Xoves, 27 de Decembro de 2007

Nome desafortunado: Heelys

Veño de ver na televisión o anuncio dunhas zapatillas deportivas que se poden empregar coma patíns engadíndolles rodas a xeito de tacón, pero que parecen un produto moi mal comercializado se nos fixamos na marca baixo a que se venden en España así como a súa páxina web.
Heelys.es
Non entendo cómo unha web que se promociona a través dun anuncio de televisión pode ser tan cutre, pois comete moitos erros nefastos, coma forzar o tamaño do navegador, reproducir un vídeo na súa páxina de entrada sen pedirlle permiso ó usuario, chamarlle Heelers Blog a un foro (¿usarán a palabra blog porque queda ben?), ter un sistema de menús que non funciona axeitadamente (os submenús agóchanse por detrás do vídeo de entrada), a páxina é máis lenta que un piollo con muletas e, finalmente, iso de heelys.es non parece un nome moi atinado pois, entre outras cousas, pronúnciase coma ghilis punto es.
¿Quen pode tomar en serio a unha marca así? ¿Alguén se pode sentir orgulloso de ter un calzado chamado ghilis? ¿E cómo lle chaman ós accesorios? ¿Poyash? Vendo que esas zapatillas deportivas se venden a entre 89 e 122 euros, coido que o adxectivo que definirá ós clientes da marca está moi claro.

Se os de Mitsubishi comercializaron o Pajero coma Montero nos países de fala hispana, e os de Axe lle chaman Lynx ós seus produtos en moitos países, ¿por qué os de Sport Conde non tiveron un pouco máis de tino ó lanzar unha forte campaña publicitaria?

Mércores, 26 de Decembro de 2007

O coello segue a dar guerra

¿Lembrades ó coello que hai no garaxe do meu edificio? Pois parece que conta con cómplices entre a veciñanza, segundo se dá a entender no cartel que había estes días xunto ó ascensor:
O coello contraataca
Iso me leva a pensar que existe un grupo revolucionario coñecido coma 12 Coellos:
12 coellos
Agora haberá que reflexionar sobre se tal grupo radical deberá ser exterminado para evitar que no futuro propaguen un virus mortal que remate coa humanidade tal e como a coñecemos e nos force a viaxar no tempo para arranxar a desfeita :P

Televisores panorámicos: ¿cuestión de tamaño?

O ano pasado o estándar en televisores TFT era de 32 polgadas, que moita xente consideraba que eran demasiado pequenas, o que resultaba abraiante porque a xente viña de ter televisores de tubo de 28/29 polgadas, os que aparentemente teñen unha superficie menor, pero grazas á web de Display Wars podemos comparar o tamaño de televisores de distinta proporción, de xeito que vemos claramente que 32 polgadas é menos que 29 no tocante ás emisións televisivas (que continúan a ser de 4:3):
Comparación cunha TFT de 32 polgadas
Así pois, se temos un televisor de 28/29 polgadas, ¿qué televisor panorámico teriamos que mercar para non ver a televisión máis pequena? A solución sería 37 polgadas, que casualmente é o tamaño que máis está a aparecer agora na publicidade das tendas (xunto coas enormes pantallas de plasma de 42 polgadas). Comparemos agora os tamaños:
Comparación cun TFT de 37 polgadas
Temos así que para substituír un televisor normal de 25 polgadas teriamos que optar por un televisor panorámico de 32 polgadas, e para facer o mesmo cun televisor de 29 polgadas a opción máis axeitada sería o televisor panorámico de 37 polgadas.
Este embrollo é difícil de explicar a moita xente, pero de xeito ilustrado resulta máis doado de entender, ¿verdade?

Así, que vaia renovar o seu televisor para Reis, que teña presente que comparar directamente as polgadas dun televisor vello cun dos novos non hai que caer na trampa dos números (pois sería coma comparar repolos con cebolas) e cómpre pensar en 2 dimensións. Polo mesmo, se falamos de monitores de ordenador, tamén hai que ter en conta que, normalmente, en vez de 16:9 son 16:10, polo que as proporcións tamén cambien a teriamos que volver a Display Wars para comparar tamaños (deducíndose que un monitor de 30 polgadas equivale a un televisor de 32).

Martes, 25 de Decembro de 2007

Happy hollidays, Mac. Happy hollidays, PC.

Agora que estamos no Nadal, toca lembrar ese xeito de felicitarnos as festas os fabricantes de informática, e o ano pasado os de Apple o fixeran dun xeito moi amigable:

Aínda que este ano preferiron dar máis a nota cunha versión tridimensional de Santa Claus Is Coming To Town:

Ver transcrición ▼

Non podo evitalo, pero o que fai de PC sempre me fai rir. ¡Bo Nadal ós PCeiros e Maqueiros de boa vontade!

Luns, 24 de Decembro de 2007

Bo Nadal

Para desexarvos un Bo Nadal, poño aquí a versión de Jingle Bells máis friki que nunca se viu:

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios