Luns, 19 de Novembro de 2007

O comercio electrónico a debate en RadioVoz

Hoxe participei nunha tertula sobre o comercio electrónico no programa Voces de Galicia de RadioVoz, no que tamén participou Javier Wicho Pedreira, co que coincidín en moitos pareceres. O que máis me chamou a atención foi que moita xente segue a dicir que o comercio electrónico «é o futuro» cando está claro que xa leva tempo sendo o presente. A verdade é que quedaron moitas cousas no tinteiro, pero foi interesante participar no debate:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Ó remate, tanto Wicho coma min estivemos insistíndolle a Isidorio Valerio na necesidade de que publiquen os programas vía podcast, pois emisoras como Cadena SER estaban a tomar moi en serio o asunto, e as descargas son tamén unha audiencia moi importante (eu mesmo levo moitos programas gravados cando vou no coche). Do tema tamén deberían tomar nota a Radio Galega e outros medios.

Domingo, 18 de Novembro de 2007

Un mes sen Trebellos

Trebellos.org
Trebellos pretende dende o pasado mes de abril formar unha comunidade de blogs comerciais en galego (Blogueiros), o que resulta sumamente complicado por ser difícil consolidar unha masa crítica de usuarios que faga rendible o negocio, pero como iniciativa resulta moi interesante e sería bonito que Andrés Milleiro puidese converter o seu soño de blogueiro profesional en realidade, pero polo momento se ve que resulta bastante difícil compaxinar a labor de redactor tecnolóxico cos estudos universitarios (entendo que non por non poder escribir… senón por non ter tempo para ler todo o que se publica sobre o tema) polo que dende aquí quixera dicir que os boto en falta, pero que o único que lles podo transmitir son ánimos para que continúen coa súa tarefa cando teñan tempo e desexarlles moita sorte nos exames (ah, e que a Andrés lle regalen pronto un MacBook… ¿caerá por Reis?).

Venres, 16 de Novembro de 2007

Oliver e Benji… ¡existen!

O outro día comentáronme que na Internet había un vídeo en plan Oliver e Benji que era caralludo, e eu pensei que se trataba dun fragmento da magnífica película de Stephen Chow Shaolin Soccer (que misteriosamente segue sen saír en España pese a que aquí chegou unha película posterior moito peor, Kung Fu Sión) pero equivocábame, e resulta que é unha tolería que serve para botar unhas risas:

¡As tolerías que se fan cando se ten un croma a man!

Xoves, 15 de Novembro de 2007

Dilbert, Flash e Java

A tira de Dilbert de hoxe vén de sorprenderme porque demostraría que o xefe do noso enxeñeiro favorito tamén é un friki:
Dilbert, Flash e Java
Supoño que será porque Flash é máis coñecido en EE.UU. que en España, porque eu non imaxino a ningún executivo de por aquí entendendo que Flash, en vez dunha tecnoloxía empregada na web, se trata do velocista escarlata.

A cinta VHS

Os de Muchachada Nui parece que queren seguir a facer amigos na Internet, e continúan a sacar clips contaxiosos, como o que rememora ás nosas antes queridas cintas de VHS:
Para min o mellor do corte é que a cassette recibiu unha paliza duns iPod Nanos… ¡fillos de puta!
Pero hai algo que non cambiou en todo este tempo… ¡pois as cintas de VHS xa pagaban o canon da SGAE! ¿É preciso que repita a interxección que soltou a cinta de VHS ó final do vídeo anterior?

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios