Matt Damon e Ben Affleck: fornicadores televisivos
Un dos vídeos máis populares dos últimos meses na Internet, con perdón de Rodolfo Chikilicuatre, foi o da canción de Sarah Silverman no programa televisivo do seu mozo, Jimmy Kimmel:
E agora xa hai un contraataque, no que Kimmel devolve a xogada:
Quitando a coña en si, é impresionante a cantidade de famosos que colaboran no vídeo en plan We Are The World. Eu recoñezo a Ben Affleck, Brad Pitt, Harrison Ford, Cameron Diaz, Joan Jett, Robin Williams, Meatloaf e ó fulano que facía de McLovin en Supersalidos, aínda que a calidade do vídeo en YouTube non axuda moito a distinguir as caras (teño entendido que as louras que saen ó principio do coro son Christina Applegate e Rebecca Romijn, pero eu só vexo unha chea de píxeles revoltos).
Non sei cómo é posible que tantos actores colaboren nunha coña para un programa de televisión, pero supoño que non farían tal se non fose polo exitazo que supuxo o anterior vídeo en YouTube.
¿Serán capaces de facer unha réplica semellante na televisión española en programas coma o de Buenafuente?




2 comentarios realizados
1. Matachin escrito o 27 de Febreiro de 2008 ás 12:42
Parece mentira pero ó único que vexo con unha coña así é Corbacho (o que é bastante triste) teñen mais mala baba en “Se lo que hicisteis” que en calquera late-night (que usan so esa mala baba para temas de política).
2. Marcus escrito o 27 de Febreiro de 2008 ás 12:59
A verdade é que a Sé lo que hicísteis fanlle bastante caso, polo que poderían montar cousas con famosos en calquera momento, pero non teñen a capacidade de mobilización de figuras tipo Buenafuente ou Wyoming.
O que si me deixou flipado o pasado domingo foi o Follonero, que se colou en todas partes. Parece que por fin os políticos se decatan de que o humor non vai contra eles, senón todo o contrario.