Eu non son aduaneiro
A polémica do peche de Aduaneiros Sem Fronteiras está a dar moito que falar, e eu defendo tanto a postura de Aduaneiros como a de Castaño, pero non me sumo á iniciativa de Andrés Milleiro para manifestarme sobre o tema por distintas razóns, entre as que destacaría que non procede en absoluto porque ninguén forzou ós Aduaneiros a pechar. Foi unha decisión voluntaria, polo que loitar contra a mesma tamén é enfrontarse ás persoas que libremente decidiron deixar o seu blog como moitos outros que foron desaparecendo nos últimos anos.
Aproveito a ocasión para destacar que o grafismo da campaña me parece moi pouco orixinal, pois coller unha imaxe da batalla de Iwo Jima para ilustrar a campaña de Todos Somos Aduaneiros, cando a fotografía se está a reproducir ata o aburrimento (especialmente polas últimas películas sobre o tema), non é algo que resulte atractivo nin recomendable. Chega con lembrar as moitas veces que se emulou en portadas de comics de superheroes:



Deixando a un lado a frikada comiqueira, e manifestando o meu aprezo e respecto a Andrés Milleiro, non podo evitar dicir que considero un erro remexer a merda, pois iso non beneficia a ninguén. Gusto do feito de que o Blogomillo gañe presenza no mundo real, pero tamén creo que tanto Aduaneiros como Yolanda Castaño non están a gañar nada coa polémica (do que queda constancia no feito de que os Aduaneiros tivesen que lanzar un segundo cominicado). Así pois, deixemos que corra o aire, e lembremos a Aduaneiros Sem Fronteiras polo seu traballo nos últimos anos e non polo xeito no que se despiden.




15 comentarios realizados
1. Andrés Milleiro escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 9:23
Ai cousas que non podo dicir aquí, máis só direi que a imaxe da bandeira co logo galego e demáis é dos propios Aduaneiros, eu só me limitei a copiala
2. Marcus escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 10:06
Andrés, o que pasa é que as pelis de Iwo Jima (de Clint Eastwood) saíron en 2007, o que fai que este ano a imaxe repita máis que o allo.
Sobre o de dicir cousas publicamente, coido que todos escoitamos distintas versións do asunto, e precisamente iso é o que, cando menos no meu caso, me animan a deixar quedar as cousas como están e non intentar facer sangue.
¿Non sería máis últil que algúen publicase un mirror cos traballos de Aduaneiros?
3. carlinhos escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 10:37
Estou totalmente de acordo coa túa postura Marcus. Partindo do feito de que ninguén os obrigou a pechar, creo que o mellor tería sido facer borrón e conta nova. Dicir que por petición da Castaño tiveron que retirar tal tema e xa está. A sensación de censura que quixeron que nos quedara ía quedar igualmente e todo poderiamos seguir gozando de aduaneiros.
Un saúdo melidao.
4. carracho escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 12:17
Lemos en Vieiros:
E en Aduaneiros:
¿E logo? Xa queda pechado o asunto, ¿non?
Son seguidor de sempre de aduaneiros, pero vexo esto un tanto desproporcionado. E entendo que nin a Yolanda (á que nin coñezo nin lin) nin a nadie lle faga gracia que a insulten gratuitamente, e que se queixe. Desde logo se eu tivera un blog tería moi claro que os comentarios que se limitaran a insultar e toca-lo carallo ou os ovarios gratuitamente a alguén os eliminaría. As críticas non as borraría, ollo; digo que borraría os insultos.
5. carracho escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 12:18
No comentario anterior, a 1ª cita pertence a Yolanda, por se non quedou claro. Púxeno no código (blockquote cite=”Yolanda Castaño”) pero igual o de cite non era para eso.
6. confrontera escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 12:48
Tampouco eres orixinal copiando fotos de internet e colgarlas no teu blog.
7. Marcus escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 13:08
Confrontera, o que pretendía dicir é que nestes momentos resulta aburrida a imaxe.
É como si agora quero facer un vídeo de coña e imito ó de Gadis ou o de Braveheart… quedaría moi cansino.
8. Teodoro escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 20:21
Estou de acordo contigo, Marcus. Non os forzaron a pechar. Se eles queren pechar, alá eles. Tampouco estou de acordo coas ameazas de ir a xuizo. A primerira comunicación debeu ser máis amistosa sen ameazas de ningún tipo.
9. Marcus escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 21:49
Teodoro, a verdade é que non parece preciso empregar avogados para mediar en Galicia. Yolanda ben podería ter falado cos Aduaneiros en persoa, e así non habería malos entendidos.
10. fochon escrito o 20 de Outubro de 2007 ás 21:53
Totalmente de acordo con Marcus, facía falta unha visión con un pouquiño de cordura.
Que eu sepa, os avogados, no noso pais, non representan ningunha autoridade, simplemente representan as persoas, empresas , organismos, etc.
O feito de pechar, po la carta que lles remite un avogado, e cando menos infumable.
11. Nemigo escrito o 22 de Outubro de 2007 ás 0:45
todos NON somos aduaneiros
certamente os aduaneiros decidiron pechar por decisión propria. A páxina leva moito tempo en crise e existe máis por inercia que por aportacións
Marcus, ti tes empregado material que non era teu sen pedires autorizacións. A orixinalidade propria á allea non é cousa nosa
E dos avogados lembrarche que ti tes ameazado en BA con empregar avogados nunha situación de acoso e insultos reiterados
O feito por aduaneiros contra yolanda foi un ensañamento incompresible. Se foi porque yolanda non está con isaac non ten senso. O vello pasouse varios pobos cando negou subas salariais aos traballadores de sargadelos dicindo que el non gañara cartos con sargadelos. Nengún traballador de sargadelos apoia a isaac nen os sindicatos. Por moito que a algún lle moleste isaac sobra en sargadelos. Hai que dicilo
12. Marcus escrito o 22 de Outubro de 2007 ás 1:02
Nemigo, reitero que o da orixinalidade era simplemente para deixar constancia de que a fotografía que inspirou a peli de Eastwood (Banderas de Nuestros Padres) resultaba cansina hoxe en día (non cando Aduaneiros a publicou na súa web).
Sobre o de BandaAncha, lémbrote que non foi sobre insultos, senón por calumnias (dicían que era empregado de R á vez que organizaba unha recollida de sinaturas contra a empresa… ¡manda truco! De feito, nunca traballei para R nin directa nin indirectamente) e ameacei con denuncialo ante a Garda Civil (para ese tipo de cousas non pintan nada os avogados nun principio).
Precisamente por eso dixen en varias ocasións que me parecía normal que Yolanda se queixase polo que se publicou nos comentarios de Aduaneiros. Considero que a resposta de ASF foi desproporcionada pero libre (lendo a resposta de Yolanda en Galicia Hoxe aínda parece máis esaxerado o conto). Se non queren seguir coa web, alá eles.
Con esta entrada o que pretendía comentar é que o tema había que deixalo estar, pois non fai ben nin ós Aduaneiros nin a Yolanda Castaño.
13. A Fiestra de Masoucos o Mundo » Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño (e II) escrito o 22 de Outubro de 2007 ás 13:59
[...] Como xa dixen antes, andres milleiro, é aduaneiro, e pola outra banda, a dos que non son aduaneiros, marcus di que non é aduaneiro. Un dos blgos que leo normalmente, marcus, di que defende as dúas posturas, pero que non se suma a iniciativa de andrés, aínda que o mércores 17 se mostraba algo máis crítico ca ‘poetisa’ YC. [...]
14. fandi escrito o 24 de Outubro de 2007 ás 11:57
aquí dicides que os avogados non representan ningunha autoridade, está claro que non, máis aínda exercen o seu poder, a súa maneira de actuar soe asemellarse aos vellos poderes fácticos.
Con respecto a imaxe, leva sendo moitisimo tempo, a “imaxe corporativa” de aduaneiros…
eu si estou con aduaneiros!
Cada día produúceme máis noxo a poeta (que non poetisa como dice ella)
15. O mundo desde un chimpín » TU QUOQUE IOLANDA? (OU POLA LIBERDADE DE EXPRESIÓN IV) escrito o 25 de Maio de 2009 ás 23:27
[...] Marcus (dous) [...]