Zapping en directo na tenda Play

Mañá terá lugar na tenda Play de A Coruña (sita na rúa Federio Tapia, nº 43, xusto debaixo da Praza de Vigo) a emisión en directo do programa de radio Zapping, estando o evento aberto ó público (que deberá chegar ás 19:30 horas para poder acomodarse) no que será unha velada chea de emocións, sorpresas e agasallos (doados pola tenda, e entre os que está algún que outro iPod). ¿Poderédevos resistir a asistir?
Mentres non chega a festa de Zapping para despedir o ano, recoméndovos pasar polo podcast para repasar os programas anteriores. Tamén os podedes engadir a iTunes para que Txuri e Antón cheguen de xeito doado ó voso iPod ou iPhone ![]()
Para quecer os motores, déixovos co programa do pasado día 7 no que anunciaban o directo en Play:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.




5 comentarios realizados
1. brigantium escrito o 27 de Decembro de 2007 ás 17:21
Afora puxeron un cartel e todo. Se pode caer un iPod coido que hei levar o chourizo e o queixo e a bota de viño e unha mantiña e establecerme alí á hora de xantar XD
Vémonos
2. Marcus escrito o 27 de Decembro de 2007 ás 18:22
Brigantium, supoño que agasallarán á peña con algún iPod Shuffle (que son riquiños), aínda que de estirarse cun iPod Nano sería a hostia (como sorteasen algún iPod Classic ata iría eu a acampar alí… e botaríache laxante no que estiveses a xantar para evitar competencia).
A min faríame máis ilusión algún accesorio para o iPhone, pero temo que diso non hai en España
3. el_podcastero_enmascarado escrito o 27 de Decembro de 2007 ás 19:14
Deixádevos de iPods, eu quero un iMac…
4. Marcus escrito o 27 de Decembro de 2007 ás 21:45
Podcasteiro, pois se acaso, compínchate con alguén para que monte unha bulla, e mentres ti arramplas cun iMac e largo cun MacBook Pro… de seguro que non se decatan cos centos de asistentes ó directo
5. A escrito o 28 de Decembro de 2007 ás 1:07
hai alarmas, delicuentes!