Xoves, 20 de Setembro de 2007

O iPhone en Europa

En novembro vai comezar a venderse o iPhone en Reino Unido, Alemaña e Francia, mentres que a España chegará en maio da man de Telefónica coa vantaxe de que será a versión 3G a que veremos aquí (e non teremos que tragar coa cutrañada actual), pero os impaciente poden mercar un iPod Touch para quitarse o mono e así, poder facer o mesmo que se amosa no seguinte anuncio de coña:

The Internet is for porn… iPhone too?

Mércores, 19 de Setembro de 2007

Edilberto Alonso en La Voz

Hoxe parece que La Voz de Galicia está a gañar a pulso un espazo neste blog, pois teño que comentar que publican un artigo sobre a canción que Edilberto Alonso lle dedicou a Man:

Edilberto Alonso le canta al anacoreta
En enero del año pasado, el cantautor catalán Joan Isaac, uno de los herederos de la Nova Canço, publicaba su álbum De Profundis . Una de las canciones era Manfred , nada nuevo, ya que se trataba del mismo tema que, en noviembre del 2004, había incluido en su anterior disco en directo grabado en el Teatro Nacional de Cataluña. Era (es) una canción intimista, hermosa, con una letra profunda y tierna.
La gran novedad de De profundis era que Manfred , en esta ocasión, estaba cantada a dúo ¡con Ana Belén! El propio Isaac declaraba que la cantante y actriz le maravilló el tema, y de ahí la colaboración.
Esta era, hasta ahora, la única canción conocida (con Man, las sorpresas no cesan) dedicada al artista. Pero, no. Hay otra. Y es anterior en su composición, aunque no en su publicación en forma de disco, que aún no ha llegado. El tema se titula As pedriñas de Camelle. Tribute to Manfred Gnädinger , y es obra del autor de Curtis, afincado en Irlanda desde hace años, Edilberto Alonso. No hace mucho que había saltado a la fama mediática con su canción Galicia será nación , pero tiene muchas más. Un paseo virtual por www.youtube.com o, sobre todo, por www.xuvecurtis.com, permite conocer más exactamente el alcance de este artista.
Alonso asegura que la inspiración para componer el tema le vino justo 30 días después de la muerte del anacoreta, observando el movimiento del agua en la piscina a la que acude. La grabación tardaría más: 3 años. Desde su casa irlandesa explica que logró meterse durante siete meses «en el pellejo de Man».

A canción de Edilberto é de 2003, cando o trobador curtiense escribiu a letra do tema, aínda que non a gravou ata 3 anos despois, e agora xa a temos dispoñible, cun cántico no que pretende resucitar a Man.

Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.

Ver letra ▼

La Voz de Galicia incita ós orgasmos

Corrédevos
¡Qué risa! O tradutor ó galego de La Voz é de chiste, que non só traduce o nome de dominio do xornal (que aparece como Lavozdegalicia.é) e confunde a revista Time con Estafe, senón que agora cre que o servizo postal español se chama Corrédevos :D :D :D
Só por iso xa me pagou a pena visitar Chuza! hoxe.

Luns, 17 de Setembro de 2007

O márketing non mente… disimula

A tira de Dilbert de hoxe é toda unha bastada:
Dogbert e o marketing
O último cadro da tira é moi esaxerado, pero en verdade é moi común que haxa que venda unha desvantaxe como unha virtude. Non sei cómo lles cola.
É como cando Apple lanzou o seu iPod Shuffle e anunciou que era bo que as cancións se escoitasen a chou: venderon a ausencia de pantalla e os poucos controis coma se o azar fose unha característica de serie. Este exemplo é moi neutral e aceptable, pero asegúrovos que hai casos que dan arrepíos.

Domingo, 16 de Setembro de 2007

La Jungla 4.0: móbiles para salvar o mundo

O outro día reflexionaba sobre a presenza de certo tipo de portátiles na serie de televisión Jericho e agora quixera facer o propio coa película La Jungla 4.0, que para os que non a viran vén a ser algo así coma se en 24 quitaran a Jack Bauer e puxeran ó seu pai, un Bruce Willis que non o fai nada nal.
Nesta película os malos son piratas informáticos, uns fulanos que piratean as redes norteamericanas que controlan as comunicacións, o tráfico e a enerxía, para pór ó país en xaque e para cometer logo un roubo multimillonario. Quitando a imposibilidade de tal atraco virtual, informaticamente hai que dicir que a película dá pena, pois pon en boca de supostos expertos na materia auténticas tolerías que só poderían saír da boca dun guionista que entende tanto de tecnoloxía coma da pesca do atún. De feito, parece que copian unha das tramas da película Corrupción en la Red (Antitrust), pois empregan a hackers de todo EE.UU. para cometer o crackeo a grande escala, valéndose dos mellores en cada caso, para despois matalos para non deixar rastro. O detalle é que encargan a McClane que vaia a buscar a un deses hackers antes de que o cepillen, de xeito que rematan facendo unha parella anti-terrorista.
No que si acertaron foi no dormitorio do rapaz, que parece un auténtico centro de operacións de calquera amante da tecnoloxía (trebellos a tutiplén) e o fulano demostrou está á última o amosar que o seu móbil era un Nokia N61:
Nokia N61
Tal teléfono ten 3G e Wi-Fi, pero máis que o móbil dun experto en informática parece o que tería un executivo (este terminal parece demasiado unha Blackberry), pero supoño que o teclado podería ter certo peso á hora de querer chatear ou escribir e-mails, tendo un pase.
Se a película se gravase hoxe posiblemente estariamos a falar dun iPhone ou dun Nokia N95 con disco de 8 Gb, pero eses modelos non estaban no mercado durante a rodaxe do filme…
Ademais, parece que os finlandeses de Nokia puxeron unha pasta gansa na película, pois os seus terminais se ven sempre en planos curtos que fan doado que se recoñezan os modelos (especialmente na pantalla do cine).

Na peli, McClane colle o móbil do co-protagonista e este advírtelle de que poderían estar a localizar o terminal, polo que Willis tira con el ó lixo e mángalle outro teléfono a un transeúnte, que casualmente é de alta gama e de fabricación europea, o Nokia 9300i.
Este terminal ten conectividade Wi-Fi e EDGE (coma o iPhone) e una pantalla de 640 x 200 píxeles. Vén a ser unha versión actual do Nokia Communicator 9000i que utilizaba Val Kilmer en El Santo e que foi un terminal que marcou época (daquela custaba un pastón, que se non sería o móbil máis vendido do momento). Supoño que con esta película pretendían recuperar a gloria pasada dos Communicator.

Iso si, tan pronto collen o 9300i na man soltan a grande cagada da película a nivel tecnolóxico, pois din que o móbil non funciona porque desactivaron os satélites… ¡¿mande?! ¿Dende cando a telefonía móbil de acceso celular vai por satélite? Polo que eu sei os móbiles de satélite son un mancontros enormes reservados para uns poucos.
Tras soltar tal perla, incluso o co-protagonista se pon a crackear o Nokia 9300i para conectarse supostamente a unha rede vella de satélites que segundo comenta, podería ser a que usasen os terroristas para comunicarse entre eles:
Nokia 9300i
Uff, iso de crackear cun móbil é toda unha sobrada. Non só teñen pouca memoria, pouca potencia e pouco software, senón que, tratándose dun terminal alleo, ¿cómo carallo fai o hacker para facer algo bo con el? Para esas cousas é preciso un traballo previo que sempre esquecen las películas, de xeito que un experto sempre que senta nun ordenador calquera é capaz de producir virus, tumbar firewalls e facer que as letras de Google bailen a Macarena. E para facer iso non precisan nin de Linux, nin dun compilador de C e nin sequera de tempo :o

Aínda que si falamos de esaxeracións, está claro que facer crer que Maggie Q pode ser unha hacker non é algo que cole facilmente:
Maggie Q
Pero postos a colar fardadas, non entendo por qué en vez de empregar un ordenador portátil ou un UMPC, Maggie Q leva 2 pares de PDA para piratear unha central eléctrica:
Maggie Q crackeando
Si, na imaxe pódese ver unha Palm T|X e un Tungsten E2, que son modelos de 295 e 199 euros respectivamente… algo cutre para crackear nada (especialmente o E2, que só ten 32 Mb de memoria).
Vai, que iso é algo así coma intentar botar unha partida ó Puzzle Bobble nun Tamagotchi. ¿Non se dan conta de que os PDA non son máis que axendas electrónicas e que na meirande parte dos casos non teñen potencia suficiente ¡nin para ver vídeos de YouTube!
Maggie Q noutro teclado
Nesta última imaxe se pode ver que Maggie Q levou en realidade 2 pares de PDA porque na imaxe anterior o teclado externo era diferente (aínda que poderiamos estar ante un fallo de racord). E vese que lle colleron o gusto ós PDA, porque na central dos malos volveu a aparecer outra combinación de PDA+teclado externo (¿campaña anti-teclados virtuais?) como ferramenta de crackeo definitiva:
PDA
Pero tan esaxerado é usar un PDA para piratear sistemas informáticos, coma empregar o Nokia 9300i:
Crackeando cun Nokia 9300i
Si, si, o coprotagonista, nin corto nin perezoso, programa todo un sistema criptográfico no móbil, e o aplica a un portátil valéndose dun conector USB (que non sei de onde saíu, porque cando roubaron o móbil de Nokia coido que o seu dono non levaba tódolos accesorios na man).

Finalmente direi que a min deume a impresión de que Nokia e Palm soltaron bastante pasta para que aparecesen os seus produtos na película, e supoño que o fixeron pensando no público corporativo (se o obxectivo promocional fosen os mozos a película sería outra, e o uso dos móbiles máis lúdico, como a reprodución multimedia), polo que non creo que lles saíse mal o invento. Ademais, así reforzan a imaxe de Nokia nos EE.UU., nun sector no que os Blackberry teñen moita forza.

O que agora me faría ilusión é que nalgunha teleserie española fixeran operacións semellantes, por exemplo, promocionando o Nokia N95 con 8 Gb e o Samsung SGH-F700V que vai sacar Vodafone antes do Nadal. Incluso algún deixaría caer unha bágoa ante un rescate policial cun diálogo bo coma o seguinte:

-Si no llega a ser por el móvil 3G no habríamos podido dar contigo. ¡Qué velocidad consultado tu posición gracias a Google Maps y el GPS!
-Gracias, me habeis salvado la vida.
-Y es que la vida es móvil, móvil es Vodafone

Agardemos que este anaco de ficción non chegue a producirse nunca en España :P

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios