Venres, 18 de Xaneiro de 2008

A Nintendo DS arrasou este Nadal

Amparo Baró e Javier Cámara promocionando a Nintendo DSHai cousa de mes e medio a miña nai preguntoume por unha máquina que anunciaban na televisión para traballar a memoria, para ver se sabía onde podía mercar, pois ela coidaba que se vendía na Farmacia. Tiven que explicarlle que se trataba dun xogo para unha consola portátil, e incidín moito en que consistía nunha serie de exercicios para axilizar a mente, aínda que non podía detallar moito porque nunca vira en funcionamento o Brain Training.
Finalmente o día de Reis regalámoslle á miña nai unha DS co Más Brain Training e agardo que pouco a pouco lle vaia collendo o tranganillo, aínda que admito que algún dos exercicios son moi complicados (especialmente os de memoria).

Para facilitarlle un pouco as cousas á miña nai déuseme por mirar do Brain Training, que por ser a primeira entrega dos xogos do Dr. Kawashima, agardaba que fose máis doado, e accidentalmente topei con información sobre cartuchos R4, M3 e TT, que sirven para cargar xogos na DS mediante tarxetas microSD, cun custe moi semellante ó dun xogo.
TodoConsolasNun princpio prefería pasar de piratadas, por se a cousa resultaba moi complicada (para a usuaria habitual da consola), pero ó ver que a tenda virtual Todoconsolas estaba fisicamente en Coruña decidín arriscarme.
Cando cheguei á rúa dos Tornos levei a sorpresa de que, pese a que estaba a chover, había xente na beirarúa, fóra da tenda, e resultou ser unha inmensa cola de xente que na meirande parte dos casos ía facer o mesmo ca min. Incluso a tenda ampliara o seu horario eses días, polo que sospeito que boa parte dos coruñeses ós que os Reis lles achegaron unha DS estaban a procurar un xeito de ter xogos a esgalla sen gastar un can.
Coido que, agás un fulano que levaba unha PSP e outro que levaba unha Xbox 360, o resto das persoas tiñan unha Nintendo DS, o que me dá a entender que o panorama consoleiro cambiou moito nos últimos anos. Antes as consolas de Nintendo eran para os nenos, e agora hai moitos usuarios ocasionais tanto coa Wii como coa DS.

listaxe de vendas de decembro
Listaxe dos xogos máis vendidos en decembro de 2007

Este cambio incluso se reflicte nas vendas de videoxogos, e no mes de decembro a DS tiña 6 os 10 títulos máis vendidos, seguida por 2 títulos da PS2 e outros 2 da Wii, ou sexa, que Nintendo arrasa cando chegan as vacacións.
Resulta moi curioso, pero tanto no Nadal coma no verán a DS arrasa en vendas, mentres que se miramos o mes de novembro vemos que a PS2 aínda conserva boa saúde co xogo da WWE no primeiro posto, o PES 2008 no segundo e o Dragon Ball Z: Budokai Tenkaichi 3 no 8º.
Estes datos virían a ratificar que o público infantil e os xogadores ocasionais son a canteira de Nintendo (ou tal sen entende ó ver que os xogos que máis venden son os de Pokémon e Brain Training), mentres que as consolas de nova xeración (Xbox 360 e PS3) parecen relegadas para os gamers.

Tamén existe unha fenda de xénero nas consolas portátiles, pois vese que a PSP de Sony é para rapaces, mentres que a DS é para nenas/mulleres. Segundo Nintendo o 60% dos usuarios da DS teñen entre 30 e 60 anos, e máis da metade son mulleres, o que deixa claro que o conto cambiou moito, e non só se limita á xente que medrou cos videoxogos. Entendo que a xente de máis de 40 anos non tivo videoxogos na súa infancia, polo que son unha especie de neoxogadores polos que ninguén daba un can.

Acaso, ¿alguén se atrevería a dicir hai 1 ano que o xogo Imagina ser mamá chegaría á listaxe dos 10 xogos máis vendidos do mes? Ese tipo de títulos non sairía para ningunha plataforma electrónica se non fose porque lograron que as cativas se viciasen a Tetris, Puzzle Bobble e os Sims, e agora xa xogan tanto coma os nenos, pero a títulos moi diferentes.

Vendo o panorama político actual, vou suxerir a Visual Impact (Ubisoft) que prepare un novo xogo da colección Imagina ser:
Imagina ser Alcaldesa
¿Conseguirán comercializalo antes do 9 de marzo?

ACTUALIZACIÓN: Acabo de ver un vídeo no que se ve a evolución do mercado nipón de videoxogos entre 1996 e 2007 do que me quedaría cun contrastre entre 2005 e 2007:
contraste entre 2005 e 2007
Iso supón un claro retroceso para Sony, que en 2002 contaba co 59,7% do mercado e agora ten peores resultados que en 1996, cando repartía a tarta con Nintendo e Sega case a partes iguais. Todo indica que a PS3 foi o grande fiasco da empresa, pois tardaron tanto en colocala no mercado, e a un prezo tan elevado, que tardará moito en imporse. Os cartos que perderon nos 2 últimos anos son irrecuperables, e deixar a Nintendo nunha posición dominante podería ter repercusións a longo prazo (coa incorporación ás consolas dos casual gamers).

Xoves, 17 de Xaneiro de 2008

Orixinal televisor plano galego

Catuxa mandoume por e-mail unha fotografía dun televisor plano supostamente instalado nun domicilio galego:
televisor plano galego
Ver parte traseira do televisor ▼

A verdade é que non dubido da curiosa instalación do televisor, senón que sospeito que non é galega (pois podería tratarse dunha instalación gallega, ou sexa, que a imaxe correspondería a un contido humorítico en América Latina, se nos atemos ó significado que ten a palabra gallego segundo a RAE).

Pancho Rajoy en El País

En El País de hoxe Forges ilustra a Mariano Rajoy emulando ó famoso cadelo Pancho dos anuncios da Primitiva:
Tira de Forges
A tira de Forges fíxome graza, especialmente ó pensar que se podería converter nunha trama. ¿Imaxinades a Aznar pedíndolle a Pancho que volvese?
Menuda risa sería, aínda que coido que tralo 9 de marzo o anuncio debería ter a Rajoy facendo de Ramiro Benítez e a Gallardón facendo de Pancho.

O anuncio clásico é xa un dos meu favoritos, especialmente polas tomas de Pancho botando a roupa a lavar ou enfiando unha agulla:

A segunda parte tamén era boísima:

Iso si, o spot do 20 aniversario da Primitiva só o vin en YouTube, e pareceume impresionante:

¡Canto xogo pode dar un canciño! Finalmente Pancho colleu o relevo da cadela Pippin ou os cans Rintintín e Rex, aínda que coma siga facendo o preguiceiro por aí adiante vai rematar parecendo Rantamplán ;)

Mércores, 16 de Xaneiro de 2008

Dominios .es de balde para os novos

Jovenes en RedO Goberno vai subministrar de balde durante 1 ano ós menores de 30 anos un dominio .es e espazo web (onde crear blogs, galerías fotográficas e outras cousas de xeito doado) a través da iniciativa Jovenes en Red, que me parece unha soberana tontería porque cando se anunciou xa había empresas coma 1&1 que daban eso mesmo de balde (o dominio .es por 1 ano e a hospedaxe web por 2 anos), porque é un magnífico sistema para captar clientes que no futuro poderán pagar polo servizo (especialmente porque mudar de servidor normalmente é un follón).
Entendo así que o orzamento de 3 millóns de euros durante 2008 para a iniciativa o gastarán en publicidade, pois supoño que as empresas que darán o servizo o farán de balde para a Administración coñecedores de que están a sementar clientes para mañá. Amais, o número de dominios está limitado a 30.000 (¡e xa se solicitaron 5.000!), de xeito que falariamos de 100 euros por dominio/hospedaxe, o que supera o que gastan habitualmente os consumidores por estes servizos (mesmo con prezos europeos).

Non digo que estea mal a iniciativa, pero é claramente insuficiente. Dame a impresión de que algúns aproveitarán a ocasión para facer unha web de carallada e pasado o primeiro ano a deixarán morrer. Sería máis interesante que promovesen comundiades virtuais ou campañas de sensibilización. Tamén cómpre informar ós mozos que se queren ter un blog cun dominio propio só teñen que pagar entre 4,95 e 12 euros/ano, pois o dominio contratado o poden configurar para un blog no servizo de Blogger, que permite utilizar dominios personalizados (o que tamén deixa facer Gmail). Ou sexa, que hai solucións baratas e atractivas para facer moitas cousas na Internet, o importante sería propor cousas interesantes a facer, e dar incentivos á creación de contidos na Rede.

Sorprendeume ver que Juan Varela ten outra visión sobre o asunto (¿acaso os maiores de 30 anos precisan solicitar axudas para pagar 12 euros/ano?):

Los no tan jóvenes también queremos .es

¡Snif, snif, sniffff!!!
Los jóvenes ya pueden tener dominio .es gratis -por un año- desde hoy. Son los Ciberreyes Magos del gobierno, encargados en el último Consejo de Ministros del año.
¿Y el resto? ¿No tenemos derecho los vejetes a la ciudadanía 3.0?
Con un poco de esfuerzo y ganas se podría ir avanzar en los derechos de ciudadanía digital. Esos que tanto agradecen al presidente los cibersocialistas agrupados en Ciudadanía en Red con Zapatero.
Además de las gracias por gobernar, en el manifiesto se podrían incluir nuevos derechos digitales como un dominio propio e intransferible como el DNI, para cada ciudadano sin límite de edad ni condición.
Una identidad digital al estilo de OpenID, simple, para utilizar en toda la Red, con alta protección de la privacidad del ciudadano y con posibilidad de encriptación para mantener el anonimato cuando así lo decidiese el usuario.
Y, por supuesto, basada en estándares abiertos.
Sería una gran forma de avanzar en la sociedad de la información y en una auténtica ciberciudadanía.
También así se daría un paso muy importante en algunas de las medidas aprobadas en la nueva Ley de Medidas de Impulso de la Sociedad de la Información. Se simplificaría la firma electrónica y se facilitaría el acceso a la administración digital.
A ver si se animan.

Se ben o DNI electrónico está moi ben para comunicarse coa Administración, levalo a outros niveis pode ser un erro enorme. Non creo que o Estado deba crear solucións tipo OpenID. Vaia, ¿non estamos suficientemente fichados? O da identidade dixital pode estar moi ben para xente que desexe darse a coñecer na Internet, pero a meirande parte dos usuarios non ten ningún interese en estar controlado.

Volvendo ó tema inicial, cando buscaba información sobre Jovenes en Red topei en Red.es cun Blog en Red:
Un blog en red
¡Menudo espazo! ¡Qué bonito! ¡Qué atractivo! ¡Qué triste! Pareceume patético que na súa cabeceira aparecese unha rapaza cun portátil que descaradamente está sacada dun banco de imaxes: o equipo informático é un iBook (coa mazá photochopeada) que, para quen non o saiba, era a última moda en 1999.
Coido que esa pifia é coma se hoxe fan unha web de videoxogos e no logotipo poñen a un mozo botando unhas partidas cunha Dreamcast. Estaría ben para unha web de emuladores, pero no para unha de xogos actuais. Polo mesmo, ilustrar que unha moza en rede e unha rapaza cun equipo de hai uns 8 anos, con entre 32 e 64 Mb de RAM, a entre 300 e 466 MHZ, e cun disco duro de entre 3 e 10 Gb, ¿non é como dicir que estamos moi atrasados tecnoloxicamente?
Si, o iBook é posiblemente o modelo de portátil máis atractivo que se fixo nunca (así coma os primeiros iMac tamén sentaron cátedra), pero hoxe é case unha peza de museo. ¿Qué será o próximo? ¿Imaxes de oficinas con máquinas de escribir?

A voltas co canon dixital

ticket de Batch-PCBegoña Pastoriza remitiume unha imaxe dun ticket de Batch-PC no que sae o canon desglosado, e aínda que se trata do canon dixital vello (á vez que se introduce en novos dispositivos, se reduce nos CD e DVD) dá unha boa impresión do que supón esta taxa.
Quero destacar 2 detalles do ticket:
- a caixa de Batch-PC tima ós clientes, pois cobra un IVE do 16,1% ó facer o redondeo (o prezo final tería que ser 18,58 euros). ¿Está autorizado un redondeo que evite dar céntimos nas voltas?
- o canon paga IVE
Esto último paréceme moi grave, pois prexudica ó poder adquisitivo dos consumidores aínda máis. Xa é abusivo que os fabricantes queñan que facer de recadadores de impostos para a SGAE para que ademais teñan que soportar o IVE polo concepto de compensación por copia privada (que despois repercuten en nós).

canon dixital en ÓptizeSeguindo co tema, o pasado sábado día 12 recibín un correo electrónico de Óptize convidándome a mercar na súa tenda en liña nas seguintes horas para aproveitar que as novas tarifas do canon dixital aínda non eran oficiais, o que me pareceu unha absoluta torpeza pola súa parte. ¿Están instándome a aproveitar o momento para evitar pagar unha taxa? ¿Non se decatan de que así tamén me están levando a buscar canles alternativas para adquirir produtos sen pagar a compensación por copia privada?
Cando eu vexo un anuncio dunha tenda en liña que vende a tarrina de 100 DVD Verbatim a 27,50 euros está claro que non pagan o canon dixital, pois este xa tería un importe de 44 euros, ou sexa, que de venderse legalmente o sobrecusto dos discos sería de máis do 60% do prezo total do produto, deixando en simples faragullas o 16% de IVE.
¿En verdade alguén ve razoables estas taxas? Porque unha cousa é defender a compensación por copia privada e outra dobrar o prezo de venda de produtos de consumo para compensar só a autores e editores audiovisuais (vaia, que ninguén compensa ás empresas de software e videoxogos polas copias).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios