Sábado, 15 de Decembro de 2007

Vídeo musical dos coellos tolos

Os coellos tolos dos xogos de Rayman xa contan cun vídeo musical recompilando os vídeos promocionais do seu último xogo:

Despois de ver tal marabilla o que non entendo é por qué non hai ningún guionista que se anime a facer unha película con eses tolanbráns. Pero, ¿por qué falo hoxe dos coellos? Pois porque hai 2 días pegaron xunto o ascensor do portal o seguinte aviso:
por favor no dejen comida al conejo
¿A qué vén a conto? Pois resulta que no garaxe temos vivindo dende hai case 2 meses a un coello. Eu véxoo se algún día chego tarde a casa e estou flipando coa polémica que está a crear o animaliño, pois hai veciños que prefieren metelo na cazola e outros que lle botan de comer. A min resúltame indiferente (aínda que debo de ser o único no edificio que lle chama Paulo, coma o escritor) pero paréceme curioso que a barreira entre unha mascota e un produto de consumo alimenticio sexa tan fina. ¿Onde poriades vós a división?

3 comentarios realizados

a gravatar

1. Nemigo escrito o 16 de Decembro de 2007 ás 22:12

nemigo aoparato,
non vai moito no orzán había unha rapaza que tiña de mascota a un coello. Chamaba moito a atención. E a verdade é que istas mascotas teñen moitas vantaxes. Son vexetariáns e moi agarimosos e agradecidos. Para gustos hai mascotas

a gravatar

2. Marcus escrito o 17 de Decembro de 2007 ás 0:08

Nemigo, o que teñen os coellos é que son bastante paspáns (comparados cos cans ou os gatos). Na veciñanza hai quen sospeita que, en vez de vir do monte, o noso tímido veciño é unha mascota abandonada, o que explicaría que non procurase fuxir do garaxe (pasa moito tempo preto da rampa de saída e non se anima a liscar).

a gravatar

3. marcus.es » O coello segue a dar guerra escrito o 26 de Decembro de 2007 ás 20:24

[...] ¿Lembrades ó coello que hai no garaxe do meu edificio? Pois parece que conta con cómplices entre a veciñanza, segundo se dá a entender no cartel que había estes días xunto ó ascensor: Iso me leva a pensar que existe un grupo revolucionario coñecido coma 12 Coellos: Agora haberá que reflexionar sobre se tal grupo radical deberá ser exterminado para evitar que no futuro propaguen un virus mortal que remate coa humanidade tal e como a coñecemos e nos force a viaxar no tempo para arranxar a desfeita por Marcus | escrito en General, Cine Trackback URL | RSS Feed de comentario Etiqueta en del.icio.us | Enlace entrante | [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios