Venres, 21 de Setembro de 2007

Judit en Gran Hermano

A pasada noite recibín unha chamada telefónica sorpresa de Carlos Roma, quen me avisou de que en Gran Hermano acababa de entrar Judit Iglesias, a sexóloga no programa Buffet, que facía Roma en Código TV:
Judit e RomaJudit e SupermanJudit en BuffetJudit de preto
Iso si, a imaxe que máis graza me fixo das que mandamos ós xornais dende Código TV (para que aparecesen xunto á nosa programación no ABC) foi a seguinte:
Judit e un preservativo feminino
¡Moito rimos o día que Judit trouxo os preservativos femininos! ¡Iso de ver a Roma cun anel vaxinal na man foi todo un panorama!

A súa entrada na casa de Gran Hermano foi como segue:
Tampouco podo calar o feito de que Judit é algo friki, non só polo seu xeito de vestir, senón porque traballou (non sei se segue alí) nunha empresa de informática (o que lle engade un certo aire geek) e mesmo me crucei con ela no Viñetas desde o Atlántico deste ano.

Admito que o feito de coñecer a alguén de Gran Hermano antes de que entrase na casa era algo que non agardaba, aínda que tampouco é algo que me importe especialmente (non sigo ese tipo de programa directamente, ou sexa, que para volver a ver a Judit na tele terá que facer algo digno de mención en Sé lo que hicisteis). Deséxolle moita sorte no concurso, aínda que a verdade é que preferiría que a súa participación no programa non a cambiase moito, pois era unha persoa comprometida, e todos sabemos cómo cambia a algúns a fama…
Por certo, con Judit, ¿non hai así 3 persoas de Galicia en Gran Hermano? De ser así xa sabemos que ningún vai rematar o concurso aínda que sexa só pola xente que vota en favor dos concursantes da súa terra :(

11 comentarios realizados

a gravatar

1. Lucasca escrito o 21 de Setembro de 2007 ás 9:35

Tú la conoces, yo salí con ella

a gravatar

2. Marcus escrito o 21 de Setembro de 2007 ás 10:48

Lucasca, pois xa sabes o que toca: a vender a exclusiva á prensa rosa galega :P

a gravatar

3. marifris escrito o 21 de Setembro de 2007 ás 11:48

Y quien eres Lucasca??…yo conozco a todos sus novios.
:-)
Judit es increíble, no la va a cambiar nada.
:-)

a gravatar

4. Harapos escrito o 24 de Setembro de 2007 ás 18:05

¡Ojalá que gane!

a gravatar

5. Judit, mueves ficha « Jöel H. Claverie escrito o 1 de Outubro de 2007 ás 20:08

[...] Aquí dejo dos enlaces. Unas imágenes de Judit en un programa de televisión gallego y de un vídeo de Youtube bastante divertido. [...]

a gravatar

6. fochanka escrito o 30 de Outubro de 2007 ás 18:37

Judit en gran hermano, Pablo Regueiro en un video en noche hache … no éramos una tele, éramos una factoría de estrellas!!!!

a gravatar

7. Marcus escrito o 30 de Outubro de 2007 ás 18:56

Fochanqueiros, ¡no olvideis a Alba Pazos en los informativos de la TVG!

a gravatar

8. Chairego escrito o 29 de Decembro de 2007 ás 22:07

Oxalá tivese a sorte de ver as súas intervencións no programa Buffet (e incluso noutros programas)… Alguén ten idea de se nalgures en Internet é posíbel encontralas?

Fíxenme un admirador da Judit: tan ben-falada, bondadosa, fermosísima, correcta e á vez desinhibida… Parece ser unha rapaza fascinante.

a gravatar

9. Marcus escrito o 29 de Decembro de 2007 ás 23:55

Chairego, se algún día destes atopo material deses programas no arquivo de Código TV mirarei de rescatalo e publicalo na Rede, aínda que o único programa memorable foi o dos anticonceptivos femininos (¡menudas risas botamos esa tarde!).

a gravatar

10. Chairego escrito o 31 de Decembro de 2007 ás 19:44

Pois moitas gracias por procurares ese vídeo no voso arquivo! Oxalá teñas sorte e o poidas compartir con todos ;o)

a gravatar

11. PABLO REGUEIRO escrito o 18 de Xaneiro de 2008 ás 0:41

POIS EU ESTOU DE ACORDO QUE “CÓDIGO TV” ERA UNHA FACTORÍA DE ESTRELAS. EU TEÑO QUE ESTAR MOI AGRADECIDO DE HABER FEITO UNHA PEQUENA COLABORACIÓN NO PROGRAMA DE CARLOS ROMA XA QUE ME DEIXARON FACER PRÁCTICAS DURANTE UN MES. PERO NON PENSEDES QUE TODO O MONTE É OUREGO. TEÑO OS PES DESGASTADOS DE FACER CÁSTINGS E DE COMPROBAR CÓMO COLLEN A OUTRA XENTE QUE NON A PORÍAS NIN A SUBRAYAR GUIÓNS. COINCIDÍN ESTE VERÁN CON EMILIO GUILLÍN NUN CÁSTING INTERNO EN ANTENA 3 NO QUE SE BUSCABA A ALGUÉN PARA “ESPEJO PÚBLICO” DO CAL ME ALEGRO MOITO QUE SAÍRA GUILLÍN. O CASTING TEÑOO COLGADO EN YOUTUBE E ANQUE VOS PAREZCA MENTIRA, FOI A PRESENTACIÓN DUN “LLAMA Y GANA”. EN CANTO Ó VÍDEO DE NOCHE HACHE POIS FOI UN PUNTO QUE O EMITIRAN PERO NON PENSEDES QUE A MÍN ME CHAMARON PARA AVISAR. AGORA ESTOU PENDENTE DE ENTRAR COMO COLABORADOR NUN PROGRAMA DA TELEVISIÓN CANARIA PORQUE SE ESPERO A QUE ME CHAMEN ALGÚN DÍA DE TVG IGUAL ME DAN AS UVAS DO 2100. BUENO, AGARDO QUE ESTE BLOG SIGA TENDO TANTO ÉXITO E SAÚDOS MARCUS.

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Últimos comentarios