Xoves, 13 de Setembro de 2007

Disque Phil Collins é moi mono

Chica de la Tele amosa un anuncio de Cadbury que segundo din nalgúns sitios é o máis caro da historia, algo que me atrevería a rebater mesmo sen saber o que custou (¿quen inventaría esa chorrada?):
O vídeo está tremendísimo (pódese ver con máis calidade na súa propia páxina web), pero o máis abraiante do asunto é que o gorila non está feito por ordenador senón que é un fulano disfrazado (e os xestos faciais son animatrónicos). A campaña está funcionando tan ben que hai ducias de vídeos do gorila cambiando a canción que toca. Aquí podémolo ver interpretando Total Eclipse of the Heart:
A verdade é que outras versións que rulan por aí non están tan curradas en sincronización (como a dos Guns and Roses) aínda que me gustaría ver unha versión dalgún tema español ou galego para ver se o vídeo está a se converter nun fenómeno global ou non.

Ah, e o anuncio máis caro da historia coido que foi o seguinte:
¿Parécevos cutre? Pois Bill Gates tivo que pagar entre 8 e 14 millóns de dólares ós Rolling Stones para poder usar a canción Start Me Up na promoción de Windows 95, polo que dubido que alguén gastase máis cartos nun anuncio televisivo (a campaña promocional custou en total 300 millóns de dólares).
Ó volver a vista atrás e ver o que sae no vídeo hai que recoñecer que vendía unha imaxe moi moderna, pois aparecían portátiles e discos compactos, que daquela eran toda unha revolución. ¿Lembrades cando se puxo de moda a palabra CD-ROM? Vaia, en España o certo é que comezou chamándose popularmente CD-RUN por culpa dun anuncio televisivo (supoño que a confusión nacera da instrución run en BASIC). ¡O dano que fai a televisión ó vocabulario colectivo!

ACTUALIZACIÓN: Na web de Terra din que o anuncio do gorila custou 10 millóns de euros, algo que me resisto moito a crer porque se trata dun anuncio de chocolate… ¡¿Cantos cartos tería que dar o produto para que rendese tal investimento publicitario?!
Sobra dicir que anuncios coma o de Sony Bravia saen máis caros. Segundo parece hai xente que non sabe moi ben o que é o prezo dun anuncio e o que se gasta nunha campaña. Finalmente atopei que a campaña do gorila custou 6,2 millóns de libras, que non é o mesmo que dicir que custou iso gravar o anuncio.

6 comentarios realizados

a gravatar

1. ¿El anuncio más caro de la historia? escrito o 13 de Setembro de 2007 ás 11:58

[...] Estos últimos días anda circulando por la red este anuncio de Cadbury’s de un gorila tocando la batería que, al parecer, presume de ser el anuncio más caro de la historia. Según Terra el anuncio podría haber costado 10 millones de euros, aunque no especifican si ese dinero fue destinado únicamente a la creación del spot o también a su colocación en la final del Gran Hermano británico (que se donde al parecer se estrenó). Este precio tan elevado podría deberse también, dejando a un lado su colocación, a los efectos animatrónicos que tiene el gorila pero realmente no es así, ya que como nos cuenta marcus (en galego) el anuncio únicamente ha costado 6.2 millones de libras que, aunque no es poco, no se acerca ni por asomo a los anuncios más caros del mundoEntonces ¿cual es la razón por la que se ande diciendo esto? Pues es simple, márketing. El anuncio está bien, es original y directo, pero no es una maravilla técnicamente, por lo que seguramente la agencia de publicidad decidió difundir este falso dato para que el anuncio llamara la atención a la mayor gente posible. Y parece que lo han conseguido, porque ya hay unas cuantas versiones del anuncio con el gorila tocando otra canción diferente en la batería, y alguna muy currada por cierto. [...]

a gravatar

2. ¿El anuncio más caro de la historia? en Nivel99.com escrito o 13 de Setembro de 2007 ás 12:44

[...] Estos últimos días anda circulando por la red este anuncio de Cadbury’s de un gorila tocando la batería que, al parecer, presume de ser el anuncio más caro de la historia. Según Terra el anuncio podría haber costado 10 millones de euros, aunque no especifican si ese dinero fue destinado únicamente a la creación del spot o también a su colocación en la final del Gran Hermano británico (que se donde al parecer se estrenó). Este precio tan elevado podría deberse también, dejando a un lado su colocación, a los efectos animatrónicos que tiene el gorila pero realmente no es así, ya que como nos cuenta marcus (en galego) el anuncio únicamente ha costado 6.2 millones de libras que, aunque no es poco, no se acerca ni por asomo a los anuncios más caros del mundo [...]

a gravatar

3. Emilio Rodriguez Tilve escrito o 13 de Setembro de 2007 ás 16:36

O mono se ve á legua que é un home disfrazado, non? Só velo é o primeiro que pensei…, non é por gavarme, pero se nota moito. Espero que non fose ese o máis caro, hehehe

a gravatar

4. Marcus escrito o 13 de Setembro de 2007 ás 16:51

Emilio, cando se ve a cara do gorila parece que mestura imaxes reais con imaxe de ordenador… que é un home disfrazado se distingue cando toca a batería, ¡pero non antes!

a gravatar

5. marcus.es » Wonderbra in the air tonight escrito o 12 de Novembro de 2007 ás 21:54

[...] Phil Collins estaría moi mono no anuncio de Cadbury pero coido que moitos concordaremos en que a versión do anuncio que prepararon os de Wonderbra substituíndo ó mono pola hip-hopeira Jentina Chapman, que nos amosa Two Cups Full of Joy está moooi ben: [...]

a gravatar

6. marcus.es » O baile das cellas escrito o 24 de Xaneiro de 2009 ás 1:15

[...] xa non serán as máis populares da televisión grazas ao novo anuncio de Cadbury (os mesmos que amosaban ao Phil Collins máis mono do mundo), que co Baile das Cellas que promete arrasar na televisión británica: Amais, a canción seguro [...]

Facer un comentario

Etiquetas (tags) permitidas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Observación: Os comentarios poderían non aparecer automaticamente, pois nalgunhas ocasións precisan de moderación por parte do administrador deste blogue.

Ligazóns

Ligazóns

Podcasts

Alianzo Rank de GalegoAlianzo Rank de Galicia

Últimos comentarios