Sábado, 22 de Decembro de 2007

Curiosidade nos estantes do Carrefour

Onte no Carrefour vin unha cousa curiosa na sección de libros infantiles:
Libros en Carrefour
¿Non vedes algo raro entre Astérix, X-Men, Thor, o Capitán América, Spider-Man e os Transformers? Non me refiro a que vendan comics de Cálico Electrónico no Carrefour. Como pista podo dicir que iso nos EE.UU. non pasaría nin de coña (aquí ata podemos botar unhas risas co asunto… ata que un pai se decate e lle monte unha pirula ós dependentes do centro comercial).

Venres, 21 de Decembro de 2007

In 2007 (o vídeo musical)

Os tolambráns de JibJab fixeron un vídeo musical resumindo o máis destacado de 2007:

Para min o vídeo paga a pena só polo cameo de Steve Jobs co iPhone. Ah, e na web orixinal se pode ver o vídeo con subtítulos.

Xoves, 20 de Decembro de 2007

Llamas, eses fermosos animais televisivos

La Chica de la Tele publica hoxe un anuncio impresionante no que escollen ás llamas coma obxectos de beleza (¡qué sorriso!):
Estou abraiado co anuncio, polo xeito de vender positivamente semellantes fistros, que non pararon de lembrarme ós anuncios de Telecom de La Llama que Llama:
Despois de tantos anos, e continúo a escachar coa risa con estes anuncios.

Mércores, 19 de Decembro de 2007

Cañita deséxavos bo Nadal

Dende Chuza! entérome de que o magnífico Cañita Brava estrea disco, pero o brutal é que na Voz de Galicia teñen un vídeo en exclusiva no que o artista canta unha panxoliña para aledarnos as festas:

Se chega a estar en YouTube en vez de na web de La Voz coido que este serán Ángel Martín (SLQH) ía cantar a cancionciña, pois Cañita é a única imitación que sabe facer :P

Os comics na Internet

No programa 84 de Zoom Net incluíron unha interesante reportaxe sobre o salto dos comics á Internet (do que xa falei hai un mes), coa presenza de Carlos Pacheco e Humberto Ramos:
O asunto está a crear moito debate e discusión, pero todo apunta a que falta bastante para que o papel deixe de ser o soporte da 9ª arte.

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios