Luns, 31 de Decembro de 2007

Panxoliña Jedi: Este Nadal, os bos son os malos

Dende Por Una Navidad Auténtica (da axencia Love Publicidad) chega unha canción moi especial para ese chiquirritín que tódolos frikis adoramos:
Se tivese unha espada de luz de verdade iría a cantar esta panxoliña agora mesmo… ¡snif!

Domingo, 30 de Decembro de 2007

O Pressing Catch chega á Coruña

WrestlemaniaO outro día Fer informoume de que a WWE ía vir a Coruña, o que me sorprendeu bastante, e que ratificaría o feito de que o Pressing Catch volve a estar de moda (aínda lembro os tempos de Cuadrilátero na TVG).
O evento que chegará ó Coliseum coruñés será o Wrestlemania Revenge Tour e a data elixida será o venres 18 de abril de 2008 ás 20:00 horas, vendéndose as entradas a 25, 42, 60 e 80 euros. Véndese en El Corte Inglés e en Tick Tack Ticket, e parece ser que xa venderon moooitas entradas pese a que falta moito para o espectáculo.
Randy Orton, Jeff Hardy, Triple H e Umaga
Os loitadores que virán serán Randy Orton, Triple H, Umaga, Jeff Hardy e moitos máis (supoño que o resto serán pouco coñecidos). Boto en falta a algunha das grandes estrelas (John Cena, Rey Mysterio, La Bestia Batista, El Enterrador…) e quixera saber se os comentaristas de Cuatro narran estes eventos en directo (o que daría moito xogo).
¿Alguén ten máis detalles sobre o que promete ser o evento máis friki da primeira metade de 2008?

Sábado, 29 de Decembro de 2007

O directo de Zapping máis maqueiro da historia

A familia Zapping
O pasado venres boa parte dos zappineiros nos xuntamos na tenda Play de A Coruña para un directo do noso programa de radio favorito, no que foi un encontro multitudinario.
A xente que escoitase o programa dende a casa tivo que flipar, porque ó non estar presente no directo se perdeu o 80% da diversión, que en boa medida quedou marcada polos sorteos/concursos que contaron coa inestimable colaboración de Roli:
Roli e os sorteos
Os sistemas de elección de participantes foron do máis absurdo que se veu nunca: preselecionándose grupos de persoas con algunha prenda de roupa vermella, co DNI caducado, con máis de 9 chaves ou con medicamentos enriba para logo elixir ós finalistas cun mecanismo semellante ó xogo dos chinos, pero empregando o resultado numérico para contar ata a persoa seleccionada:
a xente erguendo as mans
Tamén se repartiron folios para que a xente escribira o seu nome e o lanzase a unha cesta que sostiña Txuri (unha mágoa que lle pixelase o careto, porque é de película):
lanzamento de papeis
Un dos mellores momentos da velada foi cando os Macois escenificaron un conto con bonecos de verdade, como a Princesiña que mercaba en Breshka ou o Príncipe que levaba uns desfibriladores para espertala do feitizo da meiga que lle dera unha mazá (obtida nun dos concursos do programa) envenanada:
Macois contando un conto
En definitiva, un programa divertidísimo para os que asistimos ó directo, e que podemos rememorar grazas ó podcast:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

NOTA: Como andabamos con presa, non puiden comentar na miña sección un detalle curioso, as mensaxes SMS que van a estar de moda estes días. Velaquí van algunhas:

• ¿Has comprado ya el regalo de estas navidades? Lo que va a triunfar son los muñecos de los duques de Lugo… Se venden por separado :-) ¡Felices Fiestas!
• En estas fechas de paz y amor la SGAE te recuerda que a partir de 2008 todo lo relacionado con la Navidad lleva canon. ¡Gracias a todos y Feliz Año!
• Para esta Nochebuena no te pongas tacones, no es cuestión de que también suba el conejo. ¡Felices Fiestas!
• Hola Hugo. O te callas o no te felicito estas navidades (J.C. Rey de España).
• Zapatero informa: “El dinero no da la felicidad”. Rajoy contesta: “¡Claro, con estos precios…”
• El Gobierno recomienda comer conejo esta Navidad. Haz Feliz a un conejo y dale una zanahoria para que él también se coma algo. Feliz Nochebuena del conejo.

Venres, 28 de Decembro de 2007

¿Gran Toñito Armado IV?

GTA IV
¿Son eu o único que vendo imaxes do vindeiro Grand Theft Auto IV pensa que o protagonista é Toñito de Poi? ¿Terá a Banda de Poi un tema na banda sonora de GTA IV?

Xoves, 27 de Decembro de 2007

Zapping en directo na tenda Play

Tenda Play
Mañá terá lugar na tenda Play de A Coruña (sita na rúa Federio Tapia, nº 43, xusto debaixo da Praza de Vigo) a emisión en directo do programa de radio Zapping, estando o evento aberto ó público (que deberá chegar ás 19:30 horas para poder acomodarse) no que será unha velada chea de emocións, sorpresas e agasallos (doados pola tenda, e entre os que está algún que outro iPod). ¿Poderédevos resistir a asistir?

Mentres non chega a festa de Zapping para despedir o ano, recoméndovos pasar polo podcast para repasar os programas anteriores. Tamén os podedes engadir a iTunes para que Txuri e Antón cheguen de xeito doado ó voso iPod ou iPhone ;)
Para quecer os motores, déixovos co programa do pasado día 7 no que anunciaban o directo en Play:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Nome desafortunado: Heelys

Veño de ver na televisión o anuncio dunhas zapatillas deportivas que se poden empregar coma patíns engadíndolles rodas a xeito de tacón, pero que parecen un produto moi mal comercializado se nos fixamos na marca baixo a que se venden en España así como a súa páxina web.
Heelys.es
Non entendo cómo unha web que se promociona a través dun anuncio de televisión pode ser tan cutre, pois comete moitos erros nefastos, coma forzar o tamaño do navegador, reproducir un vídeo na súa páxina de entrada sen pedirlle permiso ó usuario, chamarlle Heelers Blog a un foro (¿usarán a palabra blog porque queda ben?), ter un sistema de menús que non funciona axeitadamente (os submenús agóchanse por detrás do vídeo de entrada), a páxina é máis lenta que un piollo con muletas e, finalmente, iso de heelys.es non parece un nome moi atinado pois, entre outras cousas, pronúnciase coma ghilis punto es.
¿Quen pode tomar en serio a unha marca así? ¿Alguén se pode sentir orgulloso de ter un calzado chamado ghilis? ¿E cómo lle chaman ós accesorios? ¿Poyash? Vendo que esas zapatillas deportivas se venden a entre 89 e 122 euros, coido que o adxectivo que definirá ós clientes da marca está moi claro.

Se os de Mitsubishi comercializaron o Pajero coma Montero nos países de fala hispana, e os de Axe lle chaman Lynx ós seus produtos en moitos países, ¿por qué os de Sport Conde non tiveron un pouco máis de tino ó lanzar unha forte campaña publicitaria?

Mércores, 26 de Decembro de 2007

O coello segue a dar guerra

¿Lembrades ó coello que hai no garaxe do meu edificio? Pois parece que conta con cómplices entre a veciñanza, segundo se dá a entender no cartel que había estes días xunto ó ascensor:
O coello contraataca
Iso me leva a pensar que existe un grupo revolucionario coñecido coma 12 Coellos:
12 coellos
Agora haberá que reflexionar sobre se tal grupo radical deberá ser exterminado para evitar que no futuro propaguen un virus mortal que remate coa humanidade tal e como a coñecemos e nos force a viaxar no tempo para arranxar a desfeita :P

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero