As miñas 20 series de televisión favoritas
Respondendo ó meme de Dani, teño que dicir que definir as miñas 20 series de televisión favoritas é algo moi complicado, porque non sei o criterio que debo seguir. O principal defecto de facer unha listaxe deste tipo é que todos tendemos a citar series recentes porque son as que temos máis frescas na memoria, o que nos leva a cometer lapsos imperdoables. Deixando claro iso, velaquí a miña listaxe:
- Los Informáticos (The I.T. Crowd)
- Heroes
- Enterprise (para min é a mellor serie de Star Trek)
- Firefly
- Cabaleiros con Aquel (The League of Gentlemen)
- Prison Break (a primeira tempada)
- La Liga de la Justicia (serie de animación, 2001-2006)
- Infelices para siempre
- Padre de Familia
- Futurama
- Los Simpson
- As Bolas Máxicas (Dragonball)
- Boston Legal
- Battlestar Galactica (serie actual)
- South Park
- Perdidos (Lost)
- Matrimonio con hijos
- Me llamo Earl
- Cómo conocí a vuestra madre (How I met your mother)
- 24
Tería que engadir tamén unha escolma de series nostálxicas:
- Los Fraguel
- Ulises 31
- Comando G
- Dragones y Mazmorras
- Os Pitufos
- O Dr. Slump e Arale
- Batman (serie de animación, 1992-1995)
- Dr. Who (etapas de Baker e Eccleston)
- Salto no tempo (Quantum Leap)
- Star Trek (a serie orixinal)
- Búscate la vida (Get A Life)
- Doctor en Alaska
- Flash
- Transformers (serie orixinal)
- As Tartarugas Ninja (Teenage Mutant Ninja Turtles)
- O mundo de Beakman
- Buck Rogers no século XXV
- Spider-Man (a que botaban por Antena 3)
- Lois y Clark: Las nuevas aventuras de Superman
- Xena
E citando tantas series estou certo de que esquecín algunha que me encantou no seu día, pero que neste momento non podo lembrar. Teño que comentar que, así como destaco a serie da Justice League, tamén me gustan as de Batman e Superman ou mesmo a dos Teen Titans ou a Lexión de Superheroes, pero só destaco a miña serie favorita das baseadas nos últimos anos en personaxes de DC.
Cito series coma Xena (aínda que tamén me gustaba a de Hércules) e Lois e Clark (aínda que tamén sigo puntualmente Smallville) porque quero reivindicar a figura das series de verán. O verán fai que as televisións se arrisquen a emitir produtos que no inverno non atopan espazo na grella (como lle pasou durante moito tempo a Buffy, outra serie que adoro xunto coa de Angel) e iso é moi de agradecer.
Deixei fóra da listaxe series coma House, Dexter, Shark e outras en curso porque aínda están a tempo de decepcionarme. Tampouco mencionei series españolas e galegas porque, aínda que seguín fielmente algunhas, coido que na súa meirande parte non souberon abandonar a tempo (como Mareas Vivas) ou non os vou lembrar coma referentes no futuro.
Repasando os títulos decateime de que recollo principalmente títulos de acción e comedia, polo que entendo que os dramas non teñen prioridade nas miñas preferencias de consumo televisivo.
¿Alguén se anima cunha listaxe coas súas 20 series favoritas? ¿E coas súas series nostálxicas preferidas?




10 comentarios realizados
1. el podcastero enmascarado escrito o 5 de Novembro de 2007 ás 0:27
“Chicas de hoy en día” estaba caralluda, e non se fixo con muitos medios. O pouco unha das protas fui facer “Braindead” con Peter Jackson.
¿Y o Doctor Who?, o da bufanda con pinta de tolo…
2. brigantium escrito o 5 de Novembro de 2007 ás 0:53
1. Los Soprano
2. Heroes
3. Dragon Ball (en Galego)
4. Mr. Bean
5. Salvados por la campana
6. Cuéntame
7. El Coche fantástico
8. El equipo A
9. McGiver
10. Campeones (Oliver & Benji)
11. Los Caballeros del Zodiaco
12. A Nanny
13. Los Simpsons
14. El pequeño detective
15. David el Gnomo
16. Lucky Lucke
17. 7 Vidas
18. Friends
19. Padres forzosos
20. Los Diminutos
Non necesariamente por esa orde.
Por favor, dime que xa empezaches ver a segunda tempada de Heroes, morro de gañas de comentala con alguén.
3. Marcus escrito o 5 de Novembro de 2007 ás 2:31
Brigantium, coido que a de Caballeros del Zodíaco tamén debería estar na miña listaxe… se só contase a primeira saga, porque logo fíxose moi repetitiva. Iso si, a canción da sintonía é gloriosa
Da túa listaxe coido que o único que eliminaría sería Cuéntame, e dubidei no caso de Lucky Luke, porque non estaba certo de se era unha serie de verdade ou se eran as películas soltas que as emitían serializadas (finalmente si é unha serie, cun par de películas aparte). ¡Viva Rantanplán!
4. Capullito de Alhelí escrito o 5 de Novembro de 2007 ás 11:19
Aconsello encarecidamente baixarse de Internet as dúas temporadas de Carnivale (24 capítulos) que, aínda que non se estrearon en España, xa circulan con subtitulos en castelán. Aínda que a serie ficou truncada por falla de audiencia, paga a pena ver estes capítulos coma quen ve un filme da saga de Star Wars (é dicir, historia pechada pero aberta a posibilidades de continuacións ou precuelas). Tema: a eterna loita entre o ben e o mal no marco da Grande Depresión norteamericana.
Para saber de que vai, consultar en Film Affinity
5. da escrito o 5 de Novembro de 2007 ás 11:53
Me apunto al ReMeme y ya lo he publicado. Que sepas que me has hecho pensar mucho… te odio
Un saludo y gracias por contestar al meme.
6. David escrito o 5 de Novembro de 2007 ás 13:45
Hala, yo también lo voy a hacer. No me resisto a los memes, aunque no sean para mi.
7. Marcus escrito o 5 de Novembro de 2007 ás 14:06
David, el meme es para quien quiera responderlo. Eso sí, a Dani seguro que le resultó confuso que le respondiese a un meme con otro (es lo que tiene ser más gallego que el anuncio de Gadis).
8. Ñ escrito o 6 de Novembro de 2007 ás 20:47
oRZOWEI
MAZINGER Z
HEIDI
LOS CHIRIPITIFLAUTICOS
CRONICAS DE UN PUEBLO
V
9. Sue Ellen escrito o 7 de Novembro de 2007 ás 13:28
Ya te vale, mira que no poner “Escenas de Matrimonio”…
10. Marcus escrito o 7 de Novembro de 2007 ás 14:17
Sue Ellen, tampouco puxen Dallas, e cando a botaban pola TVG non perdía un episodio