Martes, 19 de Febreiro de 2008

Os SMS Premium en RadioVoz

Onte participei nun interesante debate en RadioVoz no que se falaba das polémicas SMS Premium:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

A verdade é que coido que a regulación pouco pode facer para evitar que as operadoras vampiricen ós seus usuarios. Amais, iso de que as empresas que comercializan as mensaxes estean nun suposto anonimato cando é de sobras coñecido quen está detrás (as operadoras e as grandes canles de televisión) tamén resulta insultante. Pero ó final hai que admitir que a culpa deses supostos tipos está nos usuarios.
Un claro exemplo é o do fulano que pediu que non lle cobraran 8.000 euros por conectarse á Internet no móbil dende Portugal (para o que tivo que descargar moooita información durante un par de días) aducindo que non lle informaron de que a súa tarifa plana non incluía conexións no estranxeiro… ¡menudo morro! ¡¿Dende cando as empresas de telefonía son internacionais?! Facerse o parvo despois de que a operadora cargue contra un tampouco parece moi ético (aínda que nesta ocasión saíu coa súa).

Tralo debate tamén falei das novas da semana:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Hai que recoñecer que a TDT está a avanzar por fin. De feito, as emisoras locais de Compostela van comezar a operar antes do verán (posiblemente comecen as probas en cousa dun mes) o que é algo que se agradecerá, pois así xa se poderán ver tódalas canles terrestres dende a TDT (non sei se as televisión doutras localidades galegas se apurarán tanto, aínda que gustaría de que Dez TV tamén fixera o propio, para que en Melide se puidese ver unha canle dixital case local).
Para rematar reitero que o concurso de Eurovisión en colaboración con MySpace está a resultar unha chapuza auténtica, aínda que cumpriu co obxectivo de facer que todo dios fale do certame, aínda que sexa polo Chiki Chiki:

1 comentarios realizados

a gravatar

1. Pacha escrito o 24 de Febreiro de 2008 ás 18:40

Pois sí.. é unha vergoña o de TVE e Myspace..

Pero hai alguén que é máis responsable de que tanto O Gato coma Rodolfo estén onde están… é eses son os de Media Vida, que foron os que votaron masivamente

Agora ben, creese que xa atoparon o script de marras (o link é sacado da mellor web sobre eurovisión en castelán, e ademáis “made in Poio”

http://www.eurovision-spain.com/iphp/noticia.php?numero=4053#

Creo que habrá que esperar ó xurado de “expertos” e que escolla ben a 5 candidatos (un deles esperemos que sexa Anael, que leva TE-MA-ZO”)

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios