a que gusto máis desta caracterización máis escura).

Venres, 22 de Febreiro de 2008

Liquidación en Nicetrip

A tenda coruñesa Nicetrip vai liquidar as camisolas de tempadas pasadas a 12 euros para facer sitio á nova tempada:
camisolas de Nicetrip a 12 euros
¡Hai que aproveitar a ocasión! A primavera está preto, e esta é unha ocasión excelente para facerse con algunhas das prendas que deseña Antón.

Xoves, 21 de Febreiro de 2008

Coidado co HTC Shift de Movistar

HTC Shift
Estes días están a botar moito pola televisión un anuncio de Movistar no que promocionan un ordenador de reducidas dimensións que promete ser unha plataforma de navegación pola Internet que se vende en exclusiva a través de Movistar, sen comentar os detalles do equipo nin o prezo do mesmo, polo que me vexo na obriga de advertir á xente, para que saiba ponderar o custo total de tal potencial adquisición. Así, coma co iPhone nos EE.UU., hai que precisar que, aparte do equipo, hai un compromiso de permanencia coa operadora mantendo un plan de datos bastante cutre.
Prezo do UMPC de Movistar
O prezo do ordenador ultraportátil a través de Movistar é de 899 euros, o que supón un aforro importante sobre os 1.229,95 euros que custaría de mercalo en tendas, pois o HTC Shift é un equipo que se pode mercar a través doutros distribuidores europeos (vaia, que agora iso das exclusivas é cada día máis discutible), pero os 15 euros ó mes do anuncio resulta que só corresponden ós 3 primeiros meses, tralos que habería que pagar o dobre, cunhas condicións máis que discutibles:

“Promoción válida hasta el 17/04/08 al dar de alta la Tarifa Plana junto con el Contrato Internet. Tarifa Plana 3,5G a 15€/mes (17,4€ IVA incluido) los 3 primeros meses. Resto de meses a 30€/mes (34,8 IVA incluido). Límite consumo Tarifa Plana 3,5G: 1GB. Una vez superado el compromiso se tarificarán por tramos de 0,5GB a 15€ con un límite de 90€/mes (104,4 IVA incluido). Una vez alcanzado este importe será Tarifa Plana sin límites. Consulta precio HTC Shift en tu distribuidor movistar.”

Está claro que se alguén merca un equipo para conectarse á Internet a través de HSDPA (o que lle permitiría velocidades de descarga teóricas de ata 7,2 Mbps) en vez de pagar 30 €/mes acabará pagando 90 €/mes, porque superará sobradamente 1 Gb de transferencia, polo que o equipo remata sendo mooooi caro. E iso sen mencionar que cando se superan os 5 Gb de transferencia a velocidade da conexións se reduce a 128 Kbps, ou sexa, que pagas a prezo de ouro unha conexión máis propia da década pasada.

Facendo contas dá a impresión de que sae moito mellor mercar o ultraportátil pola nosa conta para poder contratar unha tarifa plana máis axeitada ou flexible. De tódolos xeitos eu non gusto nada do HTC Shift (ten unha pantalla patética, e o seu fabricante non ten experiencia en ordenadores senón que produce normalmente smartphones), e coido que de precisar un equipo de grande portabilidade hai opcións máis interesantes coma os OQO ou mesmo os novos ultraportátiles de baixo custo coma o Asus Eee PC, o Kojinsha E8 ou o Elonex ONE, que se poderán adquirir por prezos de entre 133 e 400 euros, e que se poden conectar a redes de telefonía móbil mediante distintos apaños, sen esquecer que en tendas como a FNAC ultimamente hai toda unha morea de UMPC, o que indica que existe unha forte demanda destes trebellos.

Vaia, que agás que sexa a vosa empresa a que corra cos gastos, eu pensaríao moito antes de mercarlle un portátil a Movistar.

Martes, 19 de Febreiro de 2008

Os SMS Premium en RadioVoz

Onte participei nun interesante debate en RadioVoz no que se falaba das polémicas SMS Premium:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

A verdade é que coido que a regulación pouco pode facer para evitar que as operadoras vampiricen ós seus usuarios. Amais, iso de que as empresas que comercializan as mensaxes estean nun suposto anonimato cando é de sobras coñecido quen está detrás (as operadoras e as grandes canles de televisión) tamén resulta insultante. Pero ó final hai que admitir que a culpa deses supostos tipos está nos usuarios.
Un claro exemplo é o do fulano que pediu que non lle cobraran 8.000 euros por conectarse á Internet no móbil dende Portugal (para o que tivo que descargar moooita información durante un par de días) aducindo que non lle informaron de que a súa tarifa plana non incluía conexións no estranxeiro… ¡menudo morro! ¡¿Dende cando as empresas de telefonía son internacionais?! Facerse o parvo despois de que a operadora cargue contra un tampouco parece moi ético (aínda que nesta ocasión saíu coa súa).

Tralo debate tamén falei das novas da semana:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Hai que recoñecer que a TDT está a avanzar por fin. De feito, as emisoras locais de Compostela van comezar a operar antes do verán (posiblemente comecen as probas en cousa dun mes) o que é algo que se agradecerá, pois así xa se poderán ver tódalas canles terrestres dende a TDT (non sei se as televisión doutras localidades galegas se apurarán tanto, aínda que gustaría de que Dez TV tamén fixera o propio, para que en Melide se puidese ver unha canle dixital case local).
Para rematar reitero que o concurso de Eurovisión en colaboración con MySpace está a resultar unha chapuza auténtica, aínda que cumpriu co obxectivo de facer que todo dios fale do certame, aínda que sexa polo Chiki Chiki:

Luns, 18 de Febreiro de 2008

Vídeo das Xuventudes Socialistas

As Xuventudes Socialistas de Galicia veñen de presentar un vídeo paródico no que fan burla dalgúns dos políticos de España e Galicia:
A min faime especial graza porque recoñecín a boa parte dos participantes, e agora non poderei borrar da mente a imaxe dos mesmos con esas pintiñas ;)

¿Haberá respostas en vídeo de Novas Xeracións e Galiza Nova?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios