Venres, 30 de Novembro de 2007

Mi abuela

Dani rúlame un meme consistente en recomendar un vídeo publicado na Internet que resulte gracioso, para participar no sorteo dunha Xbox 360 co xogo Halo 3 organizado por unha web de Videos Graciosos. Non teño ningunha esperanza de gañar o sorteo, pero esta desculpa serve para lembrar unha canción que me molara moito no verán no que non paraba de escoitarse na radio, Mi Abuela:
Incluso os de Molotov fixeron a súa propia versión da canción, que en YouTube se pode ver con imaxes dos Simpson:
De seguro que a moitos o vídeo musical de Wilfred y la Ganga lles lembrou á cabeceira dunha popular serie de televisión que nunca botaron en Antena 3, ¿verdade?

Xoves, 29 de Novembro de 2007

Gladiadores Americanos

O televisión de primeiros dos anos 90 parece estar de moda, e trala volta de Humor Amarillo sorprendeume moito o exitazo que está a ter o Pressing Catch polo que se me deu en pensar nos programas dese tipo de botaba antes Telecinco e véume á memoria Gladiadores Americanos, que viña a ser unha especie de Grand Prix sen Ramontxu e con tíos e tías cachas meténdose mamporros. Mirei na Rede e resulta que o programa que rematara en 1996 está a anunciar a súa volta en xaneiro:
A nova edición parece contar cun casting bastante sólido, con tíos mazas e tías macizorras (Valerie Waugaman, Jaime Reed, Beth Horn e Tanji Johnson), aínda que non sei cómo aínda lembro os nomes de varias das gladiadoras das anteriores adicións coma Raye Hollitt (Zap) ou Tonya Knight (Gold), pero coido que era porque nos 90 saían en moitas portadas de revistas de musculación. Iso si, o que non cheguei a ver nunca era o videoxogo para Super Nintendo:
Xogo para SNES de Gladiadores Americanos
¡Qué pinta máis friki! Terei que buscar a ROM para probalo nalgún emulador (din que é tan malo que de seguro que ten a súa coña) ;)

Mércores, 28 de Novembro de 2007

Lembra as árbores

Ai, menuda coña me fixo o anuncio da empresa italiana CTS, que instaba á xente a non esquecer ás árbores para que as árbores non se esquezan dun, e o ilustraban moi ben:
If you forget trees, trees will forget you
O certo é que coma estamos na Internet, xa estamos a aforrar moito en árbores mortas con respecto dos vellos medios en papel. Pese a todo o papel segue a facer falta para outras cousas, como se pode ver no segundo anuncio da mesma campaña de CTS:
If you forget trees, trees will forget you
Sentinme moi identificado co asunto a pasada fin de semana, mentres estaba pachucho… supoño que non é preciso que dea máis detalles :P

Martes, 27 de Novembro de 2007

2 anos de Marcus.es

2 anosMirando o blogue de Blas, que vén de cumprir 1 ano, déuseme por mirar o tempo que tiña este espazo, e decateime de que este martes cumpre 2 aniños, o que non está nada mal.
Esta historia naceu narrando o acontecido nun Beers & Blogs coruñés, que tería unha segunda parte na cafetería Bitácora de Santa Cristina, e aínda que levo blogueando uns 7 anos, manter un espazo persoal con periodicidade era algo que non probara ata o momento.
Nun principio alternaba o español e o galego, e rematei expresándome en galego para non liala (a miña ilusión era ter un Marcus.es en español e un Marcus.gal en galego… pero iso aínda vai tardar en chegar).
Nestes dous anos de vida esta web serviu para dar cabida a 840 entradas e 3.855 comentarios, estes últimos promovidos en boa medida polo debate político melidense (o que me fixo recuperar a esperanza na cidadanía), e durante o mes de novembro recibíu entre 1.744 e 2.308 visitas diarias, ou sexa, máis de 50.000 visitas/mes, marcas ás que non agardaba chegar en ningún momento, pois esperaba que este espazo quedase limitado a algúns amigos e ós incondicionais do programa de radio Zapping.
Así pois, o único que podo dicir neste momento é grazas, a tódolos que pasades por aquí, e soltades algún comentario de cando en vez… e grazas tamén ós que non vos animades a comentar, pero seguides aí, mirando o que contan os outros, vendo como a Rede tece novas comunicacións mesmo na periferia. Sen vós esta web non estaría viva, e eu a tería deixado de lado hai moito tempo. Grazas por seguir aí.

Luns, 26 de Novembro de 2007

Revistea a miña foto

Parrula na portada de National GeographicTras uns días de parón no blog (estiven pachucho a pasada semana) volvo con forzas renovadas comentando a miña pasada esta mañá por RadioVoz, coma sempre, no programa de Voces de Galicia con Isidoro Valerio, onde falamos de varias novas coma o lanzamento do Amazon Kindle, a espada de luz para Nintendo Wii, a chegada da Alta Definición a Digital+, o xogo de Arale para Nintendo DS e a incorporación de Santiago de Compostela á oferta de cidades que se poden ver a vista de paxaro no Windows Live Earth.
Pero o que tivo máis éxito foi a recomendación do servizo MagMyPic, que permite crear portadas falsas de revistas con imaxes á nosa elección. Así podemos xogar a facer portadas de National Geographic, Time, Playboy, People, Sports Illustrated, Vogue, Fortune e Rolling Stone con fotos dos nosos amigos, para botar unhas risas. ¿Poderedes evitar a tentación de convertervos en persoas de portada?

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Luns, 19 de Novembro de 2007

O comercio electrónico a debate en RadioVoz

Hoxe participei nunha tertula sobre o comercio electrónico no programa Voces de Galicia de RadioVoz, no que tamén participou Javier Wicho Pedreira, co que coincidín en moitos pareceres. O que máis me chamou a atención foi que moita xente segue a dicir que o comercio electrónico «é o futuro» cando está claro que xa leva tempo sendo o presente. A verdade é que quedaron moitas cousas no tinteiro, pero foi interesante participar no debate:

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Ó remate, tanto Wicho coma min estivemos insistíndolle a Isidorio Valerio na necesidade de que publiquen os programas vía podcast, pois emisoras como Cadena SER estaban a tomar moi en serio o asunto, e as descargas son tamén unha audiencia moi importante (eu mesmo levo moitos programas gravados cando vou no coche). Do tema tamén deberían tomar nota a Radio Galega e outros medios.

Domingo, 18 de Novembro de 2007

Un mes sen Trebellos

Trebellos.org
Trebellos pretende dende o pasado mes de abril formar unha comunidade de blogs comerciais en galego (Blogueiros), o que resulta sumamente complicado por ser difícil consolidar unha masa crítica de usuarios que faga rendible o negocio, pero como iniciativa resulta moi interesante e sería bonito que Andrés Milleiro puidese converter o seu soño de blogueiro profesional en realidade, pero polo momento se ve que resulta bastante difícil compaxinar a labor de redactor tecnolóxico cos estudos universitarios (entendo que non por non poder escribir… senón por non ter tempo para ler todo o que se publica sobre o tema) polo que dende aquí quixera dicir que os boto en falta, pero que o único que lles podo transmitir son ánimos para que continúen coa súa tarefa cando teñan tempo e desexarlles moita sorte nos exames (ah, e que a Andrés lle regalen pronto un MacBook… ¿caerá por Reis?).

Entradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero