Xoves, 18 de Outubro de 2007

O peor día da vida de Enjuto Mojamuto

Andrés Milleiro recolle no seu blog un corte de Muchachada Nui no que se ilustra o suplicio que supón chamar ó servizo técnico das operadoras que nos achegan a Internet ós nosos fogares:
Los InformáticosA verdade é que parece coma se no outro lado da liña estivesen os mozos de The IT Crowd, serie que se estreará o sábado 24 de novembro en Canal + baixo o título de Los Informáticos e que vai facer que o lema de «¿ha probado a apagar y encender?» se convirta na relixión de máis dun «infectado, que non zombie» (como ben destacan en Microsiervos).

7 comentarios realizados

a gravatar

1. Andrés Milleiro escrito o 18 de Outubro de 2007 ás 15:41

Onde esté ese “Benvido a R” que se quite outra cousa :D

a gravatar

2. Modesto escrito o 18 de Outubro de 2007 ás 16:46

Que tradución máis caca. :-(

a gravatar

3. Marcus escrito o 18 de Outubro de 2007 ás 17:13

Andrés, hai que recoñecer que dende que quitaron a nena robotizada o servizo de atención de R mellorou moito.

Modesto, supoño que a tradución e o máis literal posible, pois nas empresas normalmente se lle chama informáticos ós técnicos que se encargan do mantemento de equipos. Sería máis correcto chamalos «Los de Informática» pero igual queda raro como título, ¿non? Cando menos a serie non a estrea Antena 3, porque se non xa sabemos cómo se chamaría: Cosas de informáticos.
¿Suxires algunha alternativa ó título?

a gravatar

4. Mnemonick escrito o 19 de Outubro de 2007 ás 11:12

Litereralmente podería ser “La Muchedumbre esa”, ainda que eu diría de poñer “S.A.T”, que é mais pegadizo e todos coñecemos de que vai o tema (e todo mundo gusta do curto -E.R., House, etc-).
Polo demáis… o asuntiño este de “¿probou a desconectar e…?” símplemente é delito, neste ou noutro plano de existencia. É a resposta máis rápida para indicar iso de “estou seguindo o manual”, ergo “non teño nin idea, dame un momentiño”. O meu parecer, símplemente alucinante (e máis alucinante cando che sae o Peruano intentando imitar o español de Madrid -castizo- porque iso é o que lle mandan na empresa).

a gravatar

5. marcus.es » O peor día da Campus Party escrito o 4 de Agosto de 2008 ás 10:34

[...] o peor día da vida de Enjuto Mojamuto? Pois os campuseiros non o poden esquecer, e lle dedicaron unha homenaxe durante a fin de semana [...]

a gravatar

6. marcus.es » Unha tarde sen acceso á Internet escrito o 18 de Outubro de 2008 ás 0:42

[...] de xantar fun ao ordenador e vin que non tiña acceso á Rede, e comecei a sentirme coma Enjuto Mojamuto no peor día da suá vida. Fixen moitas probas e acabei deducindo que o problema estaba en R, pois podía ver a web da [...]

a gravatar

7. marcus.es » Os consumidores fronte aos problemas cos accesos á Internet escrito o 28 de Xuño de 2010 ás 20:52

[...] As incidencias deberían ser algo extraordinario, de xeito que nunca deberiamos identificarnos con Enjuto Mojamuto no peor día da dúa vida. por Marcus | en español | escrito en Internet, Televisión Trackback URL | RSS Feed de [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios