O comercio electrónico a debate en RadioVoz
Hoxe participei nunha tertula sobre o comercio electrónico no programa Voces de Galicia de RadioVoz, no que tamén participou Javier Wicho Pedreira, co que coincidín en moitos pareceres. O que máis me chamou a atención foi que moita xente segue a dicir que o comercio electrónico «é o futuro» cando está claro que xa leva tempo sendo o presente. A verdade é que quedaron moitas cousas no tinteiro, pero foi interesante participar no debate:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Ó remate, tanto Wicho coma min estivemos insistíndolle a Isidorio Valerio na necesidade de que publiquen os programas vía podcast, pois emisoras como Cadena SER estaban a tomar moi en serio o asunto, e as descargas son tamén unha audiencia moi importante (eu mesmo levo moitos programas gravados cando vou no coche). Do tema tamén deberían tomar nota a Radio Galega e outros medios.




6 comentarios realizados
1. dorfun escrito o 19 de Novembro de 2007 ás 16:26
…creo que nestas cousas do comercio electrónio hai ainda un sector que non se deu de conta do mercado que ten por diante…e son as empresas de loxística (e penso nas grandes e non nas subcontratas) que se facilitasen e potenciasen as compras pola rede, terían un negocio moito máis suculento do que xa teñen hoxe en día… igual tamén vai ser iso… que non lles preocupa, tal como están as cousas…
2. Marcus escrito o 19 de Novembro de 2007 ás 17:19
Si, Amador, niso coincidimos tanto Wicho coma min. A loxística da noxo actualmente. Resulta patético que chegue antes un pedido feito a Amazon (EE.UU.) que un feito ó Corte Inglés. Moitas empresas non se están a decatar do mal que fan as cousas
3. Arduina escrito o 22 de Novembro de 2007 ás 13:56
Hei escoitar o debate á tarde, mentras traballo. E teño que dicir que concordo co que escribes na anotación e no teu comentario.
O Corte Inglés penso que é xa un caso coñecido por moita xente, hai unha morea de queixas polo servicio que dan por internet.
Eu ata fixen a compra por internet, e o resultado foi bó, os gastos de envio compensan porque son mais ou menos os que ofrecen no reparto a domicilio e aforro a viaxe.
Da loxistica en xeral que vou dicir, todos sabemos como vai a cousa
En moitas empresas estranxeiras os gastos de envio son gratuitos, podian tomar nota as españolas e terian mais clientes, seixa lles sobran cartos ou preguiza…
4. Marcus escrito o 22 de Novembro de 2007 ás 14:01
Arduina, algunhas empresas coma DVDGo saben cómo facer cos portes, e os poñen de balde moitas veces ou cando pasas dunha certa cantidade de compra. Para aforrar os portes o que tamén funciona ben é o de ir recoller o material ás tendas físicas, o que resulta especialmente útil, xa que cando un vai facer as compras aforra o traballo de buscar os produtos polos estantes e garante que non fai unha viaxe en balde
5. Pacha escrito o 22 de Novembro de 2007 ás 19:36
O comerci electrónico sí e o presente e o futuro, porque se non a ver como carallo consigo a música de fora
PD: Impagable o Enjuto mojamuto de onte… de navegadores foi a cousa, e ben que contempla a realidade (a de que cada vez máis xente emprega Firefox ou Safari)
http://youtube.com/watch?v=uWyKOvX00h0
6. An escrito o 25 de Novembro de 2007 ás 20:37
interesante o teu caderno…tereino en conta
Saudos