Martes, 4 de Setembro de 2007

Premio Blog Solidario

Premio Blog SolidarioO blog do Barrio dos Mallos deume un Premio Blog Solidario, e aínda que o doado sexa fuxir deste facho, porto con honra o orixinal galardón e, como corresponde a tal piramidal premio, debo repartir 7 premios Blog Solidario a cadernos dixitais que considere dignos:
-La Huella Digital: pois Nacho de la Fuente fai interesantes reflexións cada día e aínda que en 2006 gañou un Premio BOB agardo que tamén guste gun Premio Blog Solidario
-Atún tun tun: o blog de Manuls, que merece o premio só pola súa estética
-Chica de la tele: agradécese ter un referente no mundo televisivo que informe da actualidade con tanta frescura
-E-periodistas: gusto dese blog, pero quixera saber qué 7 blogs recomendará Ramón Salaverría despois de que recomendase 5 blogues portugueses ó recibir un Thinking Blogger Award
-Uruloki: coido que este mozo compostelán fai unha das mellores seleccións de novas sobre cine friki que se pode ver na Internet (con perdón de Ifrit)
-Geek in Love: un blocómic co que río moito tanto cando fan coñas sobre Twitter como cando din verdades coma puños sobre o iPhone
-Volatilis: polos seus especiais de fin de semana nos que recollen unha chea de ligazóns frikis.

Os receptores deste premio (claramente inspirado nos Thinking Blogger Awards) deben seguir as seguintes instruccións:
-Escribir unha entrada no seu blog amosando o Premio e citando a quen llo outorgou (ligándoo, para poder seguir coa cadea).
-Elixir un mínimo de 7 blogs destacados nomeándoos e ligándoos… así como avisándoos de que recibiron o galardón, para que fagan o mesmo.

Como vedes trátase dunha estrutura piramidal que coido que pode manterse forte grazas a que a blogosfera é moi grande. Cando menos servirá para dar a coñecer blogs interesantes, o que resulta enriquecedor para todos.

ACTUALIZACIÓN: polo momento só tomaron o relevo da iniciativa Chica de la Tele e La Huella Digital. Ramón de E-Periodistas promete facer o propio cando teña tempo. O resto dos premiados supoño que serán os típicos que non fan caso das cartas en cadea (con bo criterio).

4 comentarios realizados

a gravatar

1. Manuls escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 9:45

Ejem ejem, a min non me avisaches pero bueno…

E iso de que so mo merezco pola miña estética, que decepción :(

De todas formas, tratarei de seguir este meme, que ao fin ao cabo, é o que é :P

a gravatar

2. Marcus escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 9:56

Manuls, aínda me poño a avisar agora, porque a entrada no blog a puxen moi tarde ;)
O do deseño non é o único motivo, Manuls, só por iso xa mereces o premio, pero hai moito máis, ho.

a gravatar

3. Ramón Salaverría escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 10:49

Moitas gracias, Marcus!

a gravatar

4. Marcus escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 11:12

Ramón, gracias a ti por tener un blog tan interesante.

Esta web apoia á iniciativa de petición
da volta do Xabarín Club á TVG

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Novas de Código Cero