Xoves, 25 de Outubro de 2007

«Haber si nos vemos» (os SMS matan á ortografía)

Recoñezo que son unha das poucas persoas que se molestan en escribir SMS con tiles e comas, pero é que non creo que o móbil sexa desculpa para non respectar a ortografía, e non son o único:
St msj s xa ls k ya n cren n l lgje

Innocence

Non coñecía de nada a Geraldine Larrosa (Innocence) pero hoxe a escoitei pola radio (RadioVoz e a SER) e gustei da súa versión de The Show Must Go On:
Curiosamente parece que a fonte de inspiración deste estilo de música foi… ¡a película Van Helsing! ¡O que hai que oir!
Tamén din que Innocence non é música de disco (que se editou hai exactamente un mes), senón que se apreza mellor dentro dun espectáculo musical, ou sexa, que o que mola é o directo (a moza ten experiencia en musicais). Supoño que cando remate a súa promoción (hoxe está na Coruña e mañá irá a Santiago) haberá posibilidades de saber se paga a pena ver o seu espectáculo musical.

Cartel sobre a débeda municipal en Melide

O PP de Melide vén de remitirme por correo electrónico o seguinte texto (que coido que era o que estaba pendurando nalgún escaparate a pasada fin se semana):

O PARTIDO POPULAR QUERE INFORMAR Ó POBO DE MELIDE

EN TAN SÓ 4 MESES DE GOBERNO A DÉBEDA DO CONCELLO PASA: DUN 24% A UN 47% CO ACTUAL GOBERNO. (BNG-PSOE). O BNG-PSOE AUMENTAN O GASTO DE PERSOAL NUN 9,09%, CUN POSTO DE ASESOR DE COMUNICACIÓN PARA A ALCALDESA, CUN SOLDO DE 1.200 EUROS O MES E ELIXIDO A DEDO.

O GASTO DO DÍA A DÍA (GASTO CORRENTE), AUMENTASE NUN 4% E A SUBVENCIÓNS NOMINATIVAS NUN 28%.

¿CREEN VOSTEDES QUE ESTA E UNHA POLÍTICA DE CONTENCIÓN DE GASTO?

¿NON DICÍAN QUE SOBRABA O 60% DOS EMPREGADOS MUNICIPAIS E AGORA O ÚNICO QUE FAN E INCREMENTAR O NÚMERO?

O ACTUAL GOBERNO PIDE UN PRÉSTAMO DE 838.171,85 EUROS (140 MILLÓNS DE PESETAS) COMO DESCULPA PARA PAGAR A DÉBEDA.EN CONCRETO O ARRANXO DA PISCINA, CANDO ESTE GASTO NON LLE PERTENCE PAGALO ÓS MELIDENSES, SENÓN A EMPRESA CONSTRUTORA OU A DEPUTACIÓN PROVINCIAL (ALGO DO QUE SEMPRE FIXO CASO OMISO SOCORRO CEA CANDO ERA DEPUTADA).

O PARTIDO POPULAR CRITICA QUE SE HIPOTEQUE O CONCELLO DURANTE 15 ANOS PARA MERCAR UN FORNO NO LEBOREIRO (10.818 EUROS) , UNHA CASA EN FURELOS (13.000 EUROS), UN TRANSFORMADOR EN SANTA MARÍA QUE NON LLE PERTENCE PAGALO AO CONCELLO, ENTRE OUTRAS COUSAS.

OS DATOS DA CHARLA INFORMATIVA NUN RESTAURANTE DA VILA NON COINCIDEN EN ABSOLUTO COS DATOS OFICIAIS DADOS A COÑECER NO PLENO DO DÍA 8 DE OUTUBRO. FALÁNDOSE NA PRIMEIRA DUN ENDEBEDAMENTO DE 900 MILLÓNS E NO PLENO DO CONCELLO , DE POUCO MAIS DE 100 MILLÓNS DE PESETAS.

PREGUNTARANSE VOSTEDES:

¿CANDO SE LLE CONCEDE UN PRÉSTAMO A UN CONCELLO?

REXESE POR LEI. TAN SO SE CONCEDE CANDO O CONCELLO TEN AFORRO NETO POSITIVO.

ÁNXELES VÁZQUEZ DEIXOU O CONCELLO CON AFORRO NETO POSITIVO E AGORA BNG-PSOE FAN UNHA POLÍTICA “ALEGRE” SEN IMPORTARLLES HIPOTECAR O CONCELLO PARA COUSAS SECUNDARIAS DURANTE 15 ANOS.

O ACTUAL GOBERNO INTENTA MANIPULAR A XENTE.

OS PLENOS QUE LLE INTERESAN Ó BNG/PSOE CONVÓCANOS POLA NOITE, PERO O PLENO ONDE FIXARON AS DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS E OS SOLDOS (POR CERTO UNHA DEDICACIÓN EXCLUSIVA MÁIS QUE O PARTIDO POPULAR E 20 MIL EUROS MAIS EN SOLDOS) CELÉBRANSE ÁS 10 DA MAÑA.

O PP PIDE QUE TÓDOLOS PLENOS SEXAN Á MESMA HORA.

Quitando o feito de que as maiúsculas fan difícil de ler o contido, hai que recoñecer que moitas das argumentacións que se fan agora teñen que responderse axeitadamente. As dúbidas que expón o PP as teñen moitos melidenses e cómpre deixar as cousas claras.

Reitero que me parece unha vergoña que aínda non se diga cal é a política municipal no tocante ó pesoal (pois foi un dos temas máis denunciados cando o PP estaba no poder na vila) e non sei que é iso do asesor de comunicación (¿alguén sabe de qué vai iso?). Tamén considero que as cousas que o BNG e o PSdeG denunciaron nunha sesión informativa se deberían publicar por escrito detalladamente, para poder contrastar as diferenzas económicas que menciona o PP.

En definitiva, que agradecería algo de transparencia.

Mércores, 24 de Outubro de 2007

Un can caralludo

Os de Boingboing acaban de facerme rir a esgalla ó publicar o seguinte cartel:
Look At This Dog
Como vedes, non se trata dun cartel anunciando que se extraviou un can ou se regalan cachorros, senón que o anuncio só invita a mirar a un can moi chulo:

«Bota unha ollada a este fermoso can fillo da gran puta. A última vez que se lle veu tan ben foi no meu xardín, que é onde está agora mesmo, sendo tan molón como de costume. El é o máis fermoso can do carallo de todo o mundo e sempre se alimenta de comida cara»

Sen palabras ;)

Bohemian Festa

Un vídeo de College Humor leva un par de días na web e xa está a arrasar. Trátase dunha parodia-homenaxe ó Bohemian Rhapsody de Queen, no que se relata unha festa:

Ver a letra ▼

O vídeo fíxome moita graza, e paréceme abraiante que fagan uns vídeos tan currados exclusivamente para a Internet. Supoño que contan co efecto contaxio para que saia en tódalas televisións (que agora rouban moito material da Internet) e así buscarán darse a coñecer. O grupo da canción é Apes and Androids, ¡pero o vídeo está feito pola xente de College Humor! ¡Menuda promoción para a banda! De seguro que algún grupo galego gustaría de que en Air Galicia lle fixeran un vídeo musical, ¿non? ¡¿Ou mesmo Andrés Solo?! ;)

¿Qué tipo de blogueiro son?

Dani coincide comigo no tipo de blogueiro que é segundo un sinxelo test:
What Kind of Blogger Are You?
Non sei se este meme funcionará moito en España (onde non é normal vivir disto dos blogs), pero gustaríame saber se Andrés Milleiro, Manuls ou David coinciden comigo no mesmo perfil.

Martes, 23 de Outubro de 2007

Máis semáforos en Melide

Hoxe en La Voz falan de novos semáforos para Melide:

Proyectan instalar semáforos en el cruce de carreteras del centro de Melide

  • El concejal deTráfico también plantea construir una rotonda en la intersección de Santa María

Cruce de MelideLa reordenación del tráfico rodado en el casco urbano es una de las materias en las que ha intensificado su actuación el nuevo gobierno de Melide, formado por una coalición entre BNG y PSOE. Desde este último partido, el primer teniente de alcalde y concejal de Seguridad y Tráfico, Manuel Prado, ha trasladado a las autoridades competentes el propósito del ejecutivo local de realizar una serie de actuaciones que consideran oportunas para mejorar la seguridad viaria en pleno centro de la localidad y en el acceso a la misma desde la carretera nacional Lugo-Santiago (N-547).

En un encuentro que mantuvo días atrás con el jefe provincial de Conservación de Carreteras, Eduardo Toba Blanco, el concejal melidense solicitó el apoyo económico necesario para instalar semáforos en el cruce entre el vial de titularidad estatal y la carretera de ámbito autonómico que desde Melide conduce a Betanzos, por un lado, y a la localidad pontevedresa de Agolada, por otro. Esta intersección es el punto de mayor intensidad de tráfico en la localidad melidense; circunstancia que el mercado semanal que se celebra cada domingo complica provocando retenciones de vehículos.

La idea inicial es que el tráfico se regule mediante dispositivos luminosos sólo los días de mayor densidad circulatoria ya que la actual rotonda que ordena el tráfico no altera, habitualmente, la fluidez. La segunda demanda trasladada por Manuel Prado se traduce en la construcción de una rotonda en el punto en el que confluyen la carretera nacional y la que conduce a Visantoña, que es uno de los viales secundarios más transitados de la zona al comunicar la capital comarcal con el núcleo más poblado del vecino municipio de Santiso.

Además de regular el acceso de vehículos a esa carretera desde la nacional, la construcción de una rotonda en esa intersección, conocida como cruce de Santa María, obligaría a los conductores a respetar la velocidad establecida para circular en poblado. El límite se rebasa con frecuencia cuando se circula en dirección a Melide por inercia de la recta de entrada a la localidad que dibuja el trazado de la carretera Lugo-Santiago. Otra de las razones con las que el edil de Tráfico justifica la demanda viaria reside en el hecho de que el vial nacional se cruza con el Camino Francés a escasos metros del punto en el que plantea construir la rotonda.

El recorte de velocidad al que, inevitablemente, obligaría la rotonda repercutiría, a la par, en un mayor respeto por el paso de peatones habilitado, especialmente, para el cruce de los peregrinos. Además, el vecindario de la zona podría realizar los cambios de sentido en condiciones óptimas de seguridad.

Eu non acabo de entender a teima dos semáforos, pois sempre me deu a impresión de que hai menos atrancos no cruce da vila cando non se regula o tráfico, o que tamén é algo evidente, dado que os municipais limitan a circulación e non son quen de manter o cruce conxestionado e co tráfico circulando, o que si poden facer os conductores.
Para min os semáforos só supoñen (nas vilas, que non nas cidades) uns puntos de concentración do tráfico, ou sexa, xeradores de atascos, e calquera que pase por Ordes ou Sigüeiro a certas horas verá como os semáforos só crean situacións absurdas nas que moitos coches teñen que ceder o paso a uns poucos ou simplemente teñen que deterse por nada (especialmente pola noite) xa que non están regulados como nas cidades (onde se reprogramas segundo as necesidades de cada momento).

Aproveito este tema para instar ós melidenses a retormar o debate sobre a situación no Concello, pues xa van uns 126 días dende a toma de posesión da nova corporación municipal que aínda deu pouco que falar (aparte da charla informativa). Polo que sei, ata o momento a medida máis importante do novo equipo de goberno foi a liquidación de 739.745 euros en facturas, mentres que temas coma o do elevado número de persoal contratado polo Concello parece un tema tabú. ¿Alguén me pode ilustrar sobre o asunto?

Agardaba que pasados os 100 días de graza que se lle dá tradicionalmente ós novos gobernos comezase un debate sobre o presente o futuro da vila, pero parece que se fai o remolón. Tamén agardo que haxa un debate público entre os grupos políticos municipais (en Dez TV ou onde corresponda) antes do verán (aínda que sexa co gallo das Eleccións Xerais).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero