«Haber si nos vemos» (os SMS matan á ortografía)
Recoñezo que son unha das poucas persoas que se molestan en escribir SMS con tiles e comas, pero é que non creo que o móbil sexa desculpa para non respectar a ortografía, e non son o único:
St msj s xa ls k ya n cren n l lgje






4 comentarios realizados
1. Emilio Rodriguez Tilve escrito o 26 de Outubro de 2007 ás 9:36
Totalmente de acordo!!!
Eu tamén son dos poucos que seguemos a escribir con tódalas (bueno, realment case tdas) letras, tiles, puntos e comas. Non costa nada e, co diccionario, é máis fácil escribir! Teño visto mensaxes que incluso non teñen espazos entre as letras. Así non hai quen se entenda…
2. dorfun escrito o 26 de Outubro de 2007 ás 10:10
…eu ademáis trato de cubrir os 160 caracteres… ainda que sexa con contidos subrealistas… total vas pagar o mesmo! …e fas humor, humor…
3. lauren escrito o 30 de Outubro de 2007 ás 19:05
O mesmo dicían os detractores do boligrafo sobre a correcta e elegante grafía cando comezou a desaparecer a plumilla e o tinteiro…os sms salvan o peto mensual de moitas persoas que non poden permitirse facela chamada.Creo que a orixe do tema, relacionase con número de sms que envíes, coma sexas dos meus…acabas ata o carallo de poñelas letriñas todas.Para min, prima o ppo de eficiencia, sobre o de eficacia.
Unha perta.
4. Marcus escrito o 30 de Outubro de 2007 ás 19:49
Lauren, o prezo do SMS é un engano. Se a mensaxe de texto vai precisar de resposta sae moito máis barato chamar. De feito, a Comisión Europea quere meter man ó asunto, pois o prezo das SMS é desproporcionado.
Cando as chamadas a móbiles custaban 100 pesetas e as mensaxes 25, tiña sentido non chamar, pero agora… os motivos para usar as mensaxes son outros.