Domingo, 23 de Setembro de 2007

Wi-Fi en Melide

free-hotspot.comAínda que a penetración da Internet non sexa moi boa en Melide, e as boas ofertas de ADSL continúen sen chegar á vila (seguimos a pagar máis por 1 Mbps do que nas cidades pagan por 20 Mbps), teño que admitir que me pareceu boa idea iso de que algúns locais de hostalaría se incoporasen á Free-hotspot.com, que para quen non o saiba, é a mesma plataforma que permite conectarse á Internet sen fíos á beira do río Támesis.
Polo momento só hai dúas cafeterías adheridas á iniciativa, que son:

  • A Tenda Xusta
    Calle San Pedro, 5
    Melide, Galicia 15800 ES
    Telf. 981 507667
  • Cafe Xanela
    Avenida Martin Freire 10
    Mellid, Galicia 15800 ES
    Telf. 981 505394

Non acabo de entender por qué unha está en Melide e a outra en Mellid, pero o caso é que hai a posibilidade de conectarse á Rede cos portátiles ou cos novos terminais Wi-Fi ( iPod Touch, iPhone ou moitos outros teléfonos intelixentes, así como con consolas de videoxogos portátiles como a Nintendo DS), o que seguro que agradecen peregrinos, turistas ou xente que queira aproveitar os seus momentos de lecer para consultar o e-mail ou mirar algunha curiosidade na Rede mentres agardan a outra persoa nunha cafetería.
A utilidade do servizo é innegable, e non sei se terán moito uso, pero o certo é que nas cafeterías de cidades nas que anuncian que hai Wi-Fi se nota moito (a cantidade de clientes que aparecen co portátil dá medo).
Para facer máis doada a localización das conexións Wi-Fi melidenses subín un mapa a Google:

Visualizar o mapa ampliado

Gustaríame completar o mapa cos lugares de acceso público (de balde ou de pago) na vila, polo que agradecería comentarios ó respecto. Neste momento coido que hai conexión na Noela, na Fundación e no Vagalume, e cónstame que hai máis locais, pero non sei se continúan a dar tal servizo ós seus clientes.

ACTUALIZACIÓN: Finalmente non vou facer unha listaxe de redes Wi-Fi en Melide porque atopei moitas, case todas privadas, das que as había inseguras, e publicar a súa existencia sería algo comprometido.
Cando digo que hai moitas falo de puntos no centro na vila no que chego a detectar 3 ou 4 redes á vez, o que me dá a entender que a vila está repleta de redes Wi-Fi domésticas (e corporativas).

Sábado, 22 de Setembro de 2007

O alcohol como sistema de defensa persoal

Durante as fins de semana é doado atopar a auténticos mestres do alcohol, que saben tirar proveito do seu estado cando polas súas veas circula máis viño que sangue, coma o figura que podemos ver no seguinte clip:
Tras ver este vídeo só podo dar un consello: se bebes, non vexas pelis de Jackie Chan :P

E para os que adoren o tema musical de Mortal Kombat, velaquí unha versión a capella:
Por certo, eu é a primeira vez que vexo que polas rúas hai grupos de cantantes espontáneos.

Venres, 21 de Setembro de 2007

Vulva original

Vulva originalCando vexo algunhas cousas na Rede sempre me queda a dúbida de se é de coña ou de verdade. Nesta ocasión coido que máis que de coña é de cona, pois parece que a algún tolo se lle deu por vender frascos de cheiro a vaxina (non é un perfume) a 19,90 euros.
Nun principio os frasquiños se venden pola Internet dende a web de Vulva Original e por aí circulan moitas imaxes promocionais do orixinal produto, así coma un vídeo a xeito de anuncio:
O curioso de todo este conto é que me lembrou ó momento de El Silencio de los Corderos, cando Clarice visita a Hannibal Lecter… e si, falo da versión dobrada que emitiron na TVG. ¿Alguén é quen de replicar a frase literalmente? :P

Judit en Gran Hermano

A pasada noite recibín unha chamada telefónica sorpresa de Carlos Roma, quen me avisou de que en Gran Hermano acababa de entrar Judit Iglesias, a sexóloga no programa Buffet, que facía Roma en Código TV:
Judit e RomaJudit e SupermanJudit en BuffetJudit de preto
Iso si, a imaxe que máis graza me fixo das que mandamos ós xornais dende Código TV (para que aparecesen xunto á nosa programación no ABC) foi a seguinte:
Judit e un preservativo feminino
¡Moito rimos o día que Judit trouxo os preservativos femininos! ¡Iso de ver a Roma cun anel vaxinal na man foi todo un panorama!

A súa entrada na casa de Gran Hermano foi como segue:
Tampouco podo calar o feito de que Judit é algo friki, non só polo seu xeito de vestir, senón porque traballou (non sei se segue alí) nunha empresa de informática (o que lle engade un certo aire geek) e mesmo me crucei con ela no Viñetas desde o Atlántico deste ano.

Admito que o feito de coñecer a alguén de Gran Hermano antes de que entrase na casa era algo que non agardaba, aínda que tampouco é algo que me importe especialmente (non sigo ese tipo de programa directamente, ou sexa, que para volver a ver a Judit na tele terá que facer algo digno de mención en Sé lo que hicisteis). Deséxolle moita sorte no concurso, aínda que a verdade é que preferiría que a súa participación no programa non a cambiase moito, pois era unha persoa comprometida, e todos sabemos cómo cambia a algúns a fama…
Por certo, con Judit, ¿non hai así 3 persoas de Galicia en Gran Hermano? De ser así xa sabemos que ningún vai rematar o concurso aínda que sexa só pola xente que vota en favor dos concursantes da súa terra :(

Xoves, 20 de Setembro de 2007

Os Seminovos: Ao mestre, com carinho

A moita xente (como a meu irmán) gústalle iso de facer debuxos por etapas que poden ter distintas lecturas segundo o momento no que se vexan, coma o seguinte:
da casa á ducha
Pero o Mauricio dos Charges preparou un vídeo moi currado con outras ilustracións que poden reproducir os que saiban debuxar ben:

A canción que se escoita é de Os Seminovos (¡molan!).

« Entradas máis novasEntradas máis vellas »

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios