Festa blogueira no Pub 14!

O vindeiro venres ás 23:00 horas celebrarase no coruñés Pub 14! un evento que xorde da colaboración entre os blogs Apocalipse do Porco e Beliscos Pequenos, que vén a ser simplemente unha festa na que se agarda a asistencia de boa parte dos integrantes do blogomillo.
Eu farei todo o posible por asistir, e coido que o Breogán e Jan tamén farán o propio. Para non espantar á xente xa advirto de que poida que non estea na Coruña en tal data, polo que a festa seguro que chegará a proporcións lendarias (coma diría Barney). ¡Ghanito e Besbe de seguro que van montar unha boa!






6 comentarios realizados
1. besbe escrito o 16 de Xaneiro de 2008 ás 22:29
Vente!!
2. Marcus escrito o 16 de Xaneiro de 2008 ás 22:50
Besbe, procurarei asistir. Todo depende de se quedo na Coruña ou marcho por cuestións familiares (ou sexa, que non depende de min).
Se quedo por Turquía procurarei pasar aínda que só sexa para escarallar a diversión
3. xurxo otero escrito o 17 de Xaneiro de 2008 ás 9:21
catorrrrrrrrrrrrrrrrrce!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
4. ghanito escrito o 17 de Xaneiro de 2008 ás 21:30
A distinguida audiencia deste blogue será benvida coma merece, igual co seu autor
5. Marcus escrito o 17 de Xaneiro de 2008 ás 22:15
Agardo poder escribir neste blogue a famosa frase «estiven alí» ó falar de cómo foi o que promete ser unha festa lendaria.
6. marcus.es » Festa blogomilleira: «Eu estiven alí» escrito o 20 de Xaneiro de 2008 ás 21:12
[...] Durante a noite entre o venres e o sábado celebrouse no 14! unha festa blogomilleira da que deron boa conta nos seus blogues tanto Ghanito coma Besbe, e eu pouco podo engadir agás que foi todo un pracer (ou pacer, xa que falamos do Blogomillo) tanto ver a outros blogueiros galegos coma coñecer en persoa a algunha persoa coa que só sabía pola Rede. Asistín ó evento co meu curmán, o Breogán de Gáidil, e con Jan, e tan pronto chegamos xa topamos cos amables anfitrións, varios blogueiros e algún que outro xornalista dos que frecuentan Hai Debate na TVG (refírome a Xosé Manuel Pereiro). Aproveitei a ocasión para falar un pouco de medios con Zerovacas e Juan Castro (que levou ben a miña crítica sobre Galiciae), comentar frikadas tecnolóxicas con Amador e Goretoxo e, en definitiva, mirar á cara ás persoas que normalmente leo, pero nin vexo nin escoito. Saúdos a todos e ata o vindeiro encontro blogueiro. por Marcus | escrito en Eventos, Internet Trackback URL | RSS Feed de comentario Etiqueta en del.icio.us | Enlace entrante | [...]