Xoves, 31 de Xaneiro de 2008

The Mindscape of Alan Moore

En Boingboing avisan de que na Rede se pode ver un documental de Alan Moore de nada menos de 77 minutos:

Sobra dicir que o documental só é apto para frikis. Seguro que moitos flipan ó ver que o autor de Watchmen, V de Vendetta ou La Cosa del Pantano (cómic do que DC deixa descargar de balde o seu número 21 en formato PDF) é un personaxe tan peculiar.

O test de manchas de R

Onte chegoume a revista de R a casa, e a súa portada agradoume moito:
Test de manchas de R
Ó momento véume á cabeza a idea de que poderían ter feito a portada inspirándose na película de Watchmen, pero como aínda falta máis dun ano para a súa estrea teño que pensar que os creativos da revista son tan frikis coma min ;)
Aparte do cómic de Alan Moore, coido que a única referenza mega-friki do test de manchas de Rorschach é na película Wilt, baseada nun libro de Tom Sharpe e dos británicos Smith and Jones, no que intentan facer pasar a proba ó protagonista (pensando que matara á súa muller):

-¿Qué ve aquí? – di o psiquiatra
-¿O test de manchas de Rorschach? – resposta Henry Wilt

E bos, ¿qué vedes na portada da revista de R? Por se acaso eu non digo nada, porque senón pasa como coa coña do logotipo de Kappa, que ó final sempre ves o detalle oculto ;)

Mércores, 30 de Xaneiro de 2008

2B OR NOT 2B

A tira cómica 404 presenta hoxe unha coña ó nivel de ¿cómo chamarías a 8 bocabits? ou a película representada por 3 vectores linealmente independentes:
2B OR NOT 2B
Tamén sería válido comprar a coña coa popular frase de «hai 10 tipos de persoas, as que saben binario, e as que non». ¿Lembrades algún outro chiste malo de frikis informáticos/matemáticos?

Martes, 29 de Xaneiro de 2008

Llamazares préstase a burlas na súa nova web

El Candidato Responde en Gasparllamazares.es
Onte, Gaspar Llamazares presentou unha nova páxina web na que, aparte de contar cunha patética serie de debuxos animados (que parece feita por un neno pequeno), destaca pola sección El Candidato Responde, que sospeito que pode dar pé a coñas en programas de televisión e entre opositores políticos, porque cando lle preguntamos cousas coma «¿vas a prometer muchas chorradas en campaña» responde o seguinte:
A verdade é que «Bueno, eso lo veréis en nuestro programa electoral, que está mucho más desarrollado. Y ahora lo que puedo dar son grandes ideas pero no entrar al detalle que haría prácticamente imposible este diálogo con vosotros» podería parecer unha boa resposta xenérica, pero se as nosas preguntas son chorras, enténdese que o programa electoral de Izquierda Unida está cheo de parvadas.

¿Deixará o Gran Wyoming de rir de Pepiño Blanco para meterse con Gaspi?

ACTUALIZACIÓN: Ante a pregunta «¿Eres maricón o sólo lo pareces?» Llamazares escúdase nun sorriso:
Responde do mesmo xeito ante moitos insultos directos (gilipollas, subnormal, tonto del culo…). Parece unha opción máis intelixente que remitirnos ó seu programa electoral, ¿verdade?

¡Que volva Xabarín!

Unha iniciativa na Rede xuntou sinaturas para pedir a volta do Xabarín Club ás súas orixes, e agora a Mesa pola Normalización Lingüística está a pedir que volva o programa ó seu horario natural:

A Mocidade pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego denuncian a supresión do Xabarín Clube no horario semanal de tarde da TVG

Ambas as seccións da Mesa considérana “un grave retroceso” e lembran que un dos obxectivos básicos da televisión pública galega é “ser ferramenta activa” no proceso de normalización da lingua

Xabarín Club
A Mocidade pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego, seccións da Mesa pola Normalización Lingüística, veñen de denunciar a nova modificación no horario de tarde da TVG que, como xa acontecera no pasado, deixa fóra o Xabarín Clube, o espazo televisivo infantil da canle pública por excelencia. Co novo cambio na programación, o programa liderado polo máis popular porco bravo de todos os tempos fica relegado aos sábados pola mañá e máis a un reducido oco na primeira hora da mañá pola semana de, aproximadamente, unha hora de duración.

Os colectivos pertencentes á Mesa consideran a decisión da canle pública de televisión un “grave retroceso” ao tempo que anuncian que “instarán” de xeito inmediato a dirección da TVG a reconsiderar a exclusión do Xabarín Clube do horario semanal das tardes. Tanto a sección xuvenil da asociación en defensa do idioma como o Colectivo de Nais e Pais sinalan que o espazo infantil é, desde os seus comezos, “unha ferramenta privilexiada” para a promoción da lingua que conseguiu, a través dos seus programas, actividades e contidos, transmitirlle ao público infantil e xuvenil unha imaxe “prestixiada” e “dignificada” do galego, até o punto de chegar a ser na actualidade “un dos principais referentes culturais feitos no noso idioma” para a poboación infanto-xuvenil; referentes dos que a lingua “está urxentemente necesitada”, aseguraron.

A Mocidade pola Normalización Lingüística e o Colectivo de Nais e Pais polo Ensino en Galego aproveitan para lamentar tamén os “múltiplos problemas” aos que o Xabarín se viu sometido nos últimos anos. Os colectivos da asociación cidadá lembraron que os novos recortes “non son os primeiros” e que o espazo infantil “xa estivo practicamente desaparecido” da grella da TVG noutras ocasións “por decisións de orixe política”, retomándose nos últimos anos cunha “importante renovación” nas series, formatos e contidos feita posíbel grazas a un “equipo de profesionais comprometidos co proxecto que orixinou o Xabarín e dunha enorme valía”.

Non acabo de entender a política da TVG, especialmente nun momento no que a televisión está dirixida polo antigo responsable do Xabarín Club. E despois teñen que pór desculpas á caída de audiencias… investir en programación infantil é unha obriga da canle para fomentar o galego entre o cativos. A estas alturas, ¿aínda temos que reclamar este tipo de cousas? ¿Qué vai ser o seguinte? ¿Que a segunda canle pública galega (G2) sexa en español?

Stan Lee en Mahalo Daily

Levo seguindo o podcast de vídeo Mahalo Daily dende que resumiron o keynote de Steve Jobs en 60 segundos, e onte sorprendéronme entrevistando a Stan The Man Lee:

Parece incrible que as publicacións tecnolóxicas norteamericanas xunten todo o frikerío no mesmo tarro, pois en programas de televisión coma Attack of the Show tamén contan coa sección Fresh Ink na que repasan os últimos comics no mercado. Tecnoloxía, comics e ciencia ficción, ¿a mesma cousa son? :o

Domingo, 27 de Xaneiro de 2008

O mono dos blogueiros

Os blogues deberían incluír advertencias coma os medicamentos, explicando que poden producir adicción, e senón vede cómo está o pobriño de Bok:
Bok blogueando
Xa sabedes: se ides a bloguear, consultade ó voso médico ou farmacéutico.

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero