Charla informativa do Concello de Melide
O pasado venres, Luisma avisou a través deste blogue dunha charla informativa convocada co seguinte texto:
O CONCELLO DE MELIDE ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA O VENRES, 31 DE AGOSTO
O Goberno Municipal quere dar a coñecer aos melidenses a situación actual do Concello ao cumprirse dous meses do cambio de goberno
O equipo de goberno municipal, formado polo BNG e o PSOE convocan a todos os veciños e veciñas de Melide a unha charla informativa na que van dar a coñecer a situación económica do concello, así como explicar o estado no que se atopan as principais obras que quedaron sen rematar polo anterior goberno do PP despois de 16 anos de goberno.
O acto terá lugar o próximo VENRES, 31 DE AGOSTO ás 10 da noite no HOTEL CARLOS’96 de Melide.
A charla contará coa presencia dos sete concelleiros do goberno municipal e falarán na mesma o 1º Tenente da alcaldesa, Manuel Prado e a Alcaldesa de Melide, Socorro Cea, que informarán da situación real do concello e darán a coñecer datos de gran importancia para todos relativos á débeda municipal, ás numerosísimas facturas sen pagar, problemas do Polideportivo Municipal, da Residencia da 3ª Idade, Casa da Cultura, saneamento, problemas do río Furelos, falta de depuradora no Parque Empresarial, etc.
O pasado 18 de xuño comezaba a traballar o novo goberno municipal e, dous meses despois, queren informan aos melidenses dos problemas que herdaron do anterior goberno e que deben ser coñecidos por todos.
Grazas a David achégovos a gravación sonora da intervención de Soqui Cea durante o encontro:
Audio clip: Adobe Flash Player (version 9 or above) is required to play this audio clip. You also need to have JavaScript enabled in your browser.
Podedes descargar o MP3 de MegaUpload.
Supoño que haberá moito que dicir sobre o exposto pola alcaldesa, así que agardo os comentarios da xente que asistiu ó evento ou que teña algo que engadir á polémica da débeda municipal.
ACTUALIZACIÓN (2-9-2007): Este domingo sae na Voz a seguinte nova:
La deuda del Concello de Melide se eleva a tres millones de euros
- BNG y PSOE informaron en un acto público de la situación económica del Concello
Los vecinos de Melide conocieron el estado de su economía compartida. Fue en un acto abierto al público que convocó el equipo de gobierno, formado por una coalición entre BNG y PSOE, para informar de la situación en la que quedaron las arcas municipales tras la gestión del Partido Popular, al que los electores situaron en los bancos de la oposición tras dieciséis años consecutivos gobernando con mayoría absoluta.
En números rojos están las cuentas del Ayuntamiento melidense, según los datos aportados por el bipartito municipal, que desveló la existencia de una deuda que asciende a un total de 3 millones de euros. De este montante, 1.008.215 euros es deuda en concepto de préstamos concertados con entidades bancarias. La restante cantidad, que se eleva a 1.983.756 euros, se corresponde con facturas pendientes de pago a proveedores de los ejercicios económicos de 2005, 2006 y del presente.
Las obligaciones pendientes con los acreedores son, en palabras de la alcaldesa de Melide, la nacionalista Socorro Cea, «o realmente grave e preocupante». Así lo afirmó la regidora melidense ante el auditorio de más de medio millar de personas que llenó el salón del Hotel Carlos’96, en donde el viernes por la noche intervino junto al socialista Manuel Prado, primer teniente de alcaldesa, para poner al tanto a los vecinos de la situación en la que se toparon el Concello cuando hace dos meses accedieron al gobierno municipal.
El mayor importe de la deuda con los proveedores acumulada por el ejecutivo presidido por la ex regidora popular, Ángeles Vázquez, se computa con cargo a este año. Las facturas sin liquidar del 2007 suman 941.687 euros. Durante el ejercicio del 2006, la deuda por el mismo concepto arroja un importe de 936.899 euros. Se da la circunstancia de que las cantidades pendientes de pago a proveedores se dispararon coincidiendo con un año preelectoral y durante los meses previos a los comicios celebrados el pasado 27 de mayo. Así lo evidencia el importe de las facturas sin liquidar correspondiente al 2005, que desciende a 44.271 euros.
En el repaso pormenorizado que el bipartito de Melide realizó de las cuentas del Ayuntamiento trascendió la existencia de veinte facturas por un importe de 220.500 euros, correspondientes a obras ejecutadas durante los años 2001, 2002 y 2003, cuando todavía era alcalde Miguel Pampín. La empresa a la que el Concello adeuda esa cantidad presentó los recibos «dous días antes da toma de posesión do novo goberno», desveló el primer teniente de alcaldesa, Manuel Prado.
Por su parte, Socorro Cea, llamó la atención sobre los gastos pendientes de pago a las firmas que prestan los servicios de suministro eléctrico, que suman 157.465 euros, y de agua. En este último caso, la deuda asciende a 264.445 euros.
Supoño que ó aparecer na prensa se vai converter no tema de discusión na vila durante os vindeiros días.

Los vecinos de Melide conocieron el estado de su economía compartida. Fue en un acto abierto al público que convocó el equipo de gobierno, formado por una coalición entre BNG y PSOE, para informar de la situación en la que quedaron las arcas municipales tras la gestión del Partido Popular, al que los electores situaron en los bancos de la oposición tras dieciséis años consecutivos gobernando con mayoría absoluta.





34 comentarios realizados
1. coche escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 0:04
O TEMPO QUE NUNCA PARA COLOCA A CADA QUEN NO LUGAR QUE SE MERECE.
2. FIZ escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 3:46
Marcus, Agradézovos moito a DAvid e a ti que colgarades a gravación.
Pena non escoitar a Manolo tamén.
Un Saudo.
3. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 9:40
PENOSA REACCION A UN PENOSO BOLETIN DO PP.
SO DERON RELACION DE GASTOS, QUE PASA NON HAI INGRESOS?
O TEMPO COLOCARA CADA UN NO SEU SITIO CANDA HAXA UN DEBATE ENTRE BNG E PP.
4. Marcus escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 10:22
House, ¿relación de ingresos? Na xuntanza denunciaron as débedas, ou sexa, a diferencia entre ingresos e gastos, ou sexa, que os gastos nos últimos anos superaron en moito ós ingresos.
Nun principio os ingresos dun concello son, principalmente, o seu presuposto, e lembremos que actualmente están a traballar cos presupostos prorrogados de 2006, pois o goberno anterior non foi capaz de aprobar o de 2007 (algo que non chego a entender). Tamén é certo que a relación de débedas do Concello era todo un segredo, e tal ocultismo non gusta, e non debería repetirse (ou sexa, que para as vindeiras eleccións teremos que ver se a débeda se reduciu ou aumentou, o que será un importante indicativo de cómo fai as cousas a nova corporación municipal).
O de pór á xente no seu sitio coido que é algo que corresponde ás votacións, pero un debate ó ano (ou cada 6 meses) non viría nada mal. Sería un bo xeito de tomarlle o pulso ó Concelllo.
5. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 10:52
MARCUS OS ESTADOS CONTABLES DANSE CANDO SE PECHA O EXERCICIO. O 2.007 NON ESTA PECHADO OU?
CANTO COBRARA O CONCELLO POLO IBI DO 2.007?
6. LUISMA escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 11:07
House vese que non che interesa coñecer as contas do concello. hai duas posibilidades: que ti xa as coñezas ou que non (coma case todos). E calquera dos dous casos despértanme dúbidas sobre a túa persoa…
7. Capullito de alhelí escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 11:29
En resposta a House:
Os orzamentos dun concello débense aprobar a finais do ano anterior a ese orzamento. É dicir, os do 2007 deberían terse aprobado en decembro de 2006, pero o Concello de Melide segue sen orzamento para o presente ano.
En canto ás débedas, hai facturas sen pagar do 2005, un feito que, sen dúbida, non agradará a moitos comercios melidenses implicados, e demostra que o saldo non vai depender dos ingresos municipais deste ano.
Polo demais, eu estiven na charla e resultou bastante clarificadora. Como xa teño comentado neste foro, o da remodelación da Casa de Cultura é de escándalo e supón, a escala local, un dispendio semellante ao da Cidade da Cultura.
Respecto da charla de Manolo Prado, non tivo tanta faragulla como a de Socorro Cea polas áreas que leva o edil socialista, amais de ser algo soporífera polo propio estilo de falar do devandito. Destacaría un punto no que non se fixou case ninguén: o boletín do PP perpetrou un segundo delicto de calumnia (amais do que xa comentara outro día sobre o texto das dedicacións exclusivas) ao acusar ao equipo de goberno dun delicto contra a saúde pública ao deixar bañarse á xente no Furelos en xullo e agosto a sabendas de que o río estaba contaminado. Parece ser que hai máis de media ducia de análises de auga dese período que dan apto como resultado. O día 10 de agosto, cando a análise deu negativa, procedeuse a prohibir o baño de maneira urxente. Supoño que sería un vertido puntual, como o lavado dunha cisterna de zurro, xa que as augas fecais da vila xa non afectan á praia fluvial dende que o PP tivera a brillantísima idea de desviar os vertidos augas abaixo da presa. En calquera caso, isto vén demostrar que o PP -máis ben Ánxeles Vázquez, á que eu vexo como autora do libelo por eliminación razonada dos outros cinco concellais- non se corta á hora de mentir para difamar, nun estilo bastante groseiro e vulgar, ao novo equipo de goberno.
Un apunte último: non me gustou nada que Manolo, na súa intervención, mencionase varias veces as siglas PSOE e, algunha, BNG, cando estabamos nun acto institucional do Concello de Melide; ás veces, a súa intervención semellaba máis un mitin político ca unha charla informativa. Socorro Cea tivo a delicadeza de non facelo en ningún intre e de falar como máxima representante do Concello e non dun partido político.
En fin. Xa falaremos, que isto dá para moito e xa me enrollei de abondo.
8. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 11:33
INCLUEME NO SEGUNDO GRUPO.
ADEMAIS DE COMISARIO POLITICO DO BLOQUE QUERES SER DETECTIVE PRIVADO?
9. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 11:49
COINCIDO CONTIGO CAPULLITO.
ESTAS NO CERTO.
10. Marcus escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 12:16
#5 House, sobre os estados contables, ¿cantos anos hai que non se coñecen? Coido que durante o último mandato municipal a oposición pediu en numerosas ocasións as contas do Concello e nunca se lle subministraron (ou iso dixeron sempre).
O que está claro é que a débeda é máis do dobre do que se dixera en campaña electoral, o que me parece grave, pero non perdería o tempo culpando ós anteriores gobernantes, senón que coido que agora hai que pensar en arranxar as cousas, e vexo difícil que iso pase a medio prazo.
Continúa a botar en falla que se fale do cadro de persoal municipal, que segue a ser tan desproporcionado como antes, e se non se arranxa cede habería que explicar as causas.
11. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 12:59
MARCUS COINCIDO CONTIGO.
ESTAS NO CERTO.
POR QUE SE DI QUE O TENENTE DE ALCALDESA DEU UN MITIN E A ALCALDESA NON. CANDO O ACTO DO VENRES FOI CLARAMENTE UN MITIN. HAI XA DIFERENCIAS NO BIPARTITO?
12. Capullito de alhelí escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 13:25
Eu creo que foi un acto institucional e informativo do Concello de Melide sobre a súa situación, o que pasa que quedou mal que Manolo Prado lembrase en demasiadas ocasións que era un acto do PSOE e do BNG, e que lembrase tamén de abondo que áreas de goberno eran xestionadas polo PSOE, cousa que non fixo Socorro Cea, que deixou de lado o seu rol de voceira do Bloque para adoptar o de alcaldesa de Melide (as únicas siglas políticas que pronunciou foron as do PP cando se referiu ao boletín difamatorio deste partido).
Eu creo que hai que diferenciar este tipo de actos dos mitíns políticos nos que o protagonista claro é un determinado partido, e nos que se tenta acadar á adhesión do público asistente a ese partido. Dende logo, para min, a charla de Socorro Cea non buscou iso, e a de Manolo tivo certo cheirumio a tentalo. Pero é só unha impresión persoal…
13. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 14:20
CECAIS MANOLO PRADO PUGA ESTE DEMASIADO VERDE E SOCORRO CEA VAZQUEZ SEXA MAIS POLITICA.
UN GOBERNO TEN QUE GOBERNAR E NON ARENGAR AS MASAS (COS CARTOS DE TODOS/
O PP NON NECESITA PROTAGONISMO, OS SEUS ANOS DE DESGOVERNO ESTAN AHI.
POR CERTO, OS 4 MAGNIFICOS COBRAN PUNTUALMENTE AS SUAS GALACTICAS NOMINAS, NON SI?
PORQUE O QUE COBRAN ERA O QUE VIÑA NO BOLETIN DO PP. OU MENTEN? PORQUE NA WEB DO CONCELLO, NA VOZ DE GALICIA, NUNCA SE DIXO O QUE COBRAN OS 4 MAGINFICICOS. CAMBIAMOS DE CAS PERO NON DE COLARES.
14. Capullito de alhelí escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 14:36
Si, os catro magníficos cobran iso, un pouco menos por barba (perdón polas féminas) cós 50.000 euros de Ánxeles Vázquez; por outra banda, Socorro Cea asegurou na charla que non cobran dietas, como di o boletín do PP.
En calquera caso, vou defender a Socorro Cea, á que non creo que lle compense o sobresoldo con respecto ao que tiña de mestra se contamos o moito máis que traballa (un mestre de primaria debe andar nunhas 25 horas semanais, se non me trabuco; que eu saiba, Cea está facendo un horario de mañá e tarde no concello, incluídas fins de semana cando hai eventos que llo esixan, e mesmo noites, coas visitas “obrigadas” que está a facer nas festas das 26 parroquias melidenses (o conto dos tres pavos que pasean as súas plumas que aparecía no libelo do PP) ou eventos como o San Roque. Tampouco tiven noticia de que fixese vacacións, e os mestres teñen dous meses de lecer no verán… Tamén sei que Anabel Ramos tiña un emprego como enxeñeira forestal mellor remunerado en Oviedo. Polo demais, tanto Manolo Prado como María Xesús Rodríguez, aínda que cobren máis do que cobraban antes, supoño que tamén lle terán que meter máis horas que nos seus anteriores empregos como carteiro e ATS, respectivamente.
Outro exemplo hipotético sería o de Antonio, o concellal de Facenda do BNG. É directivo de banca. Se houbese que darlle unha dedicación exclusiva (e pola súa contrastada competencia, penso que a debería ter), de seguro que habería que superar o soldo da actual alcaldesa para igualarlle o salario que cobra actualmente por un cómodo traballo en horario de mañá e con fins de semana libres. ¿Sería inxusto darlle ese soldo?
Respecto a cualificar estes soldos como “galácticos”, hai varios funcionarios no concello que cobran ben máis cá alcaldesa. Non hai dúbida de que son moi bos soldos, pero non os chamaría “galácticos”.
15. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 14:55
SON GALACTICOS E INXUSTOS.
POR QUE COBRA MAIS MANUEL PRADO PUGA QUE ANTONIO DIAZ? SE DIAZ FIXO MAIS NO SAN ROQUE QUE O QUE FARA PRADO NUN ANO.
ANXELES VAZQUEZ COBRABA 50.000 PERO TIÑA AS MESMAS COMPETENCIAS QUE CEA E PRADO (40.000 E 30.000)
NA LIÑA DE MARCUS; CHARLAS INFORMATIVAS TAMEN PARA SOLDOS, SOLBRESOLDOS E FUNCIONARIOS.
TEMAS POLITICOS: DEBATE.
MENOS SAMBA E A TRABALLAR. CARALLO.
16. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 15:04
A XUNTA VEN DE APROBAR UN PLUS DE 15.000 EURAZOS PARA CARGOS PUBLICOS QUE SEXAN FUNCIONARIOS.
PAMPIN “ESTRELA NO PARQUE” E CEA “ESTRELA NA BANDEIRA” UNIDOS POLO EURO.
ME CAJO NO MUNDO”"
17. LUISMA escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 15:38
House. ¿Anxeles tiñas as mesmas competencias que cea e prado? Non sabía que Soki era semialcaldesa e Manolo semialcalde, o primeiro caso que coñezo. Manolo falou o outro día por pura xentileza por parte de Soki (esa é a miña impresión). Porque eu entenderío mellor se o explicase en esperanto…
Si Ánxeles fixera ben o seu traballo e Soki fixera ben o seu traballo o seu soldo non me parece para nada excesivo. É máis, eu non me cambiaría en ningús momento por elas.
18. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 16:01
MANOLO PRADO FALOU PORQUE TEN A CHAVE DO GOVERNO.
AS COMPETENCIAS QUE AGORA LEVA PRADO, ANTES TIÑAS ANXELES.
CREO QUE AGORA TEMOS UNHA ALCALDESA E UN SEMITENENTE.
OS SOLDOS DA ALCALDESA DE AGORA E DA EX SON EXCESIVOS PARA MELIDE.
ALEGROME QUE NON QUEIRAS SER ALCALDE, PERDERIA MOITO ESTE DEBATE NA REDE SEN TI.
MANOLO PRADO SO FALARA EN ESPERANTO ESTOS 4 ANOS. XA NON E O LIDER DO PSOE EN MELIDE. AGORA E O SEU CURMAN. JOSE PRADO.
19. LUISMA escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 18:40
Eu coido que a situación de Manolo é de sumisión (non me refiro ó soldo…), no momento que “se lle suba á cabeza”, cousa que dudo, o bng pasará a gobernar só, como aconteceu en Arzúa, con bós resultados, segundo indica o resultado das eleccións.
Eu coido que as coalicións entre persoas válidas e incluso con certa discrepancia entre elas son positivas, pero este non é o caso de Melide, por desgracia para Manolo.
20. Capullito de Alhelí escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 19:00
Pois eu o do pacto en Melide véxoo con futuro. En Arzúa, antes de asinar pacto algún, xa houbera unhas negociacións durísimas e tensas nas que tiveron que mediar altos cargos de ambos partidos; en Melide, polo menos ata onde sei, o pacto foi un parto moi doado. Aí vese a experiencia de Cea en relacións de cogoberno durante catro anos na Deputación.
De todos xeitos, coas débedas que hai, 20.000 euros máis no capitulo de dedicacións exclusivas non son moito. Algúns deses cartos xa se aforraron ao negarlles pousada aos láparos da Orde de Cabaleiros e Damas do Camiño de Santiago, ou ao quitar ese anuncio publicitario inútil do Concello de Melide no semanario Tierras de Santiago. Só con que o equipo de goberno gaste o xusto no que hai que gastalo, aforraránse ducias de millóns de pesetas (ou, senón, pensade no Museo Virtual do Camiño de Santiago -unha dúas ducias de maquetas xenéricas e mal feitas nunhas cantas vitrinas cutres adornadas con fotografías- e os 30 millóns de pesetas que se gastaron nel, máis aínda que na compra e construción do edificio do Museo da Terra de Melide). A min dóenme moito máis os 500 quilos da remodelación da Casa de Cultura que o soldazo que puidese cobrar Ánxeles Vázquez.
21. house escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 22:53
OS SOLDOS NON SON SUBVENCIONABELS POLA XUNTA NIN POLA DEPUTACION. DOEN XA QUE SAEN DO PETO DO CONCELLO.
O QUE CUSTOU A CASA DA CULTURA ATA O DE AGORA FOI SUBVENCIONADO POLA XUNTA. NON SAIRON DO PETO DO CONCELLO.
CUSTARA 500 MILLONS REMATALA? SEGUN SOCO CEA SI. HABERA QUE ESPERAR ACONTECEMENTOS.
DOS LAPAROS MELLOR NON FALAR, HAI UNANIMIDADE.
MARCUS; PODERIAMOS FACER UNHA PORRA CO IMPORTE DA DEBEDA DO CONCELLO A 31.12.2006.
FACER UNHA CA DEBEDA DO 2.007 AINDA NON PROCEDE, XA QUE NON REMATOU O EXERCICIO.
22. Marcus escrito o 3 de Setembro de 2007 ás 23:15
House, para facer porras habería que saber a data de publicación dos resultados económicos, e non creo que o fagan frecuentemente. Se alguén escoita algunha data de publicación xa sabedes… ¡a xogar! (en plan Joaquín Prats)
23. LUISMA escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 8:26
House de onde lle saen os cartos ó concello de Melide? de onde lle saen os cartos á xunta de Galicia? De onde lle saen os cartos ó goberno de España? Isto é como o conto do que sempre gastaba 20 € en gasoil e para él nunca subía, non?
Os cartos, veñan de onde veñan saen do teu peto! e xamais che darán máis ca unha porcentaxe do que ti aportas! o poder administra moi mal. Concello, Xunta, Deputación “a mesma merda son”
24. Capullito de alhelí escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 13:27
Creo que se está desviando o debate. Porque se poño na balanza esa débeda de tres millóns de euros e pufos faraónicos como a remodelación da Casa de Cultura como herdanza do PP, por unha banda; e o aumento en 20.000 euros do capítulo orzamentario das dedicacións exclusivas (sobre un orzamento anual que rolda os 4.000.000 euros); os malos da película séguenme a parecer os do PP.
E trabúcaste, House. Moitos postos de traballo do Concello de Melide, máis dos que te pensas, están subvencionados directamente pola Xunta e pola Deputación; aínda que non é o caso das dedicacións exclusivas dos concellais. En calquera caso, incido en que non son quen máis cobran no Concello. Pensa que o soldo de Ánxeles Vázquez aprobouse non como cifra concreta, senón como 1 céntimo máis que o funcionario mellor pagado do Concello. En concreto, a funcionaria mellor pagada é a secretaria, e son 50.000 euros anuais (o que cobraba Ánxeles). A interventora non debe cobrar moito menos. Sinceramente, vexo máis dispendio nos soldos do PP, pois cobrábanos xente sen oficio nin beneficio fóra da política que non tiñan que compensar o que gañaban noutro traballo anterior, como a propia Ánxeles Vázquez e Chus Mourón. Ao Quinto, quédalle a serra da familia.
Respecto a que non procede mentar as facturas de 2007 porque non rematou o exercicio, explícallo aos comercios que teñen facturas sen cobrar dende principios de ano, house.
25. house escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 16:15
EXPLICA TI SE ALGUN CONCELLO PAGA O CONTADO AS EMPRESAS.
PAGA AGORA O CONCELLO DE MELIDE O CONTADO?
A CASA DA CULTURA ALGUN DIA DISFRUTAREMOS DELA.
DO SOLDO DA ALCALDESA. EXCESIVO. EU NON DISFRUTO.
NON DICIA SEMPRE QUE ELA SO COBRARIA O SEU SOLDO DE MESTRA?
PARA MIN O DISPENDIO E QUE COBRAN OS 4MAGNIFICOS MAIS CA OS 3 (QUE COBRABAN XA DE CARALLO)
26. house escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 16:21
DO TEMA DO PERSOAL. MARCUS ABREU UNHA FIESTRA. PERO SEGUE PECHADA. QUE CAMBIOU O CONCELLO NESTES 3 MESES? MAIS LAMBONS.
27. Marcus escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 16:48
House, eu coido que, aínda que non despidan a ninguén, o mínimo que poden facer e dar unha relación de persoal e funcións. Temos que saber en qué se gastan os cartos.
Non creo que haxa moita xente que discuta que en base a soldos é moi doado aforrar cartos… especialmente se era un dos elementos que máis se criticou durante as eleccións.
28. Capullito de Alhelí escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 18:02
House, temos puntos de vistas dispares do mesmo asunto. Ata hai pouco, había facturas sen pagar do ano 2003. Como comprenderás, unha cousa é que tarden uns meses en pagarte, e outra que tarden varios anos. Evidentemente, con semellante petate nas arcas municipais, o novo goberno non poderá pagar en breve, a non ser que adíe aínda máis as facturas atrasadas do 2005.
En efecto, algún día disfrutaremos da Casa de Cultura. Polo de agora, levamos catro anos con ela pechada, e pasarán algúns ata que se volva a abrir. ¿Imaxinas as reformas e melloras que se poderían ter feito na anterior Casa de Cultura -que, por certo, non estaba nada mal- investindo nela só o millón de euros que se leva gastado?
Polo demais, non creo que un novo goberno poida entrar de repente nun concello e botar a tododiós; supoño que haberá que ir pouco a pouco, revisando cada caso a medida que vaian rematando os contratos, etcétera. Eu tamén creo que hai moito inútil ao que botar, pero cos postos de traballo da xente non se pode xogar á lixeira (e o anterior equipo de goberno facíao, asegúrocho; máis dun ten perdido o seu emprego municipal por non demostrar a súa adhesión incondicioal ao PP. Agardo que, polo menos, o chantaxear co pan da xente remate dunha vez por todas).
29. LUISMA escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 19:35
House o problema non é non pagar ó contado, hoxe tódalas empresas pagan e cobran a 30/60/90 ou incluso máis. O relamente grave é que o que traballa para o concello e cobra 1, 2 ou incluso 3 anos despois de emitir a factura aprende a lección e á próxima factura incrementaralle o importe cando menos un 30 %. De cada 100 millóns que debe o concello a empresas 30 ou 40 millóns son por servicios non prestados.
30. LUISMA escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 19:41
A reducción de persoal era necesaria antes das eleccións e agora non cambiou a cousa. Pero polo que sei, hai contratos que están realmente blindados, e outros haberá que esperar a que finalicen, ou estudar se as indemnizacións compensan o despido, que esa é outra, os finiquitos… canto lle custaría despedir ó concello 8 ou 10 fixos con antigüidade… maldita a hora dos amiguismos…
31. Marcus escrito o 4 de Setembro de 2007 ás 20:19
Luisma, eu nunca falei de botar a fixos. Falamos de máis de 50 postos de traballo temporais. Ademais, na meirande parte de contratos indefinidos os finiquitos son de entre 12 e 20 días de soldo por ano traballado, ou sexa, que en moitos casos non sería nin dun mes de salario, pero en ningún momento insinúo que haxa que despedir a alguén que leve moitos anos traballando no Concello: ¡iso si que sería un despropósito! (arruinaríaselle a vida ó afectado).
Non creo que se poidan consolidar tantos postos de traballo no Concello porque son desproporcionados. Temos a moita máis xente que concellos como o de Lalín, e iso non tiña sentido nin antes nin agora.
Capullito, non falo de botar á xente de golpe, o que pasa é que vexo que do tema non se fala en absoluto, e coido que a transparencia ten que aplicarse a tódolos ámbitos da función pública.
32. LUISMA escrito o 5 de Setembro de 2007 ás 8:29
Home, eu dende logo se non botan algún que prefiro non mencionar, sentiríame realmente defraudado. E penso que perderían máis dun voto. Pero coido que será cuestión de que se asenten no seu posto, en 3 meses penso que ainda non terán as cousas claras de quen sobra, de a quen necesitan. Eu concédolles unha marxe de 6 meses.
É certo que hai secretismo neste tema, pero eu compréndoo, imaxinade que se adican a dicir por ahi que van a votar a non sei cantos, que sobra xente… ós empregados non sei que tal lle sentaría, é máis, eu creo que é posible que entraran en estado de rebeldia, total como os van a botar…
Do que non entendo que non se fale é da piscina climatizada, nin de como se van a pagar as reparacións, non recordo a cifra pero estaba á altura das dadas o outro día por soqui. Tampouco se fala de que o ximnasio está practicamente inutilizado por mor de que o chan está levantado…
33. Capullito de alhelí escrito o 5 de Setembro de 2007 ás 9:56
Hai un comunicado oficial do Concello de Melide na súa páxina web sobre o tema da débeda…
34. Marcus escrito o 5 de Setembro de 2007 ás 12:19
O PP xa responde ó comunicado oficial do Concello.