Wi-Fi en Melide
Aínda que a penetración da Internet non sexa moi boa en Melide, e as boas ofertas de ADSL continúen sen chegar á vila (seguimos a pagar máis por 1 Mbps do que nas cidades pagan por 20 Mbps), teño que admitir que me pareceu boa idea iso de que algúns locais de hostalaría se incoporasen á Free-hotspot.com, que para quen non o saiba, é a mesma plataforma que permite conectarse á Internet sen fíos á beira do río Támesis.
Polo momento só hai dúas cafeterías adheridas á iniciativa, que son:
- A Tenda Xusta
Calle San Pedro, 5
Melide, Galicia 15800 ES
Telf. 981 507667 - Cafe Xanela
Avenida Martin Freire 10
Mellid, Galicia 15800 ES
Telf. 981 505394
Non acabo de entender por qué unha está en Melide e a outra en Mellid, pero o caso é que hai a posibilidade de conectarse á Rede cos portátiles ou cos novos terminais Wi-Fi ( iPod Touch, iPhone ou moitos outros teléfonos intelixentes, así como con consolas de videoxogos portátiles como a Nintendo DS), o que seguro que agradecen peregrinos, turistas ou xente que queira aproveitar os seus momentos de lecer para consultar o e-mail ou mirar algunha curiosidade na Rede mentres agardan a outra persoa nunha cafetería.
A utilidade do servizo é innegable, e non sei se terán moito uso, pero o certo é que nas cafeterías de cidades nas que anuncian que hai Wi-Fi se nota moito (a cantidade de clientes que aparecen co portátil dá medo).
Para facer máis doada a localización das conexións Wi-Fi melidenses subín un mapa a Google:
Visualizar o mapa ampliado
Gustaríame completar o mapa cos lugares de acceso público (de balde ou de pago) na vila, polo que agradecería comentarios ó respecto. Neste momento coido que hai conexión na Noela, na Fundación e no Vagalume, e cónstame que hai máis locais, pero non sei se continúan a dar tal servizo ós seus clientes.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente non vou facer unha listaxe de redes Wi-Fi en Melide porque atopei moitas, case todas privadas, das que as había inseguras, e publicar a súa existencia sería algo comprometido.
Cando digo que hai moitas falo de puntos no centro na vila no que chego a detectar 3 ou 4 redes á vez, o que me dá a entender que a vila está repleta de redes Wi-Fi domésticas (e corporativas).




10 comentarios realizados
1. gaioso escrito o 23 de Setembro de 2007 ás 13:22
Hola Marcus, ¿cómo che vai? mira ti, visitando o teu blog, vin esta entrada respecto ó wifi en Melide, e creo que che podo ampliar información:
A parte dos lugares pertencentes a free-hotspot, tamén existe outro punto de acceso no Hotel Carlos 96, na Fundación haberá un dentro de pouco tempo.
En canto ós sitios de pago, podo enumerar os seguintes: A Fundación, A Noela, O Vagalume, Hotel Carlos 96 (de pago e de balde), A Tenda Xusta (de pago e de balde), Biblioteca Pública (de balde por suposto), e logo non estou seguro pero creo que na cafetería Cantón, e noutro que queda un pouco mais abaixo da Garnacha tamén teñen algún tipo de acceso. De todas formas, non estaría mal documentar ben este tipo de información, e se alguén pode engadir ou actualizar estes datos, benvidos sexan.
Unha aperta.
2. MELIDENSE escrito o 23 de Setembro de 2007 ás 14:00
en ezequiel de pago
3. Marcus escrito o 23 de Setembro de 2007 ás 16:25
Graciñas pola información. A ver se un destes sábados dou unha volta pola vila marcando os SSID das distintas redes Wi-Fi de Melide.
Nas cidades é todo un cristo, pero en Melide coido que é unha tarefa doada de abarcar, e posiblemente o mapa lle resulte de utilidade á xente de fóra.
4. gaioso escrito o 24 de Setembro de 2007 ás 1:10
No Hotel Xaneiro (Avda da Habana) tamén hai acceso a internet de pago. E polo que sei teñen unha wifi accesible, non sei si por descoñecemento ou intencionadamente (penso que polo primeiro), o que me leva a pensar que tampouco estaría mal documentar aquelas redes wifi privadas cuios propietarios desexen compartilas cos seus veciños máis próximos. Ahí queda a proposta.
5. Marcus escrito o 24 de Setembro de 2007 ás 10:03
Gaioso, cando faga o paseo procurarei facelo en plan wardriving, ou sexa, que se din que hai unha rede e non a pillo, non a censo, e viceversa
6. gaioso escrito o 24 de Setembro de 2007 ás 10:56
No Chiquitín prenso que tamén teñen free-hotspot, aínda que non estou de todo seguro.
Por certo, Marcus, ¿cómo vas facer o ‘road-wifi’ polas rúas de Melide?. Se fai falta axuda, avísame, podo botar unha man.
Podo falar co responsable de free-hotspot en Melide e tamén nos bota un cable.
Un saúdo.
7. Marcus escrito o 24 de Setembro de 2007 ás 11:55
Gaioso, chega con que dea un paseo polas rúas un sábado pola tarde. Levo un Nokia 770 e así é doado ver as redes e conectarme ás mesmas.
Tampouco pretendo que sexa algo exhaustivo (ou sexa, non creo que haxa moitas redes Wi-Fi polo Castelo) pero con mirar as rúas principais da vila xa podemos ter unha idea xeral.
Polo menos esa información será útil durante uns meses, pois hai que recoñecer que a tecnoloxía Wi-Fi vai quedar relegada ó uso doméstico nun par de anos, xa que entre o HSDPA e o WiMAX van cambiar o panorama das redes sen fíos de xeito radical.
Sería unha pasada que chegase o WiMAX a Melide agora que empezan a baixar de prezo os dispositivos deste tipo (aínda que as antenas externas seguen a ter prezos prohibitivos). Supoño que cando chegue R á vila podería ser un bo momento para mirar tal posibilidade.
8. riki escrito o 24 de Setembro de 2007 ás 12:41
o bar que di gaioso é o Atenas, e en Ezequiel tamen contan con conexión tipo ciber.
Veña fenómenos un saúdo.
9. gaioso escrito o 25 de Setembro de 2007 ás 13:12
Hoxe vin un local con acceso a internet xusto ó lado do albergue de pelegríns.
Marcus, ó final vai haber que ir ó Castelo!, unha aperta.
10. Marcus escrito o 25 de Setembro de 2007 ás 14:38
Grazas por avisar, aínda que non penso mirar se hai cobertura entre os nichos