Martes, 27 de Novembro de 2007

2 anos de Marcus.es

2 anosMirando o blogue de Blas, que vén de cumprir 1 ano, déuseme por mirar o tempo que tiña este espazo, e decateime de que este martes cumpre 2 aniños, o que non está nada mal.
Esta historia naceu narrando o acontecido nun Beers & Blogs coruñés, que tería unha segunda parte na cafetería Bitácora de Santa Cristina, e aínda que levo blogueando uns 7 anos, manter un espazo persoal con periodicidade era algo que non probara ata o momento.
Nun principio alternaba o español e o galego, e rematei expresándome en galego para non liala (a miña ilusión era ter un Marcus.es en español e un Marcus.gal en galego… pero iso aínda vai tardar en chegar).
Nestes dous anos de vida esta web serviu para dar cabida a 840 entradas e 3.855 comentarios, estes últimos promovidos en boa medida polo debate político melidense (o que me fixo recuperar a esperanza na cidadanía), e durante o mes de novembro recibíu entre 1.744 e 2.308 visitas diarias, ou sexa, máis de 50.000 visitas/mes, marcas ás que non agardaba chegar en ningún momento, pois esperaba que este espazo quedase limitado a algúns amigos e ós incondicionais do programa de radio Zapping.
Así pois, o único que podo dicir neste momento é grazas, a tódolos que pasades por aquí, e soltades algún comentario de cando en vez… e grazas tamén ós que non vos animades a comentar, pero seguides aí, mirando o que contan os outros, vendo como a Rede tece novas comunicacións mesmo na periferia. Sen vós esta web non estaría viva, e eu a tería deixado de lado hai moito tempo. Grazas por seguir aí.

24 comentarios realizados

a gravatar

1. IaRRoVaWo escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 10:00

Parabéns!! Agardo que sigas así e que aguantes moitos máis anos… e que consigas ter o marcus.es e marcus.gal xD

a gravatar

2. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 10:03

Grazas, IaRRoVaWo.
O de ter un dominio .gal coido que é un desexo de moitos de nós, e estou certo de que o blogomillo o recibirá por todo o alto cando sexa unha realidade.

a gravatar

3. Nóvoa escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 10:10

Parabéns Marcus, os que temos intentado manter un blog diariamente sabemos do complicado que é poñerse día a día. Sorte de frikismo ter Marcus.Es como lugar de encontro e coñecemento :) Aperta!

a gravatar

4. Dani escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 10:12

Felicidades por los dos años!!!!

Esperamos que sean muchos más. Gracias por existir.

a gravatar

5. dorfun escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 10:16

ah! pero non nos vas pagar por vir por aquí!?!?!? :D

a gravatar

6. Andrés Milleiro escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 10:23

Parabéns ;)

a gravatar

7. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 11:34

Dorfun, o de pagar por ler este blog é algo que estou a pensar, pero preciso dun patrocinador que poña os cartos. Preguntarei no Gadis a ver se queren facer unha campaña de blogueemos coma galegos :P

a gravatar

8. brigantium escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 12:40

Parabéns! Agardo que en Zapping o conmemoren como é debido a pesares do mobbing ao que estades sendo sometidos os colabores:

A ti desprázante de hora, sobre-explotación do Dr. Alberto e Fernanda e…Roli READMISIÓN XA! O “corresponsal en EspaÑÑÑÑa” ese debe ser un enchufado..algún cuñado ou primo do Rajoy sen dúbida XD

Agora falando en serio. Tiña o marcus.es orixinal a mesma aparencia ca agora?
U-los anteriores blogs do Marcus imberbe?

Unha aperta!

a gravatar

9. Marcus escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 13:29

Brigantium, o molde deste blogue ten 2 anos, de aí que estea en castrapo, e antes tiña un blog en Dreamers (sobre comics) e outro de tecnoloxía (Heraldo.net) que rematou converténdose en Código Cero e pouco a pouco deixou de ser un blog para converterse nunha revista tecnolóxica.
Como levaba tanto tempo escribindo na Internet, rematei creando este espazo para bloguear a título persoal, e procurarei seguir así moito tempo, pois coido necesario contar cun lugar onde soltar paridas e relatar experiencias aínda que só sexa coma arquivo para o futuro.
Ah, e hai 7 anos xa gastaba perilla, así que os blogs que facía non eran precisamente imberbes :P

a gravatar

10. patroubles escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 13:47

Parabensssssss!!!!

a gravatar

11. Modesto escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 14:02

…y que cumplas muchos máaaaaaaaaas :D

a gravatar

12. Blas escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 14:08

Moitas felicidades polos dous aniños que cumpres, desde logo para min é un verdadeiro pracer visitarche tódolos días.

Que sigas cumprindo moito máis anos na rede, e eu que os vexa.

Un saúdo

a gravatar

13. riki escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 14:25

parabens marcus, eres o máximo¡¡¡

a gravatar

14. Suevo escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 14:42

Parabéns Marcus ;) agardemos que dentro doutros 2 anos mais (ou menos) o dominio marcus.gal sexa unha realidade :)

a gravatar

15. Fiz escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 15:02

Parabéns Marcus.
Un placer ter participado neste teu blogue.
E que dure moito mais Crack.
Unha aperta

a gravatar

16. Tino escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 16:41

Parabéns Marcus¡

Como fixeche un ghiño a eses que te seguimos e non escribimos, aquí queda esto¡

Un saúdo, e a seguir así¡

a gravatar

17. sHs escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 20:47

2 anos, ó cambio, deben ser como as vodas de prata,… Parabéns

a gravatar

18. Pedro Morgado escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 22:37

Parabéns por estes dois anos de trabalho.

a gravatar

19. paideleo escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 23:53

Noraboa por estes dous anos tan fecundos e alédome de que te recuperases.

a gravatar

20. Zítony escrito o 27 de Novembro de 2007 ás 23:54

J
A
P
I
B
E
B
I
T
U
Y
U
u
u
u
u

Parabens, neno. Onde carallo vas facer a festa ?!!
XD
XD

E aí che vai un agasallo, que axente non se estira un carallo
BKS*

http://www.compradiccion.com/images/2006/06/firefox-messenger-bag.jpg

a gravatar

21. Marcus escrito o 28 de Novembro de 2007 ás 0:53

Moitas grazas a todos polos parabéns. Dous anos aínda non son nada, pero a verdade é que tería a súa coña montar festas para celebrar estas cousas (unha desculpa máis para ir de troula ;) ).

a gravatar

22. Galiciandreamer escrito o 29 de Novembro de 2007 ás 1:54

¡E que sexan moitos mais!

Eu sonche asiduo lector ainda que non posteador.

a gravatar

23. Rubén escrito o 5 de Decembro de 2007 ás 18:14

Antes de nada moitas felicidades polo blog, encantame!!, moitos dos meus amigos xa o teñen en favoritos, gustame polas noticias que pos, e tamen pola pedazo de lista de Links, a maioría interesantes!.

Teño unha pregunta para vostede, sr Marcus. É en relación co rollo das visitas, visitantes unicos…
Teño unha paxina web e vexo as suas estadisticas, pero non me aclaro moi ven co que sigfican, ademais a descripcion esta en inglés, asi que peor. Sobre todo a dubida e en relación a diferencia entre “visits” e “sites”. ESta e a tabla que me mostran:

Daily Statistics for December 2007
Day Hits Files Pages Visits Sites KBytes
1 102 67 50 16 12 37140

a descripcion que me dan dende a axuda do servidor e esta:

Sites: The record of all unique IP addresses that made requests to the Web site during the report period.

The Internet is a network of computers that can share files with one another via a common protocol. Each computer on the network has a unique IP (Internet Protocol) address, which identifies that computer and differentiates it from other computers on the network. Each request made to the server comes from a unique IP address or site.

Note: The number of sites does not represent the number of individual users or individual computers accessing the Web site. Due to factors, such as multiple people working on the same network, it is impossible to determine a unique visitor total using only logs and HTTP protocol. Still, this number can be used as a close approximation.

Example: Private networks connecting to the Internet via a router use a single IP address (the router IP address) for security purposes, so one site can represent multiple users.

Visits (Also called Sessions): An attempt to measure the number of times visitors go to a Web site during the report period.

As page requests are made to the Web server from sites, the server records the IP address and the time which elapses between requests from that IP address. If the time between requests exceeds 30 minutes, PowWeb Web servers record a new visit for that site.

Example: Someone visits a page at your site at 1:00 p.m. and then requests another page at 3:00 p.m. The server records two visits.

Note: Due to the limitation of the HTTP protocol and other factors, the number of visits should not be taken as absolutely accurate. Rather, it should be considered a very close estimate.

E que algunhas veces o numero de “visits” e “sites”, e igual pero outras como no exemplo que che puxen son diferentes (16-12).

Podesme arroxar algo de luz neste asunto?
Grazas

a gravatar

24. Marcus escrito o 6 de Decembro de 2007 ás 23:46

Rubén, a túa dúbida é moi normal, e a respota é pouco menos que imposible. Resulta que o asunto das visitas nas webs non é algo realmente medible, de xeito que o que tes son estimacións. Así, podes saber se medran as visitas, pero non podes saber ben os visitantes, aínda que sexa só porque non metemos o DNI no ordenador para navegar pola web.
Así, cando un ordenador se conecta a unha web se establece unha sesión que se rexistra coma visita. Se tardas moito en volver a navegar pola web a seguinte sesión xera outra visita, pero os servidores poden detectar dende o IP de orixe do usuario ata o nome do equipo, de xeito que rexitra 2 visitas dun único visitante.
¿Entendes por qué digo que iso é só unha estimación? Esta práctica dá a entender que os ordenadores só teñen 1 usuario, o que non é certo en moitos equipos (cibers, escolas, bibliotecas, ordenadores a través dun proxy moi chungo…) pero por termo xeral serve para facerse unha idea do número de visitas e visitantes (suponse que o número de visitas ten que ser sempre maior ou igual que o número de visitantes).
Actualmente os medios de comunicación están a medir máis o número de visitantes únicos (o que o teu servizo de estatísticas chama sites) contrastándoo coas páxinas vistas. Así, as páxinas vistas serven para vender publicidade en base a impresións, pero para dicir a audiencia real que tes mides os visitantes únicos.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios